"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
MONTES
Monte situado no extremo N da parroquia e concello de Trabada. O seu cumio acada os 1.015 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Publicista. Escribiu en La Correspondencia Gallega varios artigos como “Os maios en Pontevedra polos anos de 1848 a 1853” (1904) e en 1915 publicou na prensa local “Recuerdos de mi niñez. La festividad del Corpus en Pontevedra”. Participou no Certamen Pedagógico de Pontevedra de 1897 onde acadou o primeiro premio co traballo Higiene escolar en general. Su aplicación a las escuelas de Galicia, teniendo en cuenta las condiciones del clima, costumbres de sus habitantes y enfermedades más comunes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre, duque de Béjar, XIII conde de Lemos, X marqués de Sarria, X conde de Andrade e XI conde de Vilalba. Durante o seu padroado establecéronse as cátedras de Filosofía, Teoloxía Dogmática e Teoloxía Moral no seminario de Monforte de Lemos. Morreu sen sucesión e as súas posesións galegas pasaron a Jacobo Fitz-James Stuart y Colón, duque de Berwick.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Oftalmólogo. Traballou no campo da histoloxía ocular, xunto con Cajal e P. del Río Hortega, e descubriu no nervio óptico a microglía e a oligodendroglía, descritas primeiro por este último. Tamén estudiou os efectos patolóxicos da avitaminose durante a Guerra Civil Española. Fixo contribucións técnicas, como o oftalmoscopio fotográfico, e publicou La excitación mecánica de la retina (1933) e Biomicroscopia del fondo del ojo (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Ordenouse sacerdote (1954) e especializouse en teoloxía e filoloxía semítica. Escribiu Dos siglos de crítica literaria en torno al prólogo de San Juan (1973), Feijoo y la Biblia o la gran paradoja (1976) e Sacerdocio ministerial y Eucaristía en la Carta a los Hebreos (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Foi sacerdote (1916), misioneiro en Marrocos e colaborador en varias publicacións. Escribiu Memoria sobre la Misión Franciscana de Marruecos (1924) e La Obra Misionera de España en Marruecos [...] (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Entrou no servizo diplomático da Santa Sé en 1985 e traballou como secretario nas representacións pontificias de Madagascar, Filipinas e India. En 1989 foi designado asesor para asuntos xerais do Secretario de Estado, en decembro de 2002 arcebispo de Agropolis e en 2003 nuncio apóstolico en India e Nepal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso mercedario. Ordenouse sacerdote (1951) e foi fundador e promotor do proxecto educativo Escuela de Pensamiento y Creatividad (1987). Publicou Metodología de lo suprasensible (1963), Análisis estético de obras literarias (1982) e El Espíritu de Europa: claves para una reevangelización (2000). Membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas (1986), pertence ao Consello Directivo do Council for Research in Values and Philosophy (Washington) e foi cofundador e colaborador do Seminario de Filosofía Xabier Zubiri.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Maxistrado e político. Foi membro da Audiencia de Cáceres (1833) e deputado por Pontevedra e Tui (1837-1852). Membro do Partido Moderado, foi senador vitalicio e membro do Tribunal Supremo desde 1857. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Intérprete, inicialmente de papeis cómicos ou traxicómicos en Novio a la vista (1957), El pisito (1959) o El cochecito (1960), posteriormente deu vida a personaxes máis complexos cos filmes Pippermint frappé (1967), Mi querida señorita (1971), La prima Angélica (1974), La colmena (1982), Esquilache (1989), El largo invierno (1991), Fisterra (1998) e La gran familia... 30 años después (1999). Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes, oito Premios Goya e o Premio Nacional de Teatro (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Especializouse en arte galega e na obra de Goya. Foi membro da Comisión de Expertos da Bienal de Pontevedra (1982) e comisario de diversas exposicións como Compostela na arte galega (1993), Compostelana Historia: Redescubrimento-rexurdimento (1999) e O espello do mar na arte galega dos ss XIX e XX (2003). Entre as súas obras destacan El Arte del Finisterre gallego (1978), Goya: El programa neoplatónico de las pinturas de la Quinta del Sordo (1981), Los Caprichos de Goya y su significado (1982) e Alfredo Brañas e os artistas (2000). É membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1977) e licenciado en 1988 en Ciencias Económicas pola Universidade de África do Sur. No eido da política, foi militante do Partido Popular Galego da Federación de Partidos Demócrata-Cristianos de España (1976), do Partido Galeguista (1978), de Alianza Popular (1983) e membro fundador do Partido Popular Español en Bélxica (1989), do que foi presidente (1998-2001). Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, ten unha ampla traxectoria profesional en materia pesqueira. Entre 1972 e 1978, realizou tarefas de investigación en oceanografía, ecoloxía e bioloxía mariña no Instituto de Investigacións Pesqueiras de Vigo. Ese último ano, ocupou o cargo de secretario técnico da Sociedade Cooperativa de Armadores de Buques de Pesca do Porto de Vigo, entidade da que, en 1982, foi nomeado director-xerente. En 1987 ingresou na Función Pública Europea na Dirección Xeral de Pesca e na Dirección de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Elixido deputado en 1834, defendeu a ideoloxía progresista. Foi ministro da Gobernación (1836), alcalde de Madrid (1843) e accedeu á presidencia do goberno trala caída de Espartero (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Institucionista, filla de Xosé Pascual López Cortón. Preocupada polos temas pedagóxicos, educativos e sociais, especialmente relativos á educación da muller, estivo ligada á Institución Libre de Enseñanza (ILE). Nesta liña publicou varios artigos no Boletín de la Institución Libre de Enseñanza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Os seus primeiros éxitos foron La velá de San Juan e María de la O. Con Rafael de León compuxo cancións, zarzuelas, sainetes e comedias, e popularizou a canción española. Tamén colaborou con Xandro Valerio, José Antonio Ochaíta, Salvador Valverde e Antonio Quintero cos que creou temas tan populares como Ay, pena, penita, Ojos verdes e Te he de querer mientras vivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor de orixe flamenga. Activo en Santiago de Compostela, realizou diversas imaxes para a catedral compostelá en 1554. Proxectou un retablo para a capela de San Miguel da catedral de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Retención de loquios no interior do útero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fluxo producido por vía vaxinal que comeza despois do parto e dura de quince días a un mes. Completamente sanguinolento os primeiros días, despois vólvese sero-sanguinolento, e, cara ao final, seroso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé María Rodríguez Iglesias.
-
GALICIA
Empresario e político. Fundou, xunto cun socio francés, as empresas Factorías Vulcano-Enrique Lorenzo y Compañía e Sumnsa (Suministros Metalúrxicos Navais, SA), e promoveu outras como Aceros de Galicia, Conservas La Guía SA e Serrerías Vulcano. Foi conselleiro do comité executivo da Zona Franca, vogal da xunta de Obras do Porto, conselleiro do Banco de Vigo e censor de contas da compañía de Tranvías Eléctricos de Vigo. Presidiu o Aero Club de Vigo (1951-1981), foi vicepresidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación e presidente da Deputación de Pontevedra (1963-1967).
VER O DETALLE DO TERMO