"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Antropólogo francés. Discípulo de Cuvier, estudou gran número de ósos humanos fósiles. Escribiu, xunto con E. T. Hamy, Crania Ethnica (1873-1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queratose das palmas das mans e dos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome dos inxectos homópteros de xénero Kermes, da familia dos quermésidos, duns 3 mm de lonxitude, de corpo globuloso e segmentos espiñentos, que habitan sobre diversas plantas como a aciñeira, alimentándose dos seus zumes. Da especie K. ilicis extraíase un colorante vermello.

    2. Colorante que se obtiña dos insectos de xénero Kermes.

    3. alquermes.

    4. Mineral, de fórmula S 2 Sb 2 O, que cristaliza no sistema monoclínico. É de cor avermellada e cunha exfoliación perfecta, unha dureza de 1 a 1,5, e un peso específico de 4,5. OBS: Tamén se denomina quermesita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quermésidos.

    2. Insecto da familia dos quermésidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos hemípteros, á que pertencen os quermes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • quermes mineral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e bioquímico. Especializado en hematoloxía, estudou o mecanismo da coagulación do sangue e estableceu uns tests para determinar o tempo de coagulación dun plasma descalcificado (tempo de Quick ou de protrombina). Descubriu o factor V da coagulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é semellante ao quilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quimeriformes.

    2. Peixe da orde dos quimeriformes.

    3. Orde de condritios, con morros curtos e ollos ben desenvolvidos. Pertence a esta orde o peixe rato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Profesor na Harvard University, estudou a lóxica matemática e a filosofía da lóxica e da ciencia. Escribiu Mathematical Logic (1940), From a Logical Point of View (1953), Word and Object (1960), Pursuit of Truth (1990) e Three Networks: Similarity, Implication, and Membership (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Formouse na Academia General Militar de Zaragoza e acadou o rango de tenente xeral en 1979. Participou na Guerra Civil Española cos regulares de Ceuta e na campaña de Rusia coa División Azul. Estivo destinado no rexemento de Guardia e na Casa Militar de Franco, como secretario xeral. Foi gobernador militar de Pontevedra e da Coruña, director da Academia General Militar de Zaragoza (1973) e capitán xeneral da I Rexión Militar (1979-1982). Durante o Vinte e tres de febreiro (1981) destacou pola súa lealdade á orde constitucional. Morreu asasinado por ETA. Recibiu, entre outros galardóns, a Gran Cruz do Mérito Militar e a Gran Cruz de San Hermenegildo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafa, irmá de Roberto Quintero. Coñecida como Mary Quintero, aplicou os seus coñecementos pitóricos para retocar as súas primeiras imaxes en branco e negro. Especializada na arte do retrato fotográfico, impartiu diversos cursos en España, México, Portugal, Rusia e Venezuela. Recoñecida como a primeira muller Maestra Fotógrafa de España, foi galardoada coa Medalla de Oro da Asociación de Sevilla e coa Medalla de Bronce de Galicia (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e militar. Ingresou na Armada como gardamariña en Ferrol, pero en 1808 pasou ao exército de terra para combater na Guerra da Independencia. Acadou o grao de xeneral e apoiou o Pronunciamento de Las Cabezas de San Juan de del Riego (1820). Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821) e vicepresidente nas Cortes. Defendeu a capitalidade da provincia para A Coruña e Pontevedra. Durante o Trienio Liberal (1820-1823) foi mariscal de campo. Exiliado en Londres durante a Dédada Ominosa (1823-1833), á súa volta (1834) ascendeu a tenente xeneral e foi capitán xeneral de Castela a Nova. Foi elixido deputado (1836-1838) e senador (1837-1838) pola provincia da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das bignoniáceas, con follas bipinnadas con folíolos elípticos ou ovais, de cor verde escura, flores tubulares, de cor branca dispostas en panícula, froito en cápsula e sementes aladas. En Galicia está presente a especie R. sinica nalgúns parques e xardíns das Rías Baixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a forma ou a aparencia dunha raíz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lesión cutánea producida pola exposición a radiacións ionizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo de programación, nunha cadea radiofónica, en que se repite unha mesma estrutura durante un tempo determinado. A diferenza da radio temática, que se especializa nun contido concreto con programación diversa, a radiofórmula actúa como un só programa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso terapéutico da calor radiante ou das emanacións quentes das substancias radioactivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos raiiformes.

    2. Peixe da orde dos raiiformes.

    3. Orde de peixes, da clase dos condritios, de corpo aplanado dorsiventralmente, tronco en forma de escudo ou disco aplanado, e cola máis ou menos longa. Son mariños e adoitan ser carnívoros e predadores de crustáceos e moluscos. Case todos son bentónicos e repousan enterrándose no fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO