"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Cantidade de esterco ou doutro material que se colle coa picaña dunha vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘coser’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta da familia das brasicáceas que presenta follas brancas e flores rosa con estames duros e afiados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr occitano. Activo no segundo cuarto do s XIII, estivo ao servizo do trobador lombardo Sordello de Goito, autor de cantigas en occitano e que residiu na Península Ibérica ao redor do ano 1230. Consérvase unha tenzón deste xograr con Johan Soarez Coelho (‘Vedes Picandon, sõo marvilhado’), composta entre 1239 e 1243 na corte do conde Ramon Berenguer IV, en que se burla das súas escasas calidades poéticas e que remata presentándolle as súas desculpas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde ás voces ‘agulla e costureira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘alfaiate’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pica na lingua ou no padal. 

    2. Aplícase ás palabras, frases ou ditos maliciosos ou obscenos

    3. Substancia que pica, que se emprega como condimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (9.024 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura, e destaca o cultivo de laranxas, mentres que a industria está moi diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común co que se coñecen as aves da familia dos lánidos. Presentan a fronte e os lados da cabeza de cor negra brillante, e a parte superior da cabeza e a posterior do pescozo de cor gris, co pico ganchudo. Predan sobre outras aves, micromamíferos, réptiles e insectos.

    2. Ave de 24 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, que presenta dorso gris escuro, peito rosado e ás negras cunha raia branca. As patas e o peteiro son negros. Vive en zonas de monte baixo ou arboradas con mato, e distribúese por case toda Europa; en Galicia é sedentaria e non adoita estar nas zonas costeiras.

    3. Ave de aproximadamente 18 cm de lonxitude; o macho ten a caluga e o curuto vermellos e o resto do corpo alterna o negro con algo de branco nas ás, na mitra, no ventre e en dúas franxas no dorso. Viven en zonas de campo aberto con árbores espalladas e arbustos. De carácter estival, pode localizarse na parte S de Galicia, especialmente en Ourense.

    4. Ave de aproximadamente 17 cm de lonxitude, que presenta certo dimorfismo sexual; o macho ten a cara branca cun anteface negro, a cabeza e a mitra gris, o dorso pardo avermellado, o peito pardo moi claro e a cola negra, coas rectrices externas brancas. A femia é parda polo dorso e ten o ventre con liñas horizontais castañas, e o anteface da cara pardo. Vive en zonas de mato. Estival, pode localizarse en case toda Galicia, sobre todo no interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferramenta formada por un mango rematado nunha peza de ferro cun extremo en punta e outro con forma de aixada, que se utiliza para cavar en terreos duros ou para arrincar pedras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Entrimo a partir do 1 de xuño de 1909 e subtitulado “Periódico republicano radical”. Dirixido por Vicente González, foi unha publicación de tendencia republicana e anticaciquil, que empregou a sátira para atacar os caciques do distrito de Bande. Editou seis exemplares por trimestre e tivo correspondentes en Lisboa, Bos Aires e Salamanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Sacerdote e prior da abadía de Rille, en Anjou, foi un dos primeiros en ocuparse da astronomía de posición moderna e, con Adrien Auzout, ideou (1667) o micrómetro de fíos móbiles para dar máis precisión ás observacións astronómicas. Entre 1669 e 1670 mediu a lonxitude do grao de meridiano entre Sourdon (preto de Amiens) e Malvoisin (preto de París). En 1677 investigou sobre a velocidade do son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Traballou en asociación con Agustín Paz, con quen editou nos seus obradoiros tipográficos a Crónica General de España (1541), corrixida por Florián de Ocampo e editada para Juan de Espinosa, rico libreiro de Medina del Campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Membro das compañías de López Llauder, Emilio Espinosa e Rafael Rivelles, participou en máis dun centenar de comedias e dramas. Compaxinou o labor teatral co cinematográfico, onde destacan ás súas interpretacións en Las tinieblas quedaron atrás (1947), La llamada de África (1952) e Noventa y nueve punto nueve (1997). Recibiu o Premio Nacional de Teatro (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Tradutor de Astérix, de Goscinny, e de clásicos como Madame Bovary (1994), de G. Flaubert, e Vermello e negro (1996), de Stendhal, publicou Servicio feudal e trobadorismo (1982), Am’eu e trobo e servh’, a mays poder: en torno ao vocabulario feudal trobadorismo galego-portugués (1986) e Fición poética e vocabulario feudal na lírica trobadoresca galego-portuguesa (1987) e, en colaboración, dos manuais O realismo (2003), O movemento romántico (2003) e Simbolismo e modernismo (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Foi mestre en Viveiro e recibiu varios premios polos seus sistemas e métodos de ensino. Dedicou particular atención ao ensino nas escolas rurais e ao ensino da lectura e escritura. Publicou Guía legislativa y directiva de escuelas rurales, ao manual para la organización y régimen de las escuelas rurales de primera enseñana, dedicado a los párrocos y maestros de los pueblos rústicos (1859), Reglas de ortografía castellana en verso, para auxiliar a los niños en los ejercicios prácticos de las escuelas (1869), Repertorio de latín comparado con el francés y el castellano (1896) e Nuevo método práctico para la enseñanza simultánea de la escritura y lectura de la letra cursiva española, que figurou na Exposición Universal de París (1900). Recibiu a cruz de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo humanista, señor de Mirandola e conde de Concordia. Estudou dereito canónico e filosofía aristotélica e formouse na mística de Averroes. En 1486 fixo imprimir en Roma, precedidas da Oratio de hominis dignitate, as novecentas Conclusiones philosophicae, cabalisticae et theologicae in omni genere scientiarum, síntese de filosofía platónica, de cábala, de maxia astrolóxica e de doutrina relixiosa. A curia romana condenou parte da obra, motivo polo que foi encarcerado en Vincennes (1488). Volveu a Florencia e recibiu finalmente a absolución de Alexandre VI (1493). Outros escritos representativos do seu humanismo son Heptaplus de septiformi sex dierum Geneseos enarratione (1490), De ente et uno (1491) e Disputationes adversus astrologiam divinatricem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Óutara (A Pobra do Brollón). O seu cumio acada os 642 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilapena (Trabada). O seu cumio acada os 542 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO