"RG" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 2188.

  • Xoán de Borbón e Battenberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque de Luxemburgo e duque de Nassau, fillo da gran duquesa Carlota I e do príncipe Félix de Parma. En 1964 converteuse en soberano do país. Abdicou en 2000 e sucedeuno o seu fillo Enrique I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (1404-1419) e conde de Nevers (1384-1419), fillo de Filipe II de Borgoña e de Margarida de Flandres. Ao producirse a demencia de Carlos VI de Francia, disputoulle á casa de Orléans o reino. En 1407 fixo asasinar o duque de Orléans e en 1408 foi nomeado señor de París. Ao reiniciarse a Guerra dos Cen Anos (1414), aliouse con Enrique V de Inglaterra, e en 1418 volveu entrar en París, de onde fuxira en 1413 por mor da revolta cabochienne. Despois da toma de Rouen polos ingleses, tentou negociar a paz con Carlos, delfín de Francia, pero foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. De nome Marguerite de Crayencour, en 1980 foi a primeira muller elixida membro da Académie Française. Ademais dun destacado traballo como tradutora, cultivou a poesía, o teatro, o ensaio e, sobre todo, a narración e a novela, con títulos como Mémoires d’Hadrien (1951), Opus Nigrum (1968) e L´oeuvre au noir (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen, con actitude maliciosa, permanece calado esperando o que digan os demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina e espía holandesa. Coñecida como Mata-Hari, estableceuse en París en 1908 como bailarina e cortesá. Durante a Primeira Guerra Mundial converteuse en axente do servizo secreto alemán. Condenada a morte por un tribunal francés, morreu fusilada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Instalado en Moscova (1921), traballou na axencia Russ-foto (1923-1947) para a que foi correspondente en Asia central. Os seus traballos publicáronse en Pravda, USSR in Constrution e Izvestia. Pioneiro do documental fotográfico moderno, cubriu as batallas de Odessa, Donbass e Moldavia, e acadou sona coas fotografías do cerco de Stalingrado (1942), que publicou en Stalingrad: July 1942-February 1943 (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado no val da Almanzora (2.070 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO