"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á anemometría.
-
-
Instrumento para medir a velocidade dun fluído gasoso, en particular do aire. Emprégase principalmente en meteoroloxía para determinar a velocidade do vento.
-
Anemómetro baseado na medida do enfriamento producido nun fío eléctrico polo efecto dunha corrente de aire. Utilízase especialmente para medir correntes tenues.
-
Anemómetro de indicación instantánea formado por unha hélice directamente encaixada a un xerador eléctrico e de funcionamento similar ao anemómetro de Robinson. A hélice e o xerador oriéntanse sempre cara ao vento por medio dunha aleta de dirección e, mediante un sistema de indicación de posición, pódese ler tamén a dirección do vento.
-
Emprégase sobre todo para medir correntes de aire intensas, en túneles aerodinámicos ou en avións.
-
Anemómetro de indicación instantánea da velocidade formado por tres superficies hemisféricas xiratorias con concavidade dirixida sempre no mesmo sentido que, impulsadas pola corrente de aire, transmiten mediante un eixo vertical o seu movemento a un xerador eléctrico ou a un encaixe magnético. A forza electromotriz, a frecuencia ou o par xerado son proporcionais á velocidade do vento, de xeito que se pode obter medindo estas magnitudes cos aparellos correspondentes, previamente calibrados en metros por segundo.
-
Anemómetro composto por unha roda de paletas que xira impulsada pola corrente de aire. A roda está mecanicamente encaixada a un contador de voltas calibrado para indicar os metros equivalentes ao espacio percorrido polo aire que pasa a través das paletas no intervalo de tempo que dura a medición.
-
Anemómetro baseado na desviación dun feixe iónico que o vento produce durante o percorrido entre a fonte emisora e o electrodo receptor.
-
Anemómetro baseado na medición do tempo que tarda unha onda ultrasónica en percorrer a distancia coñecida entre un emisor e un receptor.
-
-
-
-
Planta herbácea perenne do xénero Anemone de rizoma reptante, follas basais e flores apétalas de sépalos petaloideos de cores diversas. En Galicia atópanse dous taxons propios de bosques e lugares húmidos: A. nemorosa, de anteras amarelas e follas tripartidas en foliolos lanceolados, e A. trifolia albida, de anteras brancas e follas tripartidas en foliolos lobados; esta última é un endemismo galego.
-
Flor da planta do mesmo nome.
-
-
Antozoo da orde actiniarios solitario e sedentario, de corpo cilíndrico que acada uns 10 cm de altura e sen esqueleto calcario duro. Ten a base modificada para adherirse ás rochas e a abertura oral rodeada de tentáculos urticantes non retráctiles, que poden acadar ata 15 cm de lonxitude e que os emprega para capturar as presas. En Galicia e no resto do litoral Atlántico son comúns as especies pertencentes aos xéneros Anemonia, Bunodactis e Condylactis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xenero de herbáceas da familia das ranunculáceas ao que pertence a anémona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dun furacán ou doutro vento violento. Tradicionalmente denominábanse estes fenómenos atmosféricos só con antropónimos femininos, ata que a partir da década de 1980 se decidiu que estas denominacións debían alternar con nomes masculinos de acordo cunha orde alfabética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cristais illados do macerado de diferentes ranunculáceas. Do seu glicósido (ranunculina) obtense a protoanemonina, líquido de cheiro penetrante de propiedades bacteriostáticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello que se emprega para indicar a dirección do vento. Xeralmente está formado por un círculo vertical xiratorio que sostén a boca dunha bolsa ou manga de aire de tecido lixeiro que serve de catavento ao inflarse pola acción do vento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación do vento coa dirección de crecemento nas plantas ou de voo nos animais.
-
-
Que semella unha criatura.
-
Propio de criatura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adoptar os modos propios dun neno alguén que xa deixou de selo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia conxénita de cerebro. É unha anomalía incompatible coa vida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Non enerxético, carente de enerxía.
-
-
Dise dunha medalla, moeda, etc, que non ten inscrición.
-
Libro ou escrito sen título.
-
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Foi infante de coro dalgunhas capelas de Roma e discípulo de Palestrina, a quen sucedeu como compositor da capela pontificia no ano 1594.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Discípulo de Palestrina (1575-1579), foi mestre da capela de San Xoán de Letrán e residiu a partir de 1624 na corte de Sexismundo III, en Cracovia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que non contén líquido.
-
barómetro aneroide.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inhibición sexual caracterizada pola ausencia de pracer no home ou na muller no momento da realización do acto sexual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de alerxia caracterizada pola ausencia total de capacidade de reacción dos tecidos ante unha substancia antixénica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nun sistema xerador de enerxía ou nun proceso termodinámico, enerxía non utilizable en forma de traballo que complementa a enerxía.
-
PERSOEIRO
Historiador e catedrático de Historia Económica en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO
A súa investigación céntrase no estudo da economía, especialmente na agricultura e na sociedade do Antigo Réxime. Algunhas das súas obras no eido da historia agraria son: Las crisis agrarias en la España moderna (1970), La ley agraria (1995) ou Cultivos, cosechas y pastoreo en la España moderna (1999). Outras obras nas que integra a análise económica coa social e política son: Economía e “ilustración” en la España del siglo XVIII (1969), El antiguo régimen: los Borbones (1976), Carlos III y la Ilustración (1987), Los señoríos asturianos (1989) ou La Corona y la América del siglo de las luces (1994).