"Iros" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 271.
-
MONTES
Monte situado no límite entre os concellos de Cervo e O Valadouro. O seu cumio acada os 636 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite dos concellos de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso. O seu cumio acada os 1.474 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Coiro (Cangas). Ten forma de L, con cornixa simple e cunha gran solaina cuberta na fachada norte. Conta con capela integrada no conxunto e pombal e hórreo nas súas proximidades.
-
GALICIA
Político e piloto de rallyes. Foi piloto de automóbiles de competición entre 1955 e 1975, gañador en 54 rallyes, e campión de España en diversas ocasións. En 1969 foi elixido concelleiro de Ourense polo terzo familiar pero o gobernador civil impediu o seu nomeamento polos antecedentes republicanos da súa familia. Participou na formación de UCD en Ourense e foi deputado no Congreso na lexislatura constituínte por UCD (1977-1978). Presidente da Federación Galega de Automobilismo e vicepresidente da Real Federación Española de Automovilismo, en 1968 creou o Rally Internacional de Ourense. Foi galardoado coa medalla de prata ao Mérito Deportivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Ousá e Cotá (Friol). O seu cumio acada os 558 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Rodieiros (Boimorto). Realizado en cachotaría, presenta planta en forma de L cun patio. O acceso realízase a través dun portalón alintelado, enmarcado e coroado. Destaca a súa torre cuadrangular e o escudo do s XVIII.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués, fillo de Gomes Mendes e neto de Mem Pires, primeiro señor de Briteiros. A súa familia era propietaria dun pequeno feudo entre Guimarães e Braga. Activo no segundo cuarto do s XIII, en 1226 era vasalo de Pedro Sanchez na corte leonesa de Afonso IX. O Rei Afonso III nomeouno mordomo-mor, aínda que probablemente morreu ao pouco tempo do nomeamento. Participou no Concilio de León e na sinatura da acta de París, en que o futuro Rei Afonso III de Portugal se comprometía a respectar os privilexios do clero portugués. Famoso por protagonizar o rapto (1227) de Elvira Anes de Maia, filla dos condes de Sousa, unha das familias máis poderosas de Portugal e coa que casou, Martin Soarez dedicoulle unha cantiga de escarnio en que sinalaba a mala defensa das mulleres de alta liñaxe. É autor de dúas cantigas de escarnio, unha delas mutilada, “Joham Fernandiz, aqui é chegado”, en que ataca a Johan Fernandez pola súa vida sexual.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada na parroquia de Barizo (Malpica de Bergantiños).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre as de Nariga e A Robaleira, na parroquia de Barizo (Malpica de Bergantiños).
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Pedras, que nace e desemboca na parroquia de Posmarcos (A Pobra do Caramiñal).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Torés e Nullán (As Nogais). O seu cumio acada os 1.053 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de San Cosme, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-