"AGN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 267.
-
PERSOEIRO
Matemático sueco. Profesor nas universidades de Uppsala, Helsinqui e Estocolmo, destacou polas súas contribucións á análise matemática e polo seu labor pedagóxico, especialmente a través das Acta Mathematica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Formouse en Venecia no círculo dos Bellini e estableceuse arredor de 1480 en Vicenza, onde fundou unha escola de pintura. Foi autor dunha Madonna in trono (1483), dunha Sacra conversazione e dunha Pietà (1500), así como de numerosos retablos de altar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Membro do grupo político francés La Montagne, integrado polos elementos revolucionarios máis idealistas, durante a Revolución Francesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olcán activo situado na illa de Martinica, o seu cumio acada os 1.350 m de altitude. En 1902 destruíu a cidade de Saint-Pierre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político integrado polos elementos revolucionarios máis idealistas, durante a Revolución Francesa. O seu nome débese a que ocupaban os escanos máis altos da Asemblea Lexislativa, dentro da que actuaron. De ideoloxía socializante, foi dirixido por G. J. Danton, J. P. Marat e M. de Robespierre. Os montagnards dicíanse representantes das masas e dentro da Convención Nacional, tiñan o apoio das clases populares. Erixíronse en árbitros indiscutibles da Convención mediante un golpe de estado que levaron a termo en xuño de 1793. Morto Marat e afastado Danton do poder, Robespierre foi o seu máximo representante no período subseguinte de goberno revolucionario, coñecido como o Terror. As disensións e os enfrontamentos internos debilitaron o grupo ata a caída e a execución de Robespierre, en xullo de 1794, durante a Reacción Termidoriana.
-
FILOSOFOS
Filósofo estadounidense. Estudou a relación do psíquico co físico e opúxose á interpretación behaviorista da consciencia e do realismo físico. Adoptou unha forma de neorrealismo capaz de ofrecerlle un método, mediante o que elaborou unha metafísica que se cualificou como materialismo animista. Publicou The Ways of Knowing or the Methods of Philosophy (1944) e Great Vision of Philosophy (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico virólogo francés. Licenciado en Medicina e Ciencias Naturais (1955), e doutorado en 1960; foi director do Institut Pasteur, e do Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) desde 1974. En 1983, el e o seu equipo, conseguiron illar o virus da inmunodeficiencia humana (VIH), causante da SIDA. Desde 1993 preside a Fundación Mundial para a Investigación e Prevención da SIDA. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica y Técnica (2000), xunto con R. Gallo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de campos magnéticos que producen o cerebro e o sistema nervioso en xeral. É un novo medio para estudar alteracións no funcionamento do sistema nervioso.
-
PERSOEIRO
Economista estoniano. Estudou nas universiades de Edimburgo e de Viena (1932-1934). Das súas obras destacan Problems of Capital Formation in Underveloped Countries (1953) e Equilibrium and Growth in the World Economy (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Está considerado como o creador da nomografía. Aplicou a xeometría aos cálculos numéricos e estudou os principios das máquinas da calcular, das que fixo unha clasificación comparativa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Andrea di Cione.
-
PERSOEIRO
Escritor e autor cinematográfico francés. O máis destacado da súa produción literaria son as pezas narrativas, onde evoca a súa infancia, como en La gloire de mon père (1957), Le château de ma mère (1958) ou Le temps des secrets (1960). Baseou a súa actividade cinematográfica na adaptación de obras literarias, como Topaze (1936) ou La femme du boulanger (1938). Foi membro da Académie Française (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo do magnetismo terrestre natural remanente co fin de determinar a intensidade e a dirección do campo magnético terrestre no pasado xeolóxico, que se desenvolveu lentamente durante as primeiras décadas do s XX. No campo da estratigrafía (magnetoestratigrafía) trata especificamente do estudo do magnetismo fósil ou remanente das rochas para establecer nelas unidades estratigráficas e facer unha correlación a escala mundial. Tomando mostras de rochas orientadas e ben datadas xeocronoloxicamente, é posible reconstruír a migración dos polos no transcurso da historia xeolóxica. Así, demostrouse que os minerais magnéticos das correntes de lava, os primeiros en cristalizar, adquiren a orientación do campo magnético terrestre e esta permanece fixada para sempre no momento da consolidación da rocha, se a temperatura é inferior ao punto de Curie (magnetización termorremanente). Outras veces son os grandes imáns aciculares sedimentarios os que, ao depositarse nun fondo de augas tranquilas,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo que presenta o maxilar inferior colocado lateralmente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gneis formado por metamorfismo de rochas sedimentarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que consiste en ilusións no recoñecemento perceptivo, como as producidas durante o sono cando se exercen estimulacións suficientes.
-
-
Relativo ou pertencente ao paramagnetismo.
-
Que presenta paramagnetismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade de certas substancias que se caracterizan polo feito de posuír unha susceptibilidade magnética positiva.
-
-
Relativo ou pertencente ao piromagnetismo.
-
Que presenta piromagnetismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que consiste na alteración das propiedades magnéticas (especialmente a permeabilidade) de certos corpos por efecto do aumento da temperatura.