"Josep" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 326.
-
PERSOEIRO
Atleta. Especialista na proba de marcha, conseguiu a mellor marca mundial en 1979 na proba de 30 km. Foi campión de Europa en 20 km e subcampión en 50 km en Atenas (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Financeiro. Fundou a banca J. Marsans i Rof i Fills, que se converteu en Banca Marsans SA en 1919. En 1910 creou unha sección de viaxes que se converteu na axencia Viajes Marsans SA.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. En 1594 adoptou o nome de Atrevimiento. Foi, moi probablemente, o autor da Segunda Parte de la vida del pícaro Guzmán de Alfarache (1602), co pseudónimo de Mateo Luján de Saavedra, antes de que Mateo Alemán publicara a segunda parte (1604).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. Comezou a publicar en Interviú e La Vanguardia. Participou na fundación de El Jueves (1977) e publicou a tira diaria Quico, el progre no xornal El Periódico, que posteriormente se levou á televisión, onde tamén produciu a serie Historias de la puta mili (Premio Ondas 1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense. Avogado e senador republicano, desde 1947 foi presidente do comité de actividades anti-estadounidenses, que desenvolveu unha campaña, o maccarthismo, que tivo como consecuencia a súa destitución (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial. Durante a Segunda Guerra Mundial axudou a numerosos fuxidos dos países belixerantes a pasar ao exilio. Ao remate da guerra introduciuse na industria turística. A axencia de viaxes co seu nome converteuse nunha das máis importantes organizacións turísticas do mundo, con sucursais en Europa e América, e con hoteis nos principais puntos turísticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico belga. Sacerdote (1874), arcebispo de Malinas (1906) e cardeal (1907), foi profesor en Lovaina (1882), onde fundou o Institut Supérieur de Philosophie (1889) e a Revue Néoscolastique (1894). Entusiasta do movemento neotomista, como demostrou na obra Cours de Philosophie (1892-1894), combateu o cientifismo e o modernismo. Da súa produción tamén destaca Oeuvres pastorales (1911-1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor inglés. Coñecido como Michael Caine, comezou a súa carreira con papeis en dramas televisivos, e posteriormente pasou ao cine. Despois de debutar con A Hill in Korea (1956), interpretou The Ipcress File (1965), The Man Who Would Be King (1975), Hanna and Her Sisters (1986, Oscar ao mellor actor secundario 1987), Blood & Wine (1996, Concha de Prata ao mellor actor), The Cider House Rules (1999, Oscar ao mellor actor secundario 2000), The Quiet American (2002) e Around the Bend (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Orientalista. Especializouse no estudo da ciencia árabe e nas súas relacións coa ciencia europea medieval. Escribiu La poesía sagrada hebraicoespañola (1940) e Las traduciones orientales de la Biblioteca Catedral de Toledo (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escenógrafo e humorista francés, pai de Georges-Victor-Marcel Moinaux. Coñecido como Jules Moinaux, dedicouse sobre todo á realización de óperas cómicas, das que destacan Pepito (1853), con música de Offenbach, ou Le Canard à trois becs (1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Debutou en 1734 como violinista no Concert Spirituel, que dirixiu entre 1735 e 1762. Escribiu ópera, numerosas obras relixiosas, motetes e concertos para violín. Da súa produción destacan Pièces de clavecin en sonates (1734), Les sons harmoniques (1738), Triton et l’Aurore (1753) e Thésée (1765).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e director teatral. Adaptou ao castelán obras de Bertolt Brecht, como La buena mujer de Sezuan. Dirixiu os espectáculos Amics i coneguts ou Proceso a Kafka e publicou os libros Treinta años de teatro de la derecha (1971) e El teatro del 98 frente a la sociedad española (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director teatral. De 1981 a 1988 foi director do Institut del Teatre de Barcelona, para logo pasar ao proxecto Teatre Lliure. Como actor participou nas obras Primera història d’Esther (1962), El mercader de Venecia (1964) ou Tirant lo Blanc (1969). Como director traballou en Antígona (1978), Kean (1985) ou El manuscrit d’Ali Bei (1988, Premio da Asociación de Directores de Escena).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor francés. Xunto co seu irmán Jacques Étienne Montgolfier (Vidalon-lès-Annonay 1745 - Serrières 1799), interesouse polos problemas do voo e orientou as solucións cara á construción de aparatos máis lixeiros ca o aire. Os dous construíron un globo de 20 m3 que fixeron subir mediante aire quente en Annonay o 5 de xuño de 1783. Despois de perfeccionar o seu invento, o 21 de novembro de 1783 efectuaron en París a primeira ascensión tripulada da historia. En 1783 foron nomeados membros correspondentes da Académie des Sciences.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Nas súas obras reflectiu a súa personalidade autocrática e egocéntrica. As súas experiencias en España valéronlle para escribir Le relève du matin (1920), Le songe (1922) e Les Olympiques (1924). Tamén publicou a tetraloxía Les jeunes filles (1936-1939) e os libros Le Rose de sable (1951), Le chaos et la nuit (1963) e Un assassin est mon maître (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Discípulo de Conrado del Campo, a súa produción sinfónica comprende a Simfonia d’estampes llevantines, a Sinfonía Esopo (1972) e varias obras de cámara. Recibiu o Premio Nacional de Música en 1928 e 1934.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, marqués de La Fayette. Foi comandante da Garde National de París (1789) e liderou o grupo de políticos moderados que intentou, sen éxito, un compromiso coa monarquía. Finalmente, enfrontouse co pobo no fusilamento do Camp de Mars (17 de xullo de 1791), feito que lle fixo perder definitivamente a popularidade. Na época da Restauración, foi unha das cabezas visibles do liberalismo e interveu nas accións que levaron á Revolución de 1830.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Foi xefe de orquestra da Academie Royale de Musique (1914) e colaborou durante 20 anos co Nouveau Théâtre Italien du Palais-Royal. Compuxo óperas cómicas, motetes, sinfonías, o ballet Les fêtes de Thalie (1714) e as óperas Les amours des dieux (1727) e Le triomphe des sens (1732).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo. Estudou na Columbia University, onde obtivo o doutorado en 1916 sobre o entrecruzamento xenético. Contribuíu á localización cromosómica de moitos xenes e foi un dos creadores da xenética moderna. Demostrou que a irradiación con raios X aumenta a taxa de mutacións nos organismos, o que serviu para apoiar que as mutacións, xunto coa selección natural, son as bases da evolución. En 1946 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, polos seus estudos sobre mutacións inducidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Deuse a coñecer con Torna un home (Premi Maragall, 1955), se ben a súa obra máis importante é Antígona 66 (Premio J. M. de Sagarra, 1965), en que desenvolve o mito cunha intención cívica. Tamén presentou os espectáculos Somni de mala Lluna (1991, Premi de la Crítica Serra d’Or 1992) e Anar i tornar de la taverna Pilsen (1995).
VER O DETALLE DO TERMO