"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Untar con graxa o que se está asando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Relacionado coa Xeración do 27, instalouse en París, onde participou nos movementos de vangarda. Publicou boa parte da súa obra en francés, posteriormente traducida ao castelán en Versión celeste (1970). Escribiu The Vision of Guernika (1947), César Vallejo o Hispanoamérica en la cruz de su razón (1958), Razón de ser (1960) e Ángulo de visión (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘labrego’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘obreiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘traballar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal francés. Xeneral desde 1939, dirixiu unha división en Montpellier cando os alemáns ocuparon a zona en novembro de 1942. En agosto de 1944 participou no desembarco aliado en Provenza á fronte do Primeiro Exército Francés e expulsou aos nazis de Toulon, Marsella, Lyon e Dijon. En 1945 asinou o armisticio en Berlín. Despois da guerra foi alto comisario e comandante en xefe de Indochina (1950-1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de laurear.

    2. Que foi condecorado ou galardoado cun premio polos seus méritos.

      1. Aplícase á figura que leva unha coroa de loureiro.

      2. cruz laureada

        Cruz formada por catro aspas coas puntas cara a fóra resaltadas sobre unha coroa de loureiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino de orixe latina, derivado do adxectivo laureanus, quizais co significado de ‘coroado de loureiro, vitorioso’. Presenta os hipocorísticos Louro e Lano. San Laureano (s VI) celébrase o 4 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Sevilla. Ordenouse diácono en Milán. Tras ser nomeado arcebispo, combateu a herexía ariana seguindo as directrices do papa. Caeu prisioneiro dun rei ariano e morreu decapitado. Represéntase con vestimenta pontifical e leva como atributo unha azucena, símbolo da pureza, e unha espada como instrumento do martirio. A súa festivididade celébrase o 4 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coroar a alguén con loureiro ao estilo dos antigos romanos.

    2. Conceder un premio ou galardón a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, escritor e músico francés. Estableceuse en Montpellier desde 1829, onde foi organista. Amigo de Mendelssohn e Schumann. Escribiu e ilustrou Souvenirs d’un voyage d’art à l’île de Majorque (1840).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. Asociado con Martínez Sánchez, descubriu o papel leptográfico. Foi fotógrafo oficial da Casa Real española e reporteiro gráfico de La Crónica. Da súa obra cómpre salientar diversas imaxes sobre as pinturas negras de Goya, as estacións de ferrocarril, a Puerta del Sol de Madrid, o Palacio Real e a Alhambra de Granada. Publicou a serie España artística y monumental (1889) e La Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid (1890)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De nome Isidore Ducasse, recibiu influencias de Sade, Poe e doutros autores da mesma tendencia. A súa obra, agresiva e dunha gran carga onírica, tivo unha grande influencia nas vangardas do s XX, especialmente no surrealismo e no dadaísmo. Escribiu Les chants de Maldoror (1869), poema en prosa de seis cantos, e preparou un segundo libro, Poesías (1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. A súa obra describe unha realidade cotiá opresiva de maneira tan minuciosa que chega a acadar un aire fantástico. Da súa produción destacan Le procès-verbal (1963), La fièvre (1965), Le déluge (1966), Le livre des fuites (1969), Désert (1980), Le chercheur d’or (1985), Diego et Frida (1993), La Quarantine (1995) e Hasard Suivi de Angoli Mala (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo bretón. Publicou a Grammaire celto-bretonne (1807) e o Ditionnaire français-breton (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal de Francia. Coñecido como Boucicaut, combateu en Constantinopla contra os turcos. Fundou en 1399 a orde Écu Vert à la dame blanche, en defensa das mulleres. Foi gobernador de Xénova (1401-1409) e na Batalla de Azincourt (1415) foi feito prisioneiro e levado a Inglaterra. Foi un dos autores da obra de tema amoroso Livre des cent ballades (1388).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Enviado á Guerra de Indochina como membro da Légion Étrangére (1954), participou posteriormente na loita contra o movemento independentista alxeriano. En 1972 creou a Front National, partido racista e antieuropeísta. Presentouse ás eleccións presidenciais de 1988, 1995 e 2002. A súa política provocou numerosas críticas por parte dos grupos de esquerda e antifascistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Formouse con Gustave Le Gray e Charles Nègre (1848-1849) e posteriormente realizou diversos traballos fotográficos das zonas de Champagne e Alsacia-Lorena para a Misión Heliográfica do comité de Monumentos Históricos de Francia. Destacan as súas imaxes das catedrais de Chartres, Estrasburgo, Riems e Notre-Dame (1852). Participou nas exposicións de París (1851) e Amsterdam (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO