"COI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 307.

  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico. Escribiu traxedias convencionais, pero a súa actividade máis importante foi o exercicio da crítica literaria. Das súas obras destacan Le Lycée, ou cours de littérature ancienne et moderne (1799).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Moralista. Despois de participar en diversas conspiracións, retirouse da vida política e redactou Sentences et maximes de morale (1655) onde, a partir da constatación de que as virtudes a miúdo non son máis que vicios disfrazados, organizou unha visión lúcida e pesimista do home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e escritor francés. Ao servizo do duque de Orléans, pertenceu ao Club dos Xacobinos. Libretista de ópera, é autor de poemas galantes, do proxecto de tratado De l’éducation des femmes, e de Les liaisons dangereuses (1782), novela epistolar na que, con cinismo aparente, critica a conduta da nobreza rica, perversa e ociosa de finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Traballou na Academia de París (1753), foi profesor do Colexio de Francia (1762) e director do Observatorio de París (1795). En 1751 colaborou con Lacaille na medida da paralaxe lunar, facendo as observacións desde Berlín mentres Lacaille traballaba no cabo Boa Esperanza. Publicou táboas coas posicións dos planetas e do cometa Halley. Deu a coñecer as posicións de 50.000 estrelas e publicou obras de divulgación astronómica, como Histoire celeste française (1801) e Traité d’Astronomie (1764).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Capuchino. Coñecido como de Père Joseph, desde 1624 foi conselleiro de Richelieu e o seu axente en política exterior, feito que lle valeu o sobrenome de eminencia gris. A súa oposición a Austria, provocou a intervención francesa na Guerra dos Trinta Anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo bretón. Publicou a Grammaire celto-bretonne (1807) e o Ditionnaire français-breton (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Louvois, fillo de Michel Le Tellier. Continuou a obra paterna na administración militar. Nomeado ministro de Estado por Luís XIV (1672), impulsou a política expansionista e introduciu reformas centralizadoras que suprimiron as derradeiras características medievais, que permitiron a creación do exército real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e xurista francés. Discípulo de Quesnay, ocupouse da doutrina fisiocrática incidindo no aspecto da xurisprudencia. Escribiu Liberté du commerce des grains (1765) e De l’ordre social (1777).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Nomeado xeneral en 1794, participou nas batallas de Fleurus (1794), Altenkirchen (1796) e Stockach (1799). Napoleón nomeouno senador (1800) e mariscal do Imperio en 1804. Combateu en España, Tirol e en Jena. Despois da restauración borbónica foi membro da cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e caricaturista. Coñecido como Jean Effel, foi autor de diferentes libros satíricos, como La création du monde (1951), ilustrou libros e realizou debuxos publicitarios e humorísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Influído por Rubens, puxo en relevo a cor, a luz e as encarnacións. Decorou a capela de Notre Dame en Saint-Sulpice (París) e o Salon d’Hercule en Versailles (1733-1736).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora belga. Coñecida como Françoise Mallet--Joris, triunfou coa novela Le rempart des béguines (1952). Da súa produción tamén destacan La chambre rouge (1953), Les mensonges (1956), L’empire céleste (Premio Femina 1958), Dickie-roi (1980) e Un chagrin d’amour et d’ailleurs (1981). Formou parte da Academia Goncourt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Fillo dun rei inglés, foi convertido pola súa irmá santa Emérita e introduciu o cristianismo na Retia. Morreu lapidado polos pagáns. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é semellante a unha lombriga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Na primeira etapa do seu pensamento, exemplificada en Économie libidinale (1974), propuxo unha relectura do marxismo partindo de Freud. Con La condition post-moderne iniciou unha segunda etapa en que realizou a primeira e máis valiosa descrición da posmodernidade. Outras obras importantes súas son Le différend (1983), Le postmoderne expliqué aux enfants (1986) e L’enthousiasme (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo francés. Descubriu as funcións dos nervios raquídeos e publicou traballos sobre o vómito, o esófago e a deglutición do aire. Tamén introduciu o uso dos compostos de iodo, bromo, estricnina e morfina na medicina xeral. Está considerado un dos fundadores da fisioloxía celular. Das súas obras destaca Journal de physiologie expérimentale (1821-1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor belga. Recibiu a influencia do cubismo e o futurismo (1923) e particularmente de G. De Chirico. Formou o grupo surrealista belga e en París (1927), en contacto co surrealismo francés, alcanzou a plenitude pitórica. A través dunha técnica realista e académica e dun formato monumental produciu efectos perturbadores e inquietantes coas imaxes inconscientes. Destacan as súas obras Le mariage de minuit (1926), L’usage de la parole (1928), La clef des songes (1930) e La colère des dieux (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés, irmán de Joseph de Maistre. Publicou Voyage autour de ma chambre (1794) e algunhas novelas que xa anunciaban o romanticismo, como La jeune sibérienne (1825).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Foi o poeta oficial da corte de Enrique IV e a súa obra Poésies (1607, 1609 e 1615) constituíu unha ruptura co humanismo literario do s XVI e con La Pléiade. En Remarques sur Desportes (1606) expuxo os principios do seu ideal poético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista francés. Na súa obra Traité de cristallographie géométrique et physique formulou unha teoría orixinal para explicar as propiedades ópticas dos cristais. Recibiu a Légion d’Honneur (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO