"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

    1. Relativo ou pertencente aos polipteriformes.

    2. Peixe da orde dos polipteriformes.

    3. Orde de peixes da subclase dos actinopterixios, que comprende especies de auga doce coas aletas peitorais lobuladas e a caudal heterocerca. Só comprende a familia dos poliptéridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Secreción abundante de esperma.

    2. Presenza, no ovo fecundado, de máis dun pronúcleo macho como consecuencia da penetración anormal de dous ou máis espermatozoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á polispermia.

    2. Que ten moitas sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Señora de Meirás. Educada no puritanismo católico, casou en 1923 con Francisco Franco Bahamonde. Co acceso do seu home á xefatura do estado (1939), exerceu como primeira dama e, aínda que se mantivo á marxe da actividade política, parece que exerceu unha influencia directa sobre Franco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jacopo Caruzzi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Información concreta ou minuciosa sobre algo.

    2. Cada unha das partes dunha circunstancia ou dun acontecemento, que son enumeradas por separado.

    3. Parte pequena ou secundaria dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte pertencente á serra de San Mamede, situado no límite entre os concellos de Montederramo e Vilar de Barrio. O seu cumio acada os 1.503 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Doutor en Historia (1975) e catedrático de Historia Medieval (1985) da Universidade de Santiago de Compostela, especializouse no medievo e analizou a estrutura e a evolución das relacións sociais desde diiferentes campos, como a demografía ou as institucións. Escribiu numerosas obras como La Región del obispado de Tuy en los siglos XII al XV: una sociedad en la expansión y en la crisis (1976), La Colonización cisterciense en Galicia: (1142-1250) (1980, Premio Galicia de Investigación en Letras) e García II de Galicia: el rey y el reino (1065-1090) (2001); coordinou Historia de la ciudad de Santiago de Compostela (2003) e foi coautor de El monacato en Galicia durante la Edad Media (1991) e Historia de la Edad Media (1997); e, xunto con María del Carmen Pallares Méndez, escribiu El Bajo valle del Miño en los siglos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de predeterminar.

    2. Presciencia e decisión previa, por parte de Deus, de concorrer na realización dos feitos que integran o proceso do mundo e da historia e, máis particularmente, dos actos libres do home mediante os que este decide a súa salvación ou condena. Interpretouse de diversas maneiras na escolástica, tanto a partir dunha presciencia ou dunha ciencia mediana, como a partir dunha premonición física ou dun concurso simultáneo. Con todo, non deixa resoltos os problemas da liberdade do home e da última responsabilidade deste na decisión do seu propio destino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen predetermina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecer ou determinar algo por adiantado.

    2. Determinar Deus por adiantado no acto da predeterminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que establece a predeterminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao predeterminismo.

    2. Seguidor do predeterminismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación previa.

    2. preformacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría embriolóxica proposta por G. di Aromatari e defendida por M. Malpighi, J. Swammerdam, A. van Leeuwenhoek e outros (s XVII), que afirma que os organismos están preformados nas células xerminais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao preformacionismo.

    2. Seguidor do preformacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • preterición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa e dramaturga. Considerada unha das precursoras do texto teatral galego, escribiu os monólogos A loita e Na boda do afillado, a traxedia O embargo, a zarzuela Treidores celos e o sainete O secreto da bruxa. Ademais, publicou os poemarios Horas de frebe (1926), A virxe viúda (hestorea d’un amor) (1964) e O derradeiro (1977), e o libro poético bilingüe Lluvia menuda (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO