"Aw" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 264.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado na Royal Academy of London, da que foi elixido membro en 1987. Recibiu influencias dos revivals góticos, dos edificios barrocos ingleses de influencia palatina e das construcións tradicionais do país. Creou un prototipo de edificio administrativo e un de vivendas: a Old Swan House, en Chelsea (1876), e a súa propia casa (1985). A urbanización de Bedford Park, ao O de Londres (1877-1880), converteuse no modelo dos suburbios ingleses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Doutorouse no Instituto de Tecnoloxía de Toquio. Recibiu o Premio Nobel Química (2000), compartido con A. Heeger e A. Mcdiarmid, polo descubrimento e o desenvolvemento dos polímeros condutores.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e gramático. É autor dunha vintena de obras, das que destacan al-Iqtidāb fī šar ḥ Adab al-kuttāb, comentario á Guía dos secretarios de ibn Qutayba; e Kitāb al- Ḥ adā’iq, unha obra de iniciación ás doutrinas filosóficas, que influíu no xudaísmo e que constituíu o primeiro intento en Al-Andalus por harmonizar o pensamento grego coa teoloxía islámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e etnógrafo polaco. Coñecido como Sirko, exiliouse en 1878 e pasou uns anos en Siberia, onde adquiriu coñecementos sobre certos pobos descoñecidos. Obtivo un premio da Sociedade Xeográfica de Peterburgo por Dwanascie lat w kraju Jakutow (Doce anos entre os iacutos). Escribiu Na Kresach Iasow (Nas beiras dos bosques, 1894) e Milosc Samuraja (O amor do samurai, 1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Contribuíu á teoría de conxuntos, á de números e á topoloxía (especialmente á de conxuntos de puntos, onde introduciu as curvas de Sierpinski). É autor de máis de 600 obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político polaco. Distinguiuse nas loitas independentistas e na Guerra Polaco-soviética. Foi xefe do Estado Maior do Exército (1921), primeiro ministro (1922-1923) e ministro de Defensa (1924-1925). Na Segunda Guerra Mundial converteuse en xefe do goberno polaco no exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estación de deportes de inverno situada no estado de California, EE UU, ao N de Sierra Nevada. Foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1960.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade óptica dos conos da retina de percibir máis intensamente a luz que incide frontalmente sobre eles polo centro da pupila, ca a que penetra polos bordos.
-
PERSOEIRO
Pintor, grafista e teórico da arte polaco. Desde 1922 foi un dos principais representantes do suprematismo en Polonia, formando parte dos grupos Blok, Praesens e AR, formado por el mesmo para defender o unanimismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política, filla de Ahmet Sukarno. Dirixente indonesia do Partai Demokrasi Indonesia Perjuangan (PDI-P), nacionalista e laico, foi vicepresidenta (1999-2001) e presidenta (2001-2004) de Indonesia, nomeada en substitución de A. Wahis, que foi destituído tras ser acusado de corrupción.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa pertencente ás Pequenas Illas da Sonda, Indonesia (14.500 km2). Situada entre as illas de Lombok e Flores, está bañada ao N polo mar de Flores e ao S polo Océano Índico. A principal cidade é Raba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora polaca. Das súas obras destacan Busco a palabra (1945), o poemario Por iso vivimos (1952), Preguntas formuladas a unha mesma (1954), todas elas na liña do realismo socialista. Escribiu tamén Sal (1962), Xente en el puente (1986) ou Fin e principio (1993). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1996.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da illa de Honshū, Xapón, que forma parte da conurbación de Toquio (159.430 h [1997]), da que é un suburbio residencial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. Coñecido como Bakin Kyokutei, foi un gran coñecedor dos clásicos chineses e, sobre todo, de Confucio. Converteuse no autor máis popular do seu país, con máis de duascentas obras, en gran parte novelas, como Nansō Satomi hakkenden (Os oito cans de Satomi de Nansō, 1814-1841), recollidas en 106 volumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico estadounidense. Investigou a acción química dos xenes, fixo experimentos xenéticos con Neurospora crassa e estudos sobre a transmisión e a alteración das características hereditarias en Escherichia coli e outras bacterias. En 1958 recibiu, xunto con Beadle e Lederberg, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polas súas investigacións sobre a acción química dos xenes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano neocelandesa. Formada en Londres, destacou en papeis mozartianos. Debutou no Covent Garden en 1970 e en 1978 interpretou a Dona Elvira na ópera Don Giovanni, filmada por J. Losey. Tamén destacou nas representacións de The Marriage of Figaro.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da illa de Honshū, Xapón, situada ao NO de Toquio (325.809 h [1997]). É un centro de investigación de aeronáutica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre xaponesa, -xurdida do mesmo tronco que a dos Minamoto- á que estivo vinculado o último shogunado (1603-1868). En 1603 Iyesasu Tokugawa (morto en 1616), que fora proclamado shōgun en Edo, unificou administrativamente Xapón e someteu os daimios ao seu poder. Os Tokugawa protagonizaron unha era xenófoba e anticristiá, que rompeu case todos os vínculos coas potencias europeas. Non obstante, foi moi notable no aspecto cultural. A comezos do s XIX o shogunado e a dinastía Tokugawa entraron en crise a causa das transformacións internas e a presión exterior. En 1868 o último shōgun, Yoshinobu Tokugawa (morto en 1913), entregou os seus poderes ao Emperador Mutsuhito I de Xapón, co que comezou a época Meiji.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Machada de guerra dos amerindios das chairas do oeste americano.
-
PERSOEIRO
Inmunólogo e xenetista xaponés. Estudou nas universidades de Kyoto e California (San Diego). En 1987 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina pola súa contribución ao coñecemento do sistema inmunolóxico humano, do que se estableceron os mecanismos xenéticos que determinan a resposta inmune e sinalou a especificación na formación de anticorpos e da reacción antíxeno-anticorpo.
VER O DETALLE DO TERMO