"Bes" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 224.

  • Organismo federativo de Exipto, Siria e Libia constituído de acordo coas conclusións da conferencia que se libraron en Bengasi os xefes de estado Sadat, Assad e Gaddafi, en 1971. Rexida polo consello presidencial dos tres xefes de estado, pretendía a fusión dos tres países, e por iso a súa competencia se tiña que estender a decisións de guerra e de paz, defensa, economía, instrución e formación, pero non tivo éxito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Catedrático do Colexio de Cirurxía Médica de Santiago de Compostela. Publicou Memoria sobre la división topográfica de Santiago (1821) ao ser elixido rexedor desta cidade, pola que foi deputado nas cortes en 1822-1823. Tamén publicou Diseño de un plan de instituciones para la completa enseñanza de la medicina (1826).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Vilalba ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Vilalba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical dedicado á canción social e de protesta que naceu en Santiago de Compostela en maio de 1968, coincidindo co inicio das mobilizacións estudantís. Constituído inicialmente por Xavier del Valle, Benedito García, Xerardo Moscoso, Vicente Araguas, Miro Casabella e Guillermo Rojo, tamén formaron parte do grupo Tino Álvarez, Xaime Barreiro Chuspe, Bibiano Morón e Suso Baamonde. Interpretaban textos de autores como Celso E. Ferreiro, Lois Diéguez, Alfredo Conde, G. Rojo ou V. Araguas, cun marcado carácter reivindicativo, polo que foron censurados e perseguidos polo Franquismo, e colaboraron con destacados intépretes da época. Da súa discografía destaca Cerca de mañana (1972), en que participou, entre outros, L. Llach.

    VER O DETALLE DO TERMO