"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mar situado no Atlántico norte, entre o Mar Caribe e as Ilhas dos Açores. Está considerado como unha rexión única dentro do Océano Atlántico, delimitada polas principais correntes mariñas do Atlántico norte. Recibe o seu nome por ser moi abundantes os bosques de algas pardas do xénero Sargassum.
-
PERSOEIRO
Escritora. De nome Albertine Damien, da súa obra destacan as tres novelas autobiográficas La cavale (1965), L’astragale (1966) e La traversière (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador italiano. De nome Pietro Brazza-Savorgnan, explorou o río Ogooué (1875-1878), chegou ao Congo e puxo baixo protectorado francés todos os estados do Rei Makoko (1879-1882). Como comisario xeral do goberno (1887-1897) organizou o Congo francés ou Congo Brazzaville.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso dominicano. Participou na fundación do mosteiro de Santa María de Belvís en 1305 e mediou na paz entre o arcebispo Berenguel de Landoira co infante Filipe e Afonso Suárez de Deza. Atribúeselle Historia de las guerras de Fr. Berenguel de Landora.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Grao de humidade ideal dunha terra, abundante ou suficiente para que produza froito, especialmente despois dunha chuvia.
-
Estado de madurez ou perfección de algo que cambia ou evolúe, especialmente dun froito.
-
Punto axeitado que se lle dá ás comidas, conseguido ao engadir diversos ingredientes.
-
Ocasión ou tempo oportuno para realizar algo.
-
-
-
Facer saborosa a comida mediante condimentos para que estea no seu punto.
-
Facer que algo alcance o seu estado óptimo ou de madurez, especialmente os froitos.
-
Pórse algo no seu estado óptimo, de perfección ou de madurez.
-
-
PERSOEIRO
Biblista. Coñecido polo nome relixioso de Felipe Scio de San Miguel, realizou a versión castelá da Biblia (Vulgata) (1791-1793).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Carballeira (Nogueira de Ramuín). De dous niveis e planta en forma de U, con patio interior rectangular con solaina en dous dos tres lados. A ala sur remata nunha torre. Conserva unha capela pegada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen segue a opinión, o partido ou a doutrina doutro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Castañeda (Arzúa). Ten planta en forma de L e está construído en cantaría. Destaca o amplo balcón sobre a porta principal con decoración barroca.
-
GALICIA
Insurrecto. Membro das Juventudes Libertarias (JJ LL)) e do Centro de Estudios Sociales ‘Resplandor más allá del Abismo’, coa Guerra Civil marchou a Gijón e colaborou na formación da Agrupación Confederal Galaica. Estivo prisioneiro (1937-1940) e formou parte do comité local da CNT clandestina. Detido en 1947, foi condenado a vinte anos de prisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Farmaceútico. Interesado pola historia e a xenealoxía, organizou os mapas hidrolóxicos das provincias de Ourense, Lugo, A Coruña, Logroño, Gipuzkoa, Ciudad Real e Jaén. Das súas obras destaca Contribución al catálogo de la flora de Lugo: (comarca de Palas de Rey y Guntín) (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e relixioso. Foi ministro de Asuntos Sociais (1918), membro do parlamento austríaco (1919) e chanceler (1922). Enfrontouse á crise económica e estableceu as finanzas, e en 1929 dimitiu do cargo e un ano despois ocupou o Ministerio de Asuntos Estranxeiros. Escribiu Der Kampf um die österreichische Verfassung (A loita pola constitución austríaca, 1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Pígara, Guitiriz 30.9.1954) Escultor. Licenciado en Belas Artes pola Universidad de Sevilla, realizou traballos de restauración en diversas cidades españolas e na catedral de Santo Domingo. Traballou a madeira, a pedra, o metal ou o cánabo en obras dotadas dun expresionismo de carácter abstracto. Realizou, entre outras obras, Acción permanente, Andadura azul, Canto femenino (2004), Geometrías interiores (2004) e Dos caminos (2004). Ten obra en diversas coleccións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Barxa (A Gudiña). Ten planta rectangular e tres alturas. O desnivel do terreo fai que o baixo sexa un soto por un lado. A fachada principal situada ao O ten unha escaleira exterior e balcón. Conserva outra escaleira no lado norte pola que se accede á cociña. Conserva un pombal circular e unha capela baixo a advocación de santa María Madalena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome aplicado a diversos compostos de estrutura xeral NH2-CO-NH-N=CR1R2 que se obtén por tratamento de aldehidos e cetonas con semicarbacida. A preparación de semicarbazonas, formando estruturas cristalinas ben definidas, ten aplicación no illamento e na identificación de aldehidos e de cetonas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das rexións en que un plano divide o espazo ordinario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Seminario permanente que se creou en 1985 promovido por un grupo de profesionais dos distintos niveis do ensino sensibilizados diante da ausencia de materiais didácticos e reflexións teóricas sobre a educación para a paz en xeral ou especificamente sobre os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflitos, a interculturalidade ou a cultura de paz. O seu primeiro coordinador foi o profesor Calo Iglesias Díaz e, desde 1994, convertido xa nunha ONG, está presidido por Manuel Dios Diz. Forma parte da Coordinadora Galega de ONG’s para o Desenvolvemento e da Coordinadora Galega pola Paz. No ámbito internacional forma parte dos Comités Asesores Internacionais de Hague Appeal for Peace, da Asociación Internacional de Educación para a Paz (AIEP) e da Fundación Cultura de Paz. Promoveu e coordinou o Congreso Europeo de Educación para a Paz, celebrado en Santiago de Compostela en 1994, así como o Congreso Mundial de Educación e Cultura de Paz, celebrado...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilastose (Muxía). Ten planta en forma de L con patín posterior e escaleira de acceso a este. Os muros son de cachotaría e as esquiñas, cornixas e ocos de cantaría. Conserva o pombal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Paradela (Meis). Ten planta en forma de L, con baixo e piso, e destaca o balcón corrido e con balaústres da fachada posterior. O conxunto complétase cun xardín que se rodeou cun muro de cachotaría. Foi restaurado na segunda metade do s XX.