"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De familia galega, foi beatificado en 1818. Escribiu Ladridos evangélicos del perro dados a la nobilísima ciudad de Córdoba (1696), Triunfo de la castidad contra la lujuria diabólica de Molinos (1698), e Vida del glorioso Padre y Patriarca Santo Domingo de Guzmán, fundador de la Orden de los Predicadores (1701).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é posterior ao diluvio universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ourive. Activo en Santiago de Compostela, puido formarse con Andrés de Calo e Castro, de quen era oficial. Foi prateiro da catedral compostelá (1698-1712), para a que realizou, entre outras obras, dous candelabros para o altar maior, un copón de ouro, a furna de prata para gardar as reliquias e os retratos en prata de Filipe V e a súa dona. Desde 1706 realizou varios encargos para o mosteiro de San Martiño Pinario. Fixo tamén os copóns para San Xurxo de Codeseda, San Froitoso de Santiago e outras igrexas. O seu fillo Xosé Pose foi tamén ourive e traballou para a capela da Concepción da catedral de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é posterior ao mediodía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Polonia, situada arredor da cidade de Poznań, dentro da Gran Polonia. Acolleu desde o s XIII unha numerosa inmigración alemá, que contribuíu ao seu desenvolvemento económico. A segunda repartición de Polonia (1793) atribuíuna a Prusia; a política xermanizadora iniciada polo goberno de Berlín cara a 1830 intensificouse en tempos de Bismarck e de Bülow, pero a acción solidaria do campesiñado, a clase media urbana, o clero e a nobreza fixo que fracasara esta xermanización. A finais de 1918, expulsados os alemáns, incorporouse á nova Polonia independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ocorre despois de comer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico e cultural que seguiu o romanticismo e que conservou algúns dos seus caracteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao posromanticismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Rematou a súa formación no Seminario compostelán en 1916 e, despois de exercer en varias parroquias, a partir de 1940 estivo ligado á de Santa María do Sar, en Santiago de Compostela. Escribiu Paisaxes (1925), cunha temática e un estilo propios do costumismo e intimismo do s XIX. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi médico titular do hospital de Santiago e do mosteiro de Santa María de Monfero ata ser nomeado en 1791 médico da cidade da Coruña. Promoveu as vacinacións masivas contra a variola en Galicia e tomou parte activa nas vacinacións que se produciron na bisbarra de Bergantiños tras o brote de 1804. É autor da obra perdida Instrución, discurso o reglamento sobre el método para administrar y difundir la vacunación antivariólica (1803).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso xesuíta e diplomático italiano. Estudou en Roma onde foi ordenado sacerdote (1561). Gregorio XIII enviouno como legado a Xoán III de Suecia, para falar do retorno deste reino á comuñón romana (1577). Actuou de mediador entre Iván IV de Rusia e Estevo I de Polonia (1581), coa finalidade de facer unha ofensiva contra os turcos. Ao seu regreso a Italia, foi profesor de teoloxía en Padua (1587-1591).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte estadounidense. Doutorouse en Literatura Castelá en Harvard coa tese Mediaeval Spanish Allegory (1909). Escribiu A History of European and American Sculpture (1924) e A History of Spanish Painting (iniciada en 1930), en catorce volumes, onde compilou exhaustivamente e case por primeira vez a pintura medieval, e parte da renacentista, hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña a partir de marzo de 1811. Cesou en 1814. Apareceu baixo os lemas “Rex in sempiternum vivere” e “Vita tamen vinces aversque Troja resurges”. Editada polo frade Xoán Chacón, saíu tres veces á semana. Estaba relacionado co Exacto correo de España en La Coruña, tamén editado polo mesmo relixioso. Os dous xornais atacaban o liberalismo, aínda que o Postillón facíao dun xeito máis violento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen postula.

    2. Persoa que, aspirando a entrar na vida relixiosa, está no período de proba, antes de entrar no noviciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Usurpador do Imperio Romano (259-269). Foi xeneral de Valeriano e de Galieno, a quen traizoou, lle matou un fillo e despois fíxose proclamar emperador. Obtivo vitorias importantes contra os bárbaros na Galia, pero matárono os seus soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plancto das augas correntes desprazado por un fluxo turbulento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Despois da súa formación no seminario compostelán, exerceu en diversas parroquias de Galicia. Escribiu Costumes da terriña (1911), de carácter costumista, onde a través de catorce capítulos independentes narra diversos aspectos do rural galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor holandés. Participou en 1837 na fundación da revista literaria De Gids. Da súa obra, dotada dunha gran complexidade para o lector, destaca Jan, Jannetje en hun jogste kind (Xoán, Xoaneta e o seu fillo pequeno, 1842), Het Rijksmuseum te Amsterdam (O museo do Reino de Amsterdam, 1844) e Poezie (Poesía, 1868).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impulso morboso que leva a algunhas persoas a beber un líquido calquera en grande abundancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade que, con categoría de serie e época, se abandonou pola denominación de Cámbrico Superior.

    VER O DETALLE DO TERMO