"López" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 371.

  • GALICIA

    Sindicalista. Desde 1923 presidiu a Federación Provincial Agraria (FPA) e a Confederación Rexional de Agricultores Gallegos (CRAG). Integrouse na ORGA no período 1930-1931. Publicou Abolición de foros, censos y otras rentas de origen señorial (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Director da Escuela de Arquitectura de Madrid desde 1923, dirixiu o equipo de arquitectos que fixo a cidade universitaria de Madrid. A súa obra mestura elementos secesionistas e historicistas, pero tendeu á simplificación ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Perito agrícola e xornalista. Foi profesor da Escola Normal de Pontevedra e defendeu a necesidade do ensino agrícola elemental e, sobre todo, a conveniencia de que cada escola dispuxese dun xardín. Publicou Los jardines escolares (1925) en que informa do xardín escolar dirixido por el en Fornelos (Pontevedra) desde 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Tras ordenarse sacerdote foi nomeado para a coenxía maxistral da Catedral de Lugo (1880). Bispo de Jaca (1904) e arcebispo de Tarragona (1913), foi senador do reino. A partir de 1892 foi membro da Real Academia de la Historia. Como historiador, escribiu Sermón del Apóstol Santiago (1890), Las aras de la Catedral de Lugo (1892), El Darwinismo y la Ciencia (1893), Historia del Seminario de Lugo (1894) e La prensa como arma de combate (1910), e outras de carácter filolóxico como La poesía de Feijoo (1899) e Los escritos de Sarmiento (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e investigador. Licenciado e doutor en Filoloxía Clásica pola Universidad de Salamanca, é catedrático de Filoloxía Latina na Universidade da Coruña. Director xeral de Universidades da Xunta de Galicia desde 1997, foi bolseiro da Deustcher Akademischer Austauschdienst e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, onde traballou na recolleita da documentación latina de Galicia entre os ss VIII e XIV. Dirixe no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades o proxecto de elaboración do Corpus Documentale Latinum Gallaeciae. Da súa produción destacan O primeiro espertar cultural de Galicia (1989), Exeria. Viaxe a Terra Santa (1991), Códice Calixtino: O libro do peregrino (1993) e Cultura, relixión e superstición na Galicia sueva: Martiño de Dumio   “De correctione rusticorum” (1997). En 1994 recibiu o Premio Taboada Chivite de investigación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Presidiu o Círculo das Artes de Lugo desde 1905 e pouco despois foi elixido alcalde de Lugo. Cesado en 1910, volveu ser alcalde en 1913 e militou no Partido Liberal. Reelexido en 1917 e 1922, despois dunha interrupción entre 1923 e 1927, volveu á alcaldía ata 1930. Durante a Segunda República foi presidente da Unión Regional de Derechas (URD) de Lugo, integrada na CEDA. Nas eleccións de 1933 foi elixido deputado polo Partido Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista e político. Coñecido como Milucho, foi membro fundador do sindicato Comisións Labregas (1976) e secretario xeral entre 1982 e 1989. Deputado do BNG no Parlamento de Galicia na IV, V e VI lexislaturas, foi o voceiro do seu partido na Comisión de Agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Foi presidente da Asociación de Produtoras de Cine e Vídeo de Galicia e crítico de La Voz de Galicia. En 1973 fundou, xunto con Félix Casado e Luis Gayol, o grupo de cineastas afeccionados Imaxe, en que permaneceu ata a súa disolución en 1980, ano no que dirixiu Malapata, a primeira longametraxe galega. Traballou en diversos apartados do audiovisual, desde a produción de anuncios publicitarios ou curtametraxes como Circos (1979), ata o guión, a dirección de documentais industriais e de obras de ficción como Illa (1976), a súa primera obra en formato estándar, Embarque (1984) ou a longametraxe Urxa (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Fundou e dirixiu a serie monográfica Cuadernos Valencianos de Historia de la Medicina y de la Ciencia (1962) e o repertorio bibliográfico Índice Médico Español (1965). Das súas obras destacan Panorama histórico de la ciencia moderna (1963) en colaboración con P. Laín Entralgo, The Historical Origins of the concept of Neurosis (1976) e Dicionario biográfico de la ciencia moderna en España (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Presidente do Centro Republicano compostelán durante a monarquía, foi elixido alcalde nas eleccións municipais de abril de 1931. Militante da ORGA, en xullo de 1932 convocou unha asemblea de municipios de toda Galicia para a elaboración do proxecto de Estatuto de Galicia (1932). Foi un dos membros fundadores do Partido Nacional Republicano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista, avogado e militar. Foi tenente de alcalde da Coruña na década de 1940. Trala súa retirada do exército co grao de comandante (1953), foi secretario xeral do Banco de La Coruña (1957-1970). Despois da absorción desta entidade polo Banco de Bilbao, pasou a representalo nos consellos de administración de SODIGA, SIDEGASA e GADEX. Dirixiu o Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e foi presidente da Coral Polifónica Follas Novas. Publicou diversos traballos e estudios en que realizou unha análise de Galicia, entendida como unidade económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Licenciada en Belas Artes e catedrática de instituto, participou en numerosas exposicións individuais e colectivas. Asina as súas obras co pseudónimo Calabuig-Prado tralo seu matrimonio co pintor Jesús Calabuig Roig, co que realizou obra conxunta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi sacerdote (1916), misioneiro en Marrocos e colaborador en varias publicacións. Escribiu Memoria sobre la Misión Franciscana de Marruecos (1924) e La Obra Misionera de España en Marruecos [...] (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Entrou no servizo diplomático da Santa Sé en 1985 e traballou como secretario nas representacións pontificias de Madagascar, Filipinas e India. En 1989 foi designado asesor para asuntos xerais do Secretario de Estado, en decembro de 2002 arcebispo de Agropolis e en 2003 nuncio apóstolico en India e Nepal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso mercedario. Ordenouse sacerdote (1951) e foi fundador e promotor do proxecto educativo Escuela de Pensamiento y Creatividad (1987). Publicou Metodología de lo suprasensible (1963), Análisis estético de obras literarias (1982) e El Espíritu de Europa: claves para una reevangelización (2000). Membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas (1986), pertence ao Consello Directivo do Council for Research in Values and Philosophy (Washington) e foi cofundador e colaborador do Seminario de Filosofía Xabier Zubiri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Coronel de artillería, foi delegado en Ferrol de El Correo Gallego (1949-1959) e dirixiu a emisora de radio La Voz de Ferrol (1950-1963). Alcalde de Ferrol, foi procurador en Cortes en representación dos concellos da provincia da Coruña (1959-1963) e gobernador civil da provincia de Ourense (1963-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guionista e locutor radiofónico. Ademais de colaborar en diversas publicacións periódicas, foi coordinador e editor do fanzine Valiundiez (1984-1986) e da revista Das Capital (1989-1990). A súa obra Cartografía (1994) foi finalista do premio Esquío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formou parte da Xunta Local de Defensa na Guerra da Independencia e en 1811 foi deputado pola provincia de Lugo á Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia. Foi cóengo da catedral de Lugo, gobernador eclesiástico e realizou importantes investigacións nos arquivos catedralicios. Sobresaíu como orador sagrado e publicou varios dos seus sermóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. A partir de 1975 comezou a colaborar coa axencia EFE en Santiago de Compostela, onde exerceu como xefe de sección e director (1989-1997). Promotor e director da revista comarcal Beiramar, colaborou co Consello da Cultura Galega, coa Universidade de Santiago de Compostela e coa Gran Enciclopedia Gallega. Publicou o estudo “Prestige, a crónica inmediata” no volume colectivo Prestige, a catástrofe que despertou a Galiza? (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilusionista. Máis coñecido como O Mago Antón, iniciou a súa actividade escénica co grupo Valle-Inclán de Lugo, para despois dedicarse por completo aos espectáculos de maxia, que sempre tiveron un marcado carácter teatral. En 1977 creou o personaxe de Facundo, unha marioneta á que el lle pon voz. En 1985 constituíu a empresa Producións Máxicas, coa que produciu o espectáculo Merlín e familia, ao que seguiron outras propostas, como o espectáculo multimedia Vía Láctea (1993), Insólito por Antonomaxia (1995), Fugas e soños (1996), En clave de maxia (1998), en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia e 2001 ilusións (2001). En 1989 foi nomeado Lucense do ano e en 2003 foi galardoado co Premio da Crítica Galicia no apartado de Galego Egrexio.

    VER O DETALLE DO TERMO