"Abe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 982.

  • PERSOEIRO

    Actriz. Participou en distintas montaxes do Centro Dramático Galego, entre as que cómpre salientar Yerma (1990) e Asi é, se vos parece (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Florence Nightingale Graham.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da enseada de Bornalle situada na beira setentrional da ría de Muros e Noia, na parroquia de Abelleira, concello de Muros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e ilustrador. É profesor de gravado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1994). Formouse en Madrid e París. Malia que a súa obra é abondo variada e diversificada, sempre integrou o gravado e a pintura na mesma intervención. Dirixiu a Calcografía Nacional de Madrid (1980-1985) e promoveu a creación do Centro de Gravado Contemporáneo da Coruña (1987). Ao longo da súa andaina artística recibiu numerosas bolsas en diferentes ocasións e obtivo premios tanto en Francia como en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trabe mestra disposta de xeito horizontal sobre piares ou columnas para vencer o van aberto entre elas. Recibe as cargas dos pavimentos superiores e transmíteas cara aos seus apoios.

    2. Parte baixa do entaboamento que repousa sobre os capiteis das columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político italiano. Emigrou a Bélxica, onde fundou a Sociedade Económica Belga. Escribiu Situazione economica del Belgio (Situación económica de Bélxica, 1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome dado aos titores ou preceptores dos príncipes selxúcidas.

    2. Xefe da armada dos mamelucos de Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista gratuíta en galego editada en marzo de 1985 polo Vicerrectorado de Estudiantes e Actividades Culturais da Universidade de Santiago de Compostela, que desapareceu en maio dese ano. Coordinada por Marita Otero, contou coa colaboración de Chus Fernández, Pedro Rubliz, A. L. Loureiro, M. Veiga, Carlota Eiros e Fernando R. Tato. Incluíronse textos de Suso de Toro, Miguel Anxo Murado e Chiño Casas, xunto con artigos sobre revistas, novidades narrativas, deportes e actividades culturais; música, cine e teatro. Amais, abundantes ilustracións, cómics, fotografías e debuxos. Continúa en Aula Aberta (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla informativa estudantil editada en Santiago de Compostela en outubro-decembro de 1986, subtitulada “Vicerrectorado de Estudiantes y Actividades Culturales”. Incluía información sobre cine e outras actividades culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Ourense en 1903 que non tivo continuación. Fundada por Xoán Fernández, Alexandre Cerecedo e Xerardo Álvarez Limeses, o seu director, contou coa colaboración de: Alfonso Carballo, X. Neira, Eduardo Vicenti, Emilia Pardo Bazán e Basilio Álvarez, entre outros. Informaba sobre as festas do Corpus dese ano e contiña poemas, artigos de historia, ciencia e literatura, e datos sobre as cidades de Vigo e Ourense. Incluía tamén fotografías de Pacheco (Ourense) e Ferrer (A Coruña), xunto a debuxos de Taxes e Pérez Maffei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, filólogo e compositor. Das súas obras cabe destacar: Morfología vasca, Euskalerriaren Yakintza (Literatura popular do País Vasco) e Dicionario vasco-francés-español. Editou un Cancionero popular vasco. Escribiu tamén óperas e zarzuelas. É un dos vangardistas do renacemento cultural vasco do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar baba.

    2. Sentirse moi compracido por alguén ou por algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar baba.

    2. Sentirse moi compracido por alguén ou por algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito ou dito que demostra escasa intelixencia ou que carece de importancia e valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito ou dito que demostra escasa intelixencia ou que carece de importancia e valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que manifesta no que di ou no que fai pouca intelixencia e discreción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que manifesta no que di ou no que fai pouca intelixencia e discreción.

    VER O DETALLE DO TERMO