"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Potsdamiano.
-
PERSOEIRO
Político e militar ruso. Participou na Primeira Guerra Ruso-turca (1768-1774). Foi o favorito de Catarina II de Rusia (1774-1776), sobre a que tivo unha grande influencia política. Impulsou a anexión do Khanato de Crimea ao Imperio Ruso (1783) e a fundación de Sebastopol (1784). Organizou a Segunda Guerra Ruso-turca (1789-1791), pero non tivo éxito e perdeu a influencia política sobre Catarina II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Membro do Grupo dos Seis e discípulo de R. Viñes e de Koechlin, foi autor de obras escénicas como Les biches (1923), Les animaux modèles (1942), e o monólogo La voix humaine (1959). Escribiu obras para piano dunha gran beleza e música relixiosa, como o Stabat Mater (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico canadense. Naturalizado estadounidense, fixo investigacións sobre o campo magnético nuclear, como colaborador de E. M. Purcell, sobre os raios gamma e especialmente sobre o efecto Mössbauer.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Introduciu en Bruxas o gusto italiano manierista con influencia de F. Primaticio. Cultivou o retrato e a pintura de xénero galante. O seu fillo Frans Pourbus o Vello (Bruxas 1545-1581), foi discípulo de Frans Floris e cultivou o retrato. O seu neto Frans Pourbus o Novo (Anveres 1569-París 1622) traballou para o duque de Mantua con P. P. Rubens e para Maria de Medici.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre, cooperativista e galeguista. Sometido a depuración, o seu expediente como estudante normalista tivo unha penalización de dous anos con imposibilidade de incorporarse á docencia. En 1948, por invitación de Antonio Fernández López, iniciou en Barreiros (Sarria) unha escola unitaria rural, a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros, que, seguindo a metodoloxía didáctica de O. Decroly e outras orientacións propias da escola nova europea, serviría de modelo para outras experiencias de escola rural aberta e integrada no medio campesiño que se levaron a cabo en diversas parroquias de Galicia e, sobre todo, na provincia de Lugo durante os anos cincuenta e sesenta, por impulso de Antonio Fernández López.
VER O DETALLE DO TERMO
Na fin dos anos sesenta reintegrouse de novo ao ensino público, e incorporouse ao grupo de Pedagoxía Freinet en Galicia. Entre 1964 e 1969, dirixiu a empresa Agropecuaria... -
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Ángel Pavlovsky, tivo unha formación autodidacta, con influencias dos coreógrafos Dore Hoyeer e Martin Eisler. En Bos Aires foi galardoado co premio da crítica por Ángel Pavlovsky con pelos y señales. Posteriormente, instalouse en Barcelona, onde creou o personaxe la Pavlovsky. Coa obra Orgullosamente humilde obtivo o Premio Especial de la Crítica (1996) e o premio FAD Sebastià Gasch (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. Logo de escribir algunhas novelas, como Afternoon Men (1931), dedicouse, a partir de 1936, a escribir artigos para o Daily Telegraph e outros diarios. En 1948 publicou a biografía John Aubrey and his Friends e a serie de novelas A Dance to the Music of Time, historia social contemporánea recollida en doce volumes, así como The Fisher King (1986), Under Review (1992) e Journals 1982-86 (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico inglés. Tivo un papel importante na fundación do CERN. Recibiu o Premio Nobel de Física en 1950 polo descubrimento de métodos fotográficos especiais que aplicou ao estudo de raios cósmicos, cos que conseguiu identificar o pión.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago de China, situado no sheng de Jiangxi (2.700 km2). Na conca media do Iang-Tsé exerce unha importante acción reguladora das augas do río.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e xornalista. Foi director da Escuela Nueva de Pontevedra, centro de renovación pedagóxica adscrito ao radical-republicanismo, e tamén dirixiu a Escola Normal de Maxisterio de Pontevedra; ademais foi profesor da Escuela Normal de Maestros de Barcelona. Colaborou no Diario de Pontevedra. Despois exiliouse a EE UU onde ensinou castelán na Eastman School of Languages and Business (1940) e dirixiu o Poza Institute of Languages and Business (1941). En 1938 foi redactor-xefe de La Voz de Nova York. A partir de 1943 foi profesor do Brooklyn College en Nova York. Escribía baixo o pseudónimo de Xan Calqueira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poza pequena.
-
PERSOEIRO
Militar. Membro da cabalaría, loitou en Marrocos e ascendeu a xeneral en 1926. En xullo de 1936 era director xeral da Garda Civil, pero mantívose fiel á Segunda República e foi comandante en xefe do exército do centro (1936-1937). A raíz da crise de maio de 1937 designárono xefe do exército do leste. Foi destituído tras o fracaso final ante as forzas franquistas en marzo de 1938.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do voivodato de Wielkopolskie, Polonia, atravesada polo río Warta (574.896 h [estim 2000]). É un importante centro comercial e industrial. Bispado católico desde o s X, foi corte real ata 1226. Durante a Idade Media formou parte da Liga Hanseática. Capital da Polonia prusiana (1815-1818), estivo baixo o control alemán desde 1939 a 1945.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado no SL da provincia (2.690 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Noceda (Cervantes). O seu cumio acada os 1.735 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en Sierra Morena (16.369 h [2001]). É un mercado agrícola e ten industria de la.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha silícica moi porosa, formada pola consolidación de cinsas e pos volcánicos. É moi abundante en Pozzuoli (Italia) e emprégase, moída e mesturada con cal, para fabricar cemento hidráulico.
-
PERSOEIRO
Pintor e tratadista italiano. Membro da Compañía de Xesús, decorou moitos templos da orde. Cun gran sentido escenográfico, utilizou a perspectiva para conseguir efectos plásticos. Traballou en Viena ao servizo do príncipe de Liechtenstein. Influíu no estilo decorativista da pintura mural barroca alemá e austríaca do s XVIII. Destaca o Altare di Sant’Ignazio para a igrexa do Gesù de Roma. Escribiu Prospettiva de’ pittori ed architetti (1693-1698).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (6.368 km2; 443.120 h [2000]). A súa capital é Prachuap Khiri Khan (17.253 h [1993]).