"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Compositor e organista francés. Compuxo diversas obras, cun estilo similar ao de Corelli. Publicou o libro Principes de l’accompagnement du clavecin (Principios do acompañamento do clavecín, 1718).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto caducifolio de talos e pólas espiñosas que pode acadar os 4 m de altura. Presenta follas ovais e finamente dentadas, e flores brancas e abundantes, que aparecen antes ca as follas. O froito recibe o nome de abruño. En Galicia é propio do sotobosque das carballeiras e emprégase na formación de sebes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto caducifolio de talos e pólas espiñosas que pode acadar os 4 m de altura. Presenta follas ovais e finamente dentadas, e flores brancas e abundantes, que aparecen antes ca as follas. O froito recibe o nome de abruño. En Galicia é propio do sotobosque das carballeiras e emprégase na formación de sebes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao monstro que ten corpo de animal e cabeza humana. Pertencen a este grupo as sereas, as esfinxes e demais; foron moi correntes na arte de Oriente Próximo e na mitoloxía grega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do sistema de relacións sociais centrado na persoa do home.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos órganos masculinos dunha flor: os estames, funcionais, e os estaminodios, estériles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escravo romano que, segundo unha tradición estoica recuperada por Séneca, fuxiu do seu amo. Atopado e condenado a morrer na area, foi recoñecido e defendido por un dos leóns, ao que lle curara unha ferida durante a época que estivera en liberdade. A consecuencia dese feito foi indultado. Bernard Shaw tratou o tema satiricamente na súa comedia Androcles and the lion (1912).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de organización social na que o goberno é exercido polos varóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dirixido polos varóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de poligamia na que unha parte das plantas da poboación presentan flores hermafroditas e outras só flores masculinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fobia polos individuos do sexo masculino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Columna que sostén o androceo, orixinada pola prolongación do eixe floral ou pola concrescencia dos filamentos. É moi patente nas plantas monadelfas como a malva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Minos, rei de Creta. Morto nos xogos de Atenas, Minos, para vingalo, impuxo aos atenienses o tributo anual de sete mozos e sete doncelas destinados a ser devorados polo Minotauro.
-
-
Semellante ao home.
-
Autómata de forma humana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afectado de androlatría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Culto divino tributado a un home ( antropolatría).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘perna’.
-
-
Tripa gorda do porco coa que se fan as morcillas. OBS: A diferenza entre a androlla e o botelo está en que no botelo se utiliza o bandullo para o recheo, e na androlla a tripa gorda.
-
Embutido feito coa tripa gorda do porco que leva ósos, costela e carne picada e adubada con pemento, allo e loureiro. A androlla máis popular en Galicia é a de Viana do Bolo, onde recibe este nome a tripa máis gorda, correspondente ao cego, chea de costela de porco ben picada, adubada e curada ao fume. É unha comida típica dos días de Entroido na Galicia interior. O Concello de Viana do Bolo creou en 1970 a Festa da Androlla, de carácter gastronómico, que se celebra o domingo de Entroido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Médico especializado en androloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que ten como obxecto de estudo o home e as enfermidades do sexo masculino, especialmente os trastornos dos órganos do sistema reprodutor.