"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
chaparena.
-
Inxestión de gran cantidade de comida ou bebida.
-
-
ILLAS
Illa pequena do Mar Cantábrico, situada entre a punta Niño do Corvo e a ría de Ribadeo, pertencente á parroquia de Vilaselán (Ribadeo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘rir’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escolma antiga de contos da literatura sánscrita (200?), de autor descoñecido. As narracións, en forma de fábula, onde os vicios adoitan tomar forma de animal, rematan a miúdo cunha estrofa gnómica ou aforismo. Estes setenta contos foron concibidos como parte da instrución dos mozos da realeza e constituíron o libro doutrinal do sabio Vichnucharman. Adaptada ao persa (s VI) e traducida ao árabe (750), foi unha das recompilacións fabulísticas de referencia na Idade Media.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ollomol.
-
-
Que se mostra tranquilo, despreocupado ou satisfeito.
-
Que é gordo e barrigudo.
-
ollomol.
-
Peixe teleósteo que pode acadar os 30 cm de longo. Presenta un corpo alongado e algo comprimido, a lonxitude do fociño é pouco maior ca o diámetro ocular e ten ollos de tamaño medio co espazo interorbital delgado. Ten os raios da aleta dorsal fortes e o terceiro ou cuarto maior ca os outros, aletas pectorais falciformes e aleta anal escotada. Ten cor rosa nacarada, algo máis escura no dorso, cos flancos prateados e abrancazados na rexión ventral, cunha mancha escura na base das aletas pectorais que ao igual ca o resto de aletas son de cor rosa carne. Vive en fondos areosos e lamacentos en cardumes. A alimentación é omnívora pero principalmente carnívora a base de invertebrados bentónicos, pequenos peixes e crustáceos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución do número de eritrocitos, de leucocitos e de plaquetas no sangue periférico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cancro broncopulmonar, xeralmente de tipo escamoso, que se localiza no vértice do lóbulo superior do pulmón, con gran propensión a invadir as estruturas circundantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exercicio deportivo da Antigüidade que comprendía o puxilato e a loita. Desta última admitíanse todas as súas formas, excepto a loita propiamente dita. Os adversarios levaban os puños nus e estaba prohibido morder.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no grego Pankratios ‘todopoderoso’ de pan ‘todo’ e krates ‘poderoso’, derivado de krateo ‘ser forte, mandar, prevalecer’.
-
PERSOEIRO
Mártir. Orixinario de Perpignan segundo unha lenda, morreu degolado durante a persecución de Diocleciano, despois de que o Papa Cornelio o convertese ao cristianismo. Como modelo de inocencia e pureza invocábase antigamente contra os falsos testemuños. En Galicia, invocábase para buscar traballo (“San Pancracio, saúde e traballo”) e moi recentemente estendeuse a crenza de que axuda nos xogos de azar e nos negocios. Na iconografía represéntase como un rapaz novo, que viste túnica curta e cinxida e porta a palma do martirio e a espada da degolación. A súa festividade celébrase o 12 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, bulbosas, da familia das amarilidáceas, que presenta flores coa coroa rematada en 12 dentes e 6 estames inseridos na coroa, e froito con dehiscencia loculicida. Nas praias galegas pódese encontrar a especie P. maritimum (cebola das gaivotas).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glándula de secreción mixta (interna e externa). É difusa nos vertebrados inferiores e unha masa de forma alongada situada detrás do estómago e entre o duodeno e o bazo nos superiores. Ten unha dobre función secretora, endócrina e exócrina. A primeira é producida polas células α e β dos illotes de Langerhans, diseminados por todo o órgano. As primeiras elaboran glucagón, hormona hiperglicemiante, e as segundas insulina, hormona que ten funcións hipoglicemiantes. Tamén produce hormonas de acción hipersecretora gástrica e péptidos de acción hipotensora e vasodilatadora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘páncreas’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación cirúrxica do páncreas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao páncreas.
-
-
Enzima do zume pancreático.
-
Mestura de fermentos producidos polo páncreas; os principais son a tripsina, a lipase e a amilase.
-
-
-
Inflamación aguda ou crónica do páncreas.
-
Pancreatite causada sobre todo por litíase biliar ou por alcoholismo, pero que tamén se pode observar despois de intervencións cirúrxicas dixestivas, en casos de hiperlipemia, de hiperparatiroidismo, dalgunhas infeccións, de traumatismos e tras a inxestión de certos medicamentos. Clinicamente destaca por unha dor abdominal intensa, moitas veces irradiada á esquerda e acompañada de náuseas e vómitos. Pode presentar tamén febre, un grao variable de itericia, parálise intestinal e, ás veces, un cadro de choque. As principais complicacións que poden xurdir son os pseudoquistes, os abscesos e a necrose da graxa do tecido subcutáneo. No sangue pódese atopar de forma característica un aumento na concentración de amilases e lipases.
-
Pancreatite producida por causas semellantes ás da pancreatite aguda, pero de curso máis lento, que se manifesta ás veces con accesos agudos (sobre todo a causa do alcohol). Segundo progresa a doenza mingua a capacidade funcional do páncreas, que segrega poucos enzimas, comezan a aparecer esteatorrea e creatorrea, e finalmente instáurase unha síndrome de mala absorción.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
pancreat(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame radiográfico do páncreas tras a inxección dunha substancia iodada de contraste no conduto de Wirsung.