"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • MONTES

    Monte situado no SL da parroquia de Liripio (A Estrada). O seu cumio acada os 684 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Traballou en Madrid como tipógrafo ata que se trasladou en 1854 a Filipinas co cargo de oficial da secretaría do goberno xeral de Manila. Foi director da Gaceta de Manila e redactor de Diario de Manila, en 1875 fundou a Revista de Filipinas. Das súas obras destacan Dicionario de la administración, del comercio y de la vida práctica en Filipinas (1879?), La población de Filipinas (1883), Los chinos en Filipinas (1886) e Documentos para la historia de Filipinas (1891), e as novelas El aderezo de Paquita (1882), Diez millones de pesos o El tesoro de Marianas (1885), Los pretendientes de Carmen o Perfiles de novios (1888) e Un náufrago en la isla de la Cruz Blanca (1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido nacionalista negro da República Sudafricana que se formou en 1959 ao escindirse do Congreso Nacional Africano. Defensor do exclusivismo africano, foi ilegalizado en 1960. A partir de 1961 iniciou unha descontinua actividade armada contra o réxime branco desde as súas bases en Zambia e Tanzania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do hsien de Taipei, Taiwán, situada a 7 km ao SO da cidade de Taipei, na beira dereita do río Tamsui (523.850 h [estim 1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de veludo ou felpa con pelo de tamaño mediano, formado por un urdido e unha trama que fai longas bastas sobre os fíos do urdido, e que se caracteriza pola súa resistencia ao desgaste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar dun barco pesqueiro onde se gardan o peixe e os aparellos.

    2. Cada unha das cortizas de forma cadrada que unidas entre si se atan á tralla superior para soster as redes de varios aparellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Medicamento ou remedio que se considera útil para todas as doenzas.

      2. Preparado elaborado a base dunha mestura de substancias moi diversas.

    1. Remedio, fórmula ou solución xeral que serve para calquera mal ou situación difícil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Brazada de herba seca ou de palla.

    2. Gavela de estrume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de actividades propias da elaboración do pan.

    2. Oficio de panadeiro.

    3. Lugar onde se fai ou vende pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a facer ou a vender pan. Na tradición oral recóllense ditos como: “Non quero máis panadeira: escarmentoume a primeira”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos basidiomicetos, da orde dos agaricais, que presentan un sombreiro acampanado, de cor parda ou gris, coa cutícula moi lisa, láminas pequenas pardas ou negras, e o pé delgado e grisáceo. Algunhas especies deste xénero teñen efectos alucinóxenos como P. sphintrinus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política que intentaba acadar a unidade dos pobos africanos. O movemento reclamou para os pobos africanos os principios de Thomas Woodrow Wilson, que denunciaba a explotación e a división de África, propoñía a promoción da cultura negra, precisaba a noción de negritude e afirmaba a capacidade dos pobos africanos para a autodeterminación. A Organización da Unidade Africana (1963) favoreceu a loita contra os últimos redutos coloniais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao panafricanismo.

    2. Partidario do panafricanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que concerne ou atinxe a todo o pobo africano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Formado como documentalista na televisión iraní, exerceu como asistente de dirección de Abbas Kiarostami. Iniciou a súa carreira con Badkonake sefid (O globo branco, 1995), premiada no Festival de Cannes á mellor dirección novel. Da súa filmografía tamén destacan Ayneh (O espello, 1997), premiada no Festival de Locarno; Dayereh (O círculo, 2000), coa que obtivo o Leone d’Oro da Mostra de Venecia; e Talaye sorgh (Ouro carmesí, 2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do territorio de Goa, India (42.915 h [1991]). O principal recurso económico é a agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de lenzo ou doutros materiais hixiénicos e absorbentes que, amodo de braga, se pasa entre as pernas e se suxeita á cintura para reter os excrementos ou os ouriños, tanto dos nenos pequenos coma das persoas con algún trastorno relacionado coa expulsión de excrecións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de pequenas celas hexagonais de cera onde as abellas poñen os ovos e almacenan o mel.

    VER O DETALLE DO TERMO