"Alón" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 299.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club deportivo que se fundou en 1979 co nome de Club Bosco-Salesianos. Nos primeiros anos xogou na terceira división, ata que na tempada 1983-1984 conseguiu o ascenso a segunda. En 1989 adoptou a súa denominación actual, e un ano despois conseguiu o seu ascenso á Liga ACB despois de quedar campión de primeira división B. Permaneceu nesta categoría dez tempadas, nove delas consecutivas (da 1989-1990 á 1997-1998), ata o seu descenso en 2001.
-
CIDADES
Cidade de Xava, Indonesia (301.504 h [1995]). Está situada na costa N da illa, na desembocadura do río do mesmo nome, e é un importante porto comercial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e cronista. Despois da súa formación en Italia, sucedeu a Juan de Mena como cronista de Enrique IV. Participou activamente nas negociacións do matrimonio de Isabel a Católica con Fernando de Aragón. É autor de Batalla campal de los perros y los lobos (1456), obra satírica; Tratado de la perfección militar (1460) e Alphonsi Palentini Hispaniensia ex annalibus suorum diebus colligentis, traducida e editada en castelán como Crónica de Enrique IV (1904-1908). Escribiu tamén o Universal vocabulario en latín y en romance (1490), anterior ao de Nebrija.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Mando do temón de cola ou de dirección dunha aeronave que inicialmente consistía nunha barra accionada cos pés, que foi substituída por pedais. O efecto deste mando de voo é o control do devalo da aeronave.
-
Asa á que, na práctica do esquí acuátivo, se agarra o esquiador para ser arrastrado pola motora.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de vestir que cobre o corpo da cintura para abaixo, e, separadamente, cada perna, ata os nocellos ou ata unha altura calquera. OBS: Adoita empregarse en plural con significado de singular.
-
CIDADES
Cidade de Xava, Indonesia, situada na parte N da illa (301.504 h [1995]). É un porto importante.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi catedrático de Teoloxía e reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Despois trasladouse a Quito, onde o nomearon bispo, capitán xeneral e presidente da Audiencia de Quito. Durante o seu bispado creou numerosas fundacións e escribiu Itinerario para párrocos de Indias en que se tratan las materias más particulares tocantes a ellos para su buena administración (1596-1668).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo SL da parroquia de Reinante (Barreiros). O seu cumio acada os 509 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo N da parroquia de Noceda (Folgoso do Courel). O seu cumio acada os 1.094 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no NL da parroquia de Labio (Lugo). O seu cumio acada os 689 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Maceda (Melide). O seu cumio acada os 598 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Foi arquitecto municipal de Vigo e subdirector xeral de urbanismo da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas (COTOP). Das súas obras destacan os proxectos do hotel Palacio del Carmen en Santiago de Compostela e do mosteiro das beneditinas de Trasmañó en Redondela. Publicou Desarrollo y deterioro urbano de la ciudad de Vigo (1981), A Casa da Troia (1995) e Rincones de Compostela: la obra de Manuel Pereiro Caeiro (1996). A súa conversión dunha antiga fábrica de curtidos nun conxunto de vivendas en Santiago de Compostela recibiu o Premio Europa Nostra (1994); ademais foi galardoado co Primeiro Premio do COAG (1992) e o Premio Irmáns Gómez Román (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e crítico de arte. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1956), ampliou estudos en Madrid e París e especializouse en anatomía patolóxica e análises clínicas. Vinculado desde moi novo á arte e á cultura, foi membro fundador do colectivo Atlántica, promotor e dinamizador das citas Bayona Horizonte Atlántico, comisario de múltiples exposicións, director da sección de arte da revista Galicia Moda (1985-1992) e editor de Futura (1987-1988), director da colección Aguatinta e editor de carpetas de gravados. Foi asesor de diversas institucións, director dos Museos do Real Club Celta de Vigo, membro do Patronato do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo, asesor do grupo que puxo en marcha a Mostra Unión Fenosa e presidente da Asociación de Críticos de Arte de Galicia. Colaborador en diversos medios e publicacións, publicou A batalla de Rande (2002). Recibiu a medalla de honra da Mostra Unión Fenosa (2001) e a Llave do Museo Massó.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta. Especialista en probas de fondo, participou en 10.000 m nos Xogos Olímpicos de Roma (1960) e na proba de maratón nos Xogos Olímpicos de México (1968) e Múnic (1972), ademais de en tres edicións dos Xogos do Mediterráneo e dos campionatos de Europa. Foi 16 veces campión de España nas probas de 5.000 m, 10.000 m, cross e maratón (1958-1973). Posteriormente, foi seleccionador de fondo e cross da Federación Galega de Atletismo (1990-2000) e adestrador do equipo parolímpico español de atletismo. Recibiu a Medalla de Plata al Mérito Deportivo e a Insignia de Oro y Brillantes de la Real Federación Española de Atletismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Compoñente do dúo Montse e Luís Queimada, gravou cinco discos como solista e varios co grupo, dos que destacan Viva la música e Que nos vamos (1996). Interpretou as cancións “Pelegrín”, tema oficial do Xacobeo 93, e “Terra”, do Xacobeo 2004.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta. Especialista na proba de marcha, debutou como internacional en 1995. Conseguiu o diploma olímpico na proba de 50 km nos Xogos Olímpicos de Atenas (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, sétimo duque de Medina Sidonia, conde de Niebla e marqués de Cazaza. Capitán xeneral da costa de Andalucía, Filipe II nomeouno capitán da Armada Invencible (1588). Atribuíuselle parte do fracaso da Armada pola súa incompetencia, aínda que posteriormente foi vicerrei de Andalucía e capitán xeneral do Mar Océano (1595).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(León 24.1.1256 - Gaucín, Málaga 19.9.1309) Nobre e militar, señor de Sanlúcar de Barrameda. Conseguiu para Afonso X a axuda do rei de Fez na loita contra o futuro Sancho IV. Nomeado gobernador de Tarifa (1293), destacou na defensa contra os benimeríns. En 1309 participou na expedición contra Almería que conquistou Xibraltar.
-
PERSOEIRO
Humanista, segundo conde de Benavente. Aristócrata afeccionado aos libros de historia, aos clásicos e aos temas máis diversos, reuniu unha destacada biblioteca no seu castelo de Benavente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, sexto conde de Benavente. Foi amigo persoal do Emperador Carlos V e padriño e titor do Rei Filipe II.
VER O DETALLE DO TERMO