"BRU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • Recipiente circular e móbil, sostido por un ou varios soportes, situado no caldarium e destinado ao baño e ás ablucións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Gérard de Nerval, deuse a coñecer con Élégies nationales (1826) e unha tradución do Faust de Goethe (1827). Fundou a revista Le Monde Dramatique e ademais escribiu L’imagier de Harlem (1851), Aurélia (1855), a novela Le marquis de Fayolle (1849) e os contos Les filles du feu (1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos lábridos, que inclúe varias especies de interese comercial para Galicia, como pode ser a maragota (L. bergylta) ou o rei (L. bimaculatus).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade silvestre de vide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico italiano. Arcebispo de Xénova (1819), foi nuncio en París (1827-1830). Nomeado cardeal en 1831, foi secretario de Estado de Gregorio XVI (1836) e defendeu o absolutismo nos Estados Pontificios polo que tivo que refuxiarse con Pío IX en Gaeta (1848-1850).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo italiano. Fundou o Giornale Agrario Toscano en San Cerbone e a revista Guida dell´Educatore (1836). Foi elixido deputado en 1848 e senador en 1860. Escribiu sobre ética e educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que nace na parroquia de San Fiz de Monfero (Monfero) e desemboca pola esquerda do río Lambre na mesma parroquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Fundador da Académie Royale de Peinture et de Sculpture, ditou as pautas do clasicismo francés. Protexido por J. B. Colbert, foi director da fábrica de tapices Gobelinos (1663) que subministraba ás casas reais. Luís XIV nomeouno primeiro pintor do rei. Das súas obras destacan La descente du Saint-Esprit (1657), a serie Historire d’Alexandre e L’Adoration des bergers (1689). Traballou como decorador na Galerie d’Apollon no Louvre e na Galerie des Glaces e na Escalier des Ambassadeur no palacio de Versailles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, sociólogo e antropólogo. Foi profesor na Sorbonne (1899-1927) e un dos fundadores do Institut d’Ethnologie (1927). As súas teorías centráronse na análise dos costumes, estudiados en relación co seu marco histórico e social. Das súas obras destacan La morale et la science des moeurs (1903), La mentalité primitive (1922), L’âme primitive (1927), Le surnaturel et la nature dans la mentalité primitive (1931) e Les carnets de Lucien Lévy-Bruhl (1938-1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse con Frederic Trias e na escola Llotja. Coa obra El fill pròdig (1880), gañou unha bolsa en Roma, onde asistiu á academia Gigi. De volta en Barcelona, traballou no monumento a Colón (1886) e na Exposición Universal de 1888. Iniciouse na temática relixiosa, onde destaca Crist ressuscitat (1914), no rosario monumental de Montserrat. Foi autor de Desconsol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Propietario da Compañía Transatlántica Española, axudou economicamente á monarquía española en 1898 e durante a Guerra de Marrocos. Ligado á Igrexa, fundou a Acción Católica de España, o Centro de Defensa social e a Confederación Nacional de Sindicatos Católicos. Durante as folgas de 1917 organizou a Defensa Cidadá. En 1948 expedíronse en Roma os documentos para incoar a súa beatificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor, fillo do xornalista Juan Ignacio Luca de Tena y García de Torres. Cultivou a reportaxe xornalística, o teatro, o ensaio e a novela. Foi correspondente en Londres, Washington e Oriente Medio, e director de ABC. Das súas obras destacan Embajadores en el infierno (Premio Nacional de Literatura 1956), Edad prohibida (1958), La mujer del otro (Premio Planeta 1961), Pepa Niebla (Premio Ateneo de Sevilla 1970), Hay una luz sobre la cama (1970), El triunfador (1971), Los renglones torcidos de Dios (1979) e Poemas para después de muerto (1990). En 1973 foi elixido membro da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra italiano. Estudiou composición con G. F. Malipiero e cultivou a técnica seria, que contribuíu a radicalizar. Escribiu Dimensioni (1952), Serenata IV (1961) e Hyperion II (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canción popular, datada en 1722, que fai referencia a John Churchill, duque de Marlborough, e aos seus feitos de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador. De orixe humilde, é o trobador máis antigo despois de Guillerme de Peitieu. Estivo activo nas cortes de Poitiers e de Leonor de Aquitania, sobre todo, pero tamén na corte castelá de Afonso VII. Consérvanse 42 composicións da súa autoría, en que amosa unha actitude moralista e crítica. Atacou o amor cortés, o adulterio e a inmoralidade, e é o representante máis característico do trobar clus no aspecto conceptista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten membros grandes e fortes.

    2. Que é forte e robusto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense. Estudou na Universidade de California, onde se doutorou en 1949. Foi profesor en Los Angeles e na Rockefeller University (Nova York). En 1984 recibiu o Premio Nobel de Química polos seus traballos na obtención dun método de síntese de péptidos e proteínas, de grande utilidade para a creación de antíxenos ou cadeas curtas de cebadores xenéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e guitarrista de jazz. Coñecido como Pat Metheny, tocou no cuarteto de Gary Burton (1974). Durante a década de 1980 organizou e dirixiu un trío e un quinteto e compuxo música para diversos filmes. Da súa discografía destacan Bright Size Life (1976), Watercolors (1977), Letter From Home (1989), A Map Of The World (1999) e One Quiet Night (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista italiano. Foi redactor xefe (1930-1933) e redactor da sección de literatura italiana da Enciclopedia italiana e supervisor do léxico do Dizionario enciclopedico italiano e do Lessico universale italiano. Presidiu a Accademia della Crusca (1949-1963) e, desde 1939, dirixiu a revista Lingua nostra. Dos seus estudos lingüísticos destacan Lingua contemporanea (1938) e Saggi sulla lingua del Novecento (1941), reunidos no volume La lingua italiana nel Novecento (1990), Pronunzia fiorentina o pronunzia romana? (1945), Lingua e cultura (1948), Storia della lingua italiana (1960), Profili di parole (1968) e Lingua d’oggi e di ieri (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO