"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
-
Emprego ou actividade de pasante
-
Tempo que se desempeña a función de pasante.
-
-
Clase particular á que se asiste para repasar ou preparar unha ou varias materias.
-
Dereito a pasar por un lugar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ana Matilde Martínez Pasarín.
-
-
Documento expedido polo xefe das forzas navais dun estado en guerra que permite navegar con seguridade a unha nave inimiga, especialmente un barco hospital ou un barco mercante que por razóns especiais efectúa un tráfico determinado entre portos inimigos.
-
Documento provisional expedido polo cónsul dun porto estranxeiro que permite a habilitación de bandeira do seu estado a unha embarcación, desde o porto de expedición do documento, en que se efectuou a compra, ata o momento do seu abandeiramento.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Samos. Construída en estilo románico en pedra de lousa, con posterioridade engadíuselle un corpo rectangular no lado S. Consta dunha nave rectangular e ábsida con tramo recto e curvo cubertos con bóveda de canón e de cuarto de laranxa. Do interior destaca o retablo barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo francés. Abade do mosteiro beneditino de Corbie, renunciou ao cargo e retirouse a Saint-Riquier. Escribiu, entre outras obras esexéticas, De corpore et sanguine Domini e unha obriña mariolóxica Ad Paulam et Eustochium, sobre a asunción de María. É venerado como santo no calendario beneditino. A súa festividade celébrase o 26 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Profesor das universidades de Messina, Pisa e Boloña, da súa visión angustiosa da vida naceu a súa lírica do fanciullo, en que reflectiu os seus estados de ánimo e os soños melancólicos. Foi poeta en lingua latina, e toda a súa obra en latín está reunida en Carmina (1914-1930), que recolle poemas sobre historia romana (Res romanae) e historia literaria romana (Liber de poetis), epigramas e poesías, e, finalmente, poemas de inspiración e temática cristiá, como Poemata christiana. Escribiu Myricae (1891), Poemetti (1897), Canti di Castelvecchio (1903), Canzoni di Re Enzio (1908), Nuovi poemetti (1909) e Poemi italici (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Gran devoto da eucaristía, viste hábito dos franciscanos descalzos e como atributo persoal porta un cáliz e un libro. A súa festividade celébrase o 17 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (817-824). Recibiu de Luís I o Piadoso a ratificación da posesión dos Estados Pontificios (privilegium ludovicianum) e coroou a Lotario I como emperador (823). A súa festividade celébrase o 14 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Catedrático de Lingua Castelá, foi fundador e primeiro director da Revista de la Sociedad Española de Lingüística Aplicada. Publicou diversos estudos de historia do castelán, historiografía e filoloxía, e realizou investigacións sobre as traducións de obras italianas medievais. Dos seus traballos destaca o Dicionario crítico etimológico castellano e hispánico (1980-1991), escrito en colaboración con Joan Coromines. É membro correspondente do Institut d’Estudis Catalans e o 28 de xuño de 2001 foi elixido membro da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que pasea.
-
PERSOEIRO
Mariscal ruso. Xeneral (1813), participou nas campañas contra Francia e recibiu o mando do exército na guerra contra Persia (1827) e contra Turquía (1829). Dirixiu a represión contra a revolta polaca, foi nomeado gobernador de Polonia e Príncipe de Varsovia (1832) e, posteriormente, venceu os patriotas húngaros (1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e debuxante. Residente en Londres (1970-1985), traballou como redactor e locutor da BBC. Comezou a súa produción literaria co volume poético Sonetos del amor y de lo diario (1958), ao que seguiron as novelas José Trigo (1966), Palinuro de México (1975, Premio Nacional de Novela mexicana), Noticias del Imperio (1987) e Linda 67: Historia de un crimen (1995). Tamén realizou os contos infantís De la “A” a la “Z” por un poeta (1988) e Paleta de diez colores (1992). Como debuxante e pintor, presentou as súas obras en Londres, Madrid, París e en varias cidades de EE UU. Recibiu o Premio Internacional de Novela Rómulo Gallegos (1982) e o Premio Nacional de Letras y Artes (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
papán.
-
PERSOEIRO
Director teatral. Fundador e director do Teatre Lliure de Barcelona, dirixiu o Centro Dramático Nacional de Madrid (1983-1989) e o Théâtre de l’Odéon-Théâtre de l’Europe de París (1990-1996). Das obras que levou a escena destacan Antígona (1968), El público (1987), Tot esperant Godot (1999, Premio Max ao mellor director de escena) e o espectáculo de danza Mariana Pineda (2003, Premio Nacional de Danza). Foi nomeado cabaleiro da Orde das Artes e as Letras (1985), e recibiu o Premio Nacional de Teatro (1984 e 1990) e a Légion d’Honneur (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Pertencente ao novo cine checo, fuxiu a EE UU en 1969. As súas películas tiveron unha boa acollida entre a crítica, pero non lograron un éxito de público. Destacan os seus filmes Intimni Osvetleni (Iluminación íntima, 1968), Born to Win (1970), Cutter and Bone (1981), Haunted Summer (1988), The Wishing Tree (1999) e The Nomad (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Membro da Accademia dei Trasformati de Milán, escribiu Rime giocose, satiriche e morali (1776), Favole esopiane (1779) e a súa obra máis importante, o poema Cicerone (1774).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante, ilustrador e escritor. Colaborador de Faro de Vigo, dirixiu a galería de arte Arcana de Vilagarcía de Arousa. Escribiu e ilustrou o libro de literatura infantil O paxariño traveso (1987) e libros de poemas como O cavalo económico, Os poemas da seita (1987) e Sombra fértil (1999). Tamén pintou as series Peonzas e Azulados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médica e política. Foi xefa provincial de asistencia sanitaria en Pontevedra, xerente de Atención Primaria, directora provincial do SERGAS e directora xeral de MUFACE (1996-1999). Foi deputada no Congreso desde 2000, subsecretaria do Ministerio de Educación e Cultura e da Presidencia, ministra de Sanidade e Consumo (2002-2004) e secretaria executiva de Política Social do PP desde 2004. Recibiu a Gran Cruz de la Real y Distinguida Orden Española de Carlos III (2004) e o Premio Galicia en Feminino (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Foi membro do Tribunal Internacional de Xustiza desde 1987 e xuíz do Tribunal Europeo dos Dereitos do Home (1998-2003). Escribiu Lecciones de derecho internacional público (1985) e Curso de derecho internacional público y organizaciones internacionales (2003). Recibiu a Encomienda de Número de la Orden de Isabel la Católica (1998) e a Gran Cruz de la Orden de San Raimundo de Peñafort (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Hispanista. Formado nas universidades de Madrid, Oxford e Múnic, exerceu a docencia na Oxford University e no King s College de Londres. Membro do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, foi o fundador e primeiro director do Instituto de España en Londres, e vicepresidente da Anglo-Spanish Society. Publicou Contemporary Spanish Literature (1928), Aspects of the Spanish Renaissance (1932) e Breve historia del hispanismo inglés (1948). Foi membro correspondente da Real Academia Galega, da Real Academia de la Historia e da de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO