"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Anatomista francés. Foi un dos primeiros en describir os vasos quilíferos do organismo humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos moluscos que teñen as branquias pectinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Membro dunha familia de ourives composteláns de orixe francesa, iniciouse co seu pai Claudio Pecul Montenegro e traballou cos seus irmáns Claudio, Xacobe, Xoán e Cristovo. De estilo neoclásico, realizou unha Inmaculada Concepción para o altar maior e unha Santa Tareixa para a capela das Reliquias, ambas na catedral de Santiago de Compostela. En 1799 nomeárono académico de mérito da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando onde obtivera en 1787 o premio de gravado en oco pola medalla La unción de David por Samuel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á autoridade ou funcionario de entidades locais menores, como veciñanzas, barriadas ou parroquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade local menor onde ten xurisdición o alcalde pedáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de pedante.

    2. Dito ou feito propio dunha persoa pedante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen fai ostentación de saber ou de erudición exhibindo coñecementos superiores aos que posúe.

    2. Propio da persoa pedante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obrar con pedantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pedantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao pedante ou á pedantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pedantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou proceso de formación e desenvolvemento dun pediplano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extensión chaira e de pouca pendente, desenvolvida en áreas de clima árido, pola coalescencia de pedimentos ou glacis de erosión. Representa un estadio final, de madureza, do ciclo de erosión árida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedrafita situada en Vilalba. De dubidosa datación cronolóxica pola carencia de datos, as súas dimensións aproximadas son 2,5 m de altura e 2,15 m de ancho. Presenta un aspecto antropomórfico e ten toda unha serie de cazoletas na súa superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado entre o Eresma e o Cega, ambos os dous afluentes do Douro (3.258 h [2001]). A agricultura e a explotación forestal son a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo e escritor. Foi catedrático de Xeografía e Historia no Instituto de Pontevedra e de Historia de España na Universidad Central de Madrid. Contribuíu á fundación da Real Sociedad Geográfica de España e publicou Programa de la Historia crítica de España, La oratoria e Destino geográfico de la Península española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Pedraza (Monterroso). De orixe románica, sufriu importantes reformas entre os ss XVIII e XIX. Ten planta de cruz latina con ábsida rectangular e coa sancristía acaroada. Destaca a fachada cunha porta con arco de medio punto. A torre-campanario remata en espadana de dous corpos e un van, con escaleiras de acceso desde o exterior. No muro norte conserva cinco canzorros da construción románica orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi fundador e coordinador dos estudos da SIDA no Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo desde 1984. Participou en múltiples ensaios clínicos internacionais de SIDA e hepatite, sobre todo en relación coa terapéutica destes procesos. Destaca como pioneiro en España na realización de estudos sobre hepatite B e hepatite A. Das súas obras destaca A hepatite vírica como complicación do consumo de drogas por vía parenteral (1993), en colaboración con C. Pereiro Gómez e M. A. Castro Iglesias. É fundador e primeiro presidente da Sociedade Galega da SIDA, desde 1998. Recibiu o Premio Barrié de la Maza da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, polo estudo El SIDA en Galicia (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Santiago de Compostela 1880 - A Coruña 1950) Mestre. Realizou estudos de maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (1894-1897) e na de Madrid (1897-1898). Desde o curso 1902-1903 foi mestre da escola pública da rúa do Socorro, na Coruña e, pouco despois, da escola de nenos da rúa Orzán, ata o ano 1950. Centrou o seu labor docente no estudo do neno e na acción educativa nas distintas situacións e, neste sentido, participou no programa de clases nocturnas para obreiros, organizadas pola Escuela Popular Gratuita. Desde 1903 formou parte da organización das colonias escolares da Lagoa, nas Mariñas, e, desde 1906 dirixiu as Colonias Escolares de Niños Pretuberculosos. Ademais, a súa acción escolar completouse coa participación e dirección pedagóxica, compartida con X. R. García Niebla, do Patronato Local de Colonias, e coa colaboración na FETE e na Institución Vanguardia Pedagógica. En 1912, a través da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, realizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e editor. Formou parte do Front Nacional de Catalunya e como editor contribuíu á recuperación da actividade literaria en Catalunya tras a Guerra Civil Española. Creou as series de poesía Els Llibres de l’Óssa Menor (1949) e Els Llibres de les Quatre Estacions, e os premios Óssa Menor de poesía e Carles Riba. Escribiu poemas en galego e catalán, que recolleu en El llibre dels verns (1985). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO