"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Poeta francés. Participou nas guerras de relixión entre hugonotes e católicos e reclamou a paz no tratado Le Prince nécessaire. É autor das dúas traxedias bíblicas Saül furieux (1572) e La Famine ou les Gabéonites (1574); a primeira ten como prólogo o ensaio L’ art de la tragédie, verdadeiro tratado de estética teatral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Místico e reformador francés. Foi xesuíta, oratoriano, sacerdote rural e cóengo en Amiens, e entregouse á predicación. Adherido AO calvinismo (1650), a súa doutrina, o labadismo, con tendencia a unha sorte de comunismo cristián, foi condenada en 1688 polo sínodo de Dordrecht. Formou unha comunidade disidente que se extinguiu en 1740.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
laparear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer o lacazán.
-
PERSOEIRO
Predicador francés. Avogado, entrou no seminario e foi ordenado sacerdote en 1827. En 1830 fundou, xunto con Lamennais e Montalembert, o periódico L’Avenir, que foi condenado por Gregorio XVI en 1834. Someteuse e arredouse de Lamennais, co que polemizou. Obtivo o restablecemento da orde dos dominicos en Francia e, en 1840, pronunciou os votos. Entre 1850-1854 e 1858-1861 foi o superior da orde. Desde 1835 destacaron as súas conferencias en Notre-Dame de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de ladear ou ladearse.
-
-
Torcer unha cousa cara a un lado.
-
Torcerse algo cara a un lado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canal do centro de Irlanda. Alimentado polo lago Deirgdheric, ao O, chega ata Dublín, na costa L.
-
GALICIA
Debuxante e ilustrador. Coñecido como Leandro, foi colaborador das revistas Aturuxo e O Badueiro, e editou diversos cómics no semanario XO! Ademais da súa actividade como profesor de debuxo, realizou as ilustracións do libro História da Galiza em banda desenhada (1995), de Gonçalo Grandal Crespo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e matemático. Fixo unha exposición de novas técnicas para medir a intensidade da luz, expuxo o concepto de cero absoluto, e insinuou a posibilidade de xeometrías non euclidianas. Estableceu a fórmula que leva o seu nome sobre as radiacións luminosas e estudiou os cometas. É un precursor do criticismo kantiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e arqueólogo. Restaurou as catedrais de Cuenca e Burgos. Escribiu Historia de la arquitectura cristiana española en la Edad Media (1908-1909), El antiguo Palacio episcopal de Santiago de Compostela (1913) e Arquitectura civil española de los siglos I al XVIII (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ciclóstomo mariño, moi primitivo, que pertence a diversas especies dos xéneros Lampetra e Petromyzon. Son vermiformes, a súa pel é espida e viscosa, coa boca redonda, adaptada á sución, desprovista de mandíbulas pero con numerosas fileiras de dentes córneos. Presenta sete pares de orificios branquiais a ambos os dous lados do colo e unha aleta na metade posterior do corpo. O esqueleto é enteiramente cartilaxinoso. Son uns peixes moi inferiores que chuchan o sangue dos animais acuáticos aos que parasitan. Existen formas mariñas que remontan os ríos para a posta, como a especie P. marinus, e outras pasan toda a súa vida en auga doce aínda que tamén se poden atopar no mar (L. fluviatilis e L. planeri). En Galicia están presentes no tramo medio e final dalgúns ríos, e é moi coñecida e apreciada gastronomicamente a lamprea do baixo Miño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Azouta moi forte que se dá cunha correa.
-
-
Abrir ou rebentar as frieiras.
-
Formarse fendas na madeira ao traballala cando está verde.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dorothea Margaretta Nutzhorn.
-
PERSOEIRO
Modista. Fundou a Casa Larvin en París en 1890, e as súas creacións, nas décadas de 1920 e 1930, no momento art-déco, convertérona nunha das máis importantes creadoras de moda. Foi unha das primeiras deseñadoras que lanzou un perfume (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Discípulo de Gandhi, é autor de obras nas que denuncia a violencia e as virtudes esquecidas do mundo moderno. Publicou Le Pèlerinage aux sources (1943), Approches de la vie intérieure (1962), Enfances d’une pensée (1970), La trinité spirituelle (1971) e Rien qui ne soit tout (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Frixia, fundada no s III a C por Antíoco II. Baixo o dominio romano foi capital de Frixia Prima. Fortificada durante a época bizantina, a causa das invasións musulmanas, foi conquistada polos turcos no s XII. Foi unha das sete igrexas mencionadas na Apocalipse. En 363 celebrouse un sínodo para a liturxia. Consérvanse restos do estadio (s I), do teatro e do acueduto, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Latakia.
-
-
Desprender labaradas ou chamas altas o lume.
-
Iluminar o sol unha cousa cos seus raios.
-