"Fer" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 2007.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Imperio Romano creada en 17 d C por Tiberio. Comprendía o territorio que ía entre a beira esquerda do baixo Rin, ao N da Xermania Superior, e a provincia de Bélxica. A capital era Colonia Agrippina (Colonia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Encontro celebrado en Yalta entre F. D. Roosevelt, W. Churchill e J. Stalin entre os días 4 e 12 de febreiro de 1945. Ratificaron que só sería aceptada a rendición incondicional de Alemaña e que esta sería dividida en catro zonas de ocupación. Decidiuse tamén a reunión dunha conferencia previa á fundación da ONU en San Francisco en abril de 1945.
-
PERSOEIRO
Actor, produtor e realizador cinematográfico. Xefe da produtora Pathé (1905), tras a guerra retomou en Francia a dirección da Pathé Baby. Cultivou diferentes campos dentro da realización, como o cómico, con Le chien et la pipe (1903); o fantástico, con Les sept châteaux du Diable (1901); o drama popular, con Historie d’un crime (1901); e temas literarios, como Don Quichotte (1903), e relixiosos, con La passion de Crist (1902-1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor alemán. Conde de Zeppelin, estudou na Academia Militar de Ludwigsburg e na Universidade de Tubinga. Unha vez que abandonou a carreira militar (1890), interesouse polo voo dos globos aerostáticos, e dedicouse ao deseño e á construción de dirixibles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión socialista internacional que tivo lugar na localidade suíza de Zimmerwald, preto de Berna, do 5 ao 8 de setembro de 1915. Aínda que houbo unanimidade na condena da guerra e da política da Unión Sagrada, dúas estratexias enfrontáronse. A esquerda, agrupada ao redor de Lenin, propuxo transformar a guerra imperialista en guerra civil revolucionaria, pero a maioría inclinouse pola reconstrución da Internacional Socialista.
-
PERSOEIRO
Pintor. Trasladouse a España en 1961 e creou en Cuenca o Museo de Arte Abstracta, o primeiro destas características. Cultivou a pintura, o debuxo, o gravado e a fotografía. A súa obra pictórica de madurez é afín á dos artistas abstractos españois da década de 1960.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra clásica da cábala, tamén coñecido como Libro do esplendor, escrito en forma de parábola e en arameo, que foi atribuída a Sime’on bar Yo ḥ ay e a Mošé ben Šem Ṭ ob de León, o seu divulgador no s XIII. Redactado entre 1240-1280, está formado por unha serie de predicións sobre o Pentateuco. A súa interpretación baséase na teoría da emanación e nas dez šefirot.