"IBE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 465.

    1. Que ou quen actúa con libertinaxe, entregado a costumes relaxados e a vicios.

      1. Realtico ou pertencente aos libertinos.

      2. Movemento filosófico que se estendeu por Europa Occidental desde finais do s XVI ata a Revolución Francesa. Caracterizouse por rexeitar todo autoritarismo, especialmente o relixioso. A figura filosófica máis destacada vencellada a esta tendencia foi P. Gassendi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao escravo ao que o seu amo lle concedeu a liberdade. En Grecia e Roma, os escravos acadaban a liberdade, pero con limitacións xurídicas e obrigas respecto ao seu amo. Deste xeito, mantiveron as súas antigas ocupacións, e a súa situación cambiou pouco, pero nalgúns casos acadaron unha considerable riqueza e ocupáronse dos asuntos comerciais menosprezados polas grandes familias. Así mesmo, os libertos imperiais, antigos escravos da administración, acadaron unha forza política importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo de navío de carga dunha soa hélice proxectado pola Maritime Commisión de EE UU durante a Segunda Guerra Mundial. A primeira unidade comezouse a construír en abril de 1941 e caracterizouse polo baixo custo, a rapidez na súa construción e a facilidade de manobra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    cabo Boeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, político e etnógrafo. Concelleiro de Pontevedra pola candidatura monárquica nas eleccións municipais de 1931, participou na fundación da Unión Regional de Derechas (URD) en Pontevedra. Elixido deputado en 1933, ingresou en Renovación Española (1934) e foi reelixido deputado   en 1936. Nomeado polos sublevados xefe da Guarda Cívica durante a Guerra Civil Española, escribiu La medicina popular en Galicia (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Gañou en Praga o campionato de Europa en 50 km marcha (1978), especialidade en que tamén conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Moscova (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formou parte da Xunta Local de Defensa na Guerra da Independencia e en 1811 foi deputado pola provincia de Lugo á Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia. Foi cóengo da catedral de Lugo, gobernador eclesiástico e realizou importantes investigacións nos arquivos catedralicios. Sobresaíu como orador sagrado e publicou varios dos seus sermóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia (1533-1580), fillo do duque Carlos III. Entrou ao servizo do Emperador Carlos V en 1545, despois de que Francia invadira o seu ducado en 1536. En 1553 foi nomeado xefe do exército imperial en Flandres e, máis tarde, foi lugartenente xeral de Países Baixos. Nomeado gobernador por Filipe II (1556), derrotou os franceses nas batallas de Saint-Quentin (1557) e Gravelines (1558). En 1559 recuperou o seu ducado e casou coa irmá de Enrique II de Francia, que achegou o ducado de Berry como dote. Organizou o seu estado cunha administración centralista e dotouno dun exército permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Bizancio, filla do Rei Bagrat (ou Pancracio) IV e dunha princesa de Alania-Ossetia. Casou co Emperador Miguel VII Ducas (1065) e pasou a chamarse María. Despois da abdicación de Miguel VII, casou co Emperador Nicéforo III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e psiquiatra. Frecuentou os parladoiros literarios do Café Gijón e integrouse no foro de debate Academia Errante. Comezou na literatura co poemario Grana Gris (1945) e escribiu ensaios, dos que sobresaen Dilthey, Jaspers y la comprensión del enfermo mental (1955) e Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial (1964). Da súa narrativa destacan Tiempo de Silencio (1962), na liña do realismo social e cunha complexidade narrativa considerable, o libro póstumo de contos Apólogos (1970) e a novela inconclusa Tiempo de destrución (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Oriente (582-602). Combateu os persas en Constantina (581) e, grazas á súa vitoria, Tiberio II escolleuno como xenro e sucesor. Reorganizou a administración do imperio e creou os exarcados de Italia e África. Defendeu Italia contra os longobardos, os ávaros e os eslavos, pero foi derrocado e asasinado por unha sublevación militar, apoiada polo Senado, que nomeou emperador o centurión Focas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización económica internacional creada polo tratado de Chaguaramas de 4 de xullo de 1973 que substituíu á antiga Asociación de Libre Cambio do Caribe (CARIFTA). A súa finalidade é a creación dun mercado común entre os estados insulares do Caribe que foron antigas colonias británicas. Está integrado por quince membros plenos e cinco membros asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa dedicada á fabricación de vehículos e tractores nas factorías barcelonesas da Zona Franca e Mataró. Fundada en 1920 como filial da Ford, en 1954 nacionalizouse e en 1965 rompeu coa Ford. A partir de entón comprou Fadisa, Avia, Perkins, Asia e Jeep. A empresa xaponesa Nissan participou nela cun 97% (1994) e pasou a chamarse Nissan Motor Ibérica SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político que xurdiu en Angola o 10 de decembro de 1956. De natureza pro-comunista, enfrontouse ao colonialismo portugués e loitou pola independencia de Angola en colaboración con outras organizacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das organizacións da CNT, FAI e da Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL), que se popularizou durante a Guerra Civil Española (1936-1939) cando estas celebraron repetidamente reunións conxuntas. Un primeiro consello do MLE constituíuse entre febreiro e marzo do 1939 en Perpignan e foi desorganizado por mor da ocupación alemá de Francia (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrado, conde de Peñaflorida. Dirixiu a Sociedad Económica Bascongada de Amigos del País, centro de pensamento ilustrado. Publicou Los aldeanos críticos (1758) e Ensayo de la Sociedad bascongada de amigos del país (1766).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Angola (58.137 km2; 154.000 h [estim 1996]). A capital é Namibe (12.076 h [1970]).

    VER O DETALLE DO TERMO