"Lacio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 275.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de implantación e formación dun pedículo.
-
-
Movemento da auga no solo, con transporte de substancias disoltas ou en suspensión a través das partículas de terra que fan de filtro.
-
Extracción solido-líquido, especialmente a de tipo descontinuo. Xeralmente consiste na extracción dun dos constituíntes dun material moído e inmóbil a través de que circula o solvente. É, polo tanto, un tipo de lixivación.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León (180 h [2001]), situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Do seu patrimonio destaca a igrexa barroca de Santa María Magdalena e as ermidas de San Miguel e do Socorro, ambas as dúas románicas de transición.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de postular.
-
-
Petición de dispensa que fan os capitulares dunha igrexa á autoridade relixiosa competente con vista ao nomeamento dun prelado que, por un impedimento canónico ou por ser prelado doutra igrexa, necesita a dispensa para obter o cargo.
-
Demanda de esmola por parte dos relixiosos designados para este oficio pola súa orde ou a súa congregación, de acordo coas normas do dereito canónico.
-
-
Capacidade procesual esixida pola lei para que as partes poidan exercer validamente perante os tribunais as súas pretensións, que comprenden a defensa do avogado e a representación do procurador, dos que nalgúns casos se permite prescindir.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no cume homónimo en Lhasa, no Tibet. Foi a antiga residencia do Dalai Lama. O conxunto foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994, denominación ampliada en 2000 e 2001.
-
-
Preferencia ou antelación con que unha persoa, cuestión ou cousa, se debe tomar en relación a outra con que se compara.
-
Orde legal de preferencia que lle dá dereito ao acredor, que non puido asegurar os seus créditos cos bens embargados, a actuar primeiro contra un grupo de bens antes de pasar ao seguinte.
-
Orde legal de preferencia con que se deben satisfacer os diversos créditos concorrentes no caso de execución forzosa dun debedor moroso ou insolvente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento metalúrxico de obtención de ferro industrial ou de aceiro de baixo contido de carbono, xa en desuso. Foi inventado en 1787 polo inglés Cort (1740-1800). Nun forno de reverberación, engádeselle unha escoura ferruxinosa ao baño de ferro coado líquido. O carbono elimínase e as impurezas acumúlanse na escoura, que se separa do ferro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de pulular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso polo que se forma un quelato, entre o ión metálico e un ligando bidentado ou multidentado. Supón un cambio notable das propiedades dos ións que a sofren, especialmente no que respecta á coloración e á condutividade eléctrica.
-
GALICIA
Eclesiástico. Formouse no Seminario de Ourense e ordenouse sacerdote en 1922. Foi ecónomo da parroquia de Santiago de Campobecerros en Castrelo do Val (1922-1923) e coadxutor na parroquia de Santa Eufemia a Real do Norte en Ourense (1923-1925). Doutorouse en Teoloxía na Universidade Pontificia de Santiago (1925) e licenciouse en Sagradas Escrituras no Pontificio Istituto Biblico de Roma (1928). Durante a súa estancia en Ourense, foi ecónomo da parroquia de Santa María de Razamonde (Cenlle), profesor e director espiritual do seminario, ecónomo e despois párroco de Santa Eufemia a Real do Norte e consiliario da Acción Católica. Formou parte dos movementos culturais galeguistas xunto con V. Risco, F. L. Cuevillas, R. Otero Pedrayo, X. Lourenzo e X. Ferro Couselo. Co pseudónimo de F. Pazos publicou varios artigos en galego na revista Logos. Fundou a folla Verdad y Vida, de temátiva relixiosa, escrita en castelán pero con entradas en galego. Foi cóengo lectoral da catedral de Valladolid...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1730 cando a Junta de Jurisprudencia Práctica comezou a reunirse en Madrid aínda que se recoñeceu oficialmente mediante a Real Cédula de 20 de febreiro de 1763 coa que naceu de Real Academia de Leyes de Estos Reynos y de Derecho Público, coa advocación de santa Bárbara. Fernando VII recoñeceuna oficialmente como Academia de la Purísima Concepción e en 1826 dividiuna nas corporacións de Carlos III e a de Nuestra Señora del Carmen, máis tarde chamada de Fernando VII. María Cristina das Dúas Sicilias dispuxo en 1836 que ambas as dúas se reuniran de novo baixo a antiga advocación de Nuestra Señora de la Concepción, cambiando o seu nome en 1838 polo de Academia Matritense de Jurisprudencia y Legislación, data en que comeza un dos períodos máis fecundos da academia ata a Revolución de 1868. En 1882 recuperou o apelativo de real. En 1946 reorganizouse, e incorporouse ao Instituto de España. Dedícase ao estudo teórico e práctico da lexislación e á xurisprudencia e fomento...
-
-
Acción e efecto de recapitular.
-
Termo usado na Epístola aos Efesios para indicar o misterio de Xesús Cristo como cabeza de todo, onde se reúnen de novo todas as cousas do Ceo e da Terra.
-
Teoría proposta en 1783 por Kelmeyer, que foi adoptada no s XIX por outros homes de ciencia, como Haeckel, quen a impulsou novamente e lle deu o nome de lei bioxenética fundamental, postulando que a ontoxénese reproducía a filoxénese.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de recompilar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de reformular.
-
-
Acción e efecto de regular ou regularse.
-
Modo de funcionamento dun aparato que consiste en comparar a magnitude que se regula e a magnitude da diferenza para que os dous valores sexan canto máis aproximados mellor. A regulación pode ser manual ou automática; esta última lévase a cabo mediante un regulador.
-
Propiedade xeral dos óvulos animais e dos embrións novos para resolver deficiencias ou integrar células excedentes.
-
-
Capacidade dunha célula, dun tecido ou dun organismo para reaccionar ante diversos estímulos, con tendencia a limitar as perturbacións que se puidesen derivar e en manter o equilibrio fisiolóxico dentro duns límites de tolerancia.
-
regulación celular
Mecanismo de control do metabolismo da célula que ten a función de poñer en marcha e deter a produción de proteínas, enzimas e produtos de secreción para que non se desprenda enerxía na síntese de moléculas mentres non sexa necesario facelo.
-
-
Conxunto de obras fluviais, como por exemplo espigóns, diques, canalizacións ou pequenas presas, feitas para evitar as inundacións ou manter o réxime dun curso de auga dentro duns límites.
-
Operación encamiñada a deixar no estado e na posición orixinal ou normal todas as pezas dunha máquina ou dun mecanismo que tenden a variar as súas posicións relativas co funcionamento prolongado.
-
-
Corrección ou axuste do funcionamento dun aparato, dunha máquina, dun mecanismo ou da marcha dun proceso para obter un resultado determinado ou o máximo rendemento.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de reinstalar ou de reinstalarse.
-
-
-
ínculo real ou imaxinario que se establece entre dúas ou máis cousas.
-
ínculo que existe ou que se supón que existe entre dúas ou máis cousas, conceptos ou xuízos, de forma que establecido un deles hai que pensar á vez no outro ou nos outros, e viceversa. Para Aristóteles era unha categoría e definiuna como a referencia dunha cousa a outra. Entre os escolásticos abranguía un campo moito máis amplo de modalidades e subdivisións. Nesta liña Eduard von Hartmann fixo da relación unha categoría fundamental (Urkategorie) que incluía as outras. Hai que destacar a distinción tradicional entre a relación lóxica e a ontolóxica ou real, onde a escolástica distinguiu entre relación increada e creada, e entre relación transcendental, a que non constitúe a cousa senón que segue a esencia da cousa en que se inclúe, e predicamental, refencia real dunha cousa a outra. A clásica comprensión metafísico-ontolóxica da relación cedeu lugar, en Kant, a unha concepción prioritariamente gnoseolóxica daquela. Polo...
-
ínculo entre varios elementos dun conxunto. Para precisar esta idea intuitiva, defínese a relación (R) como calquera subconxunto dun produto cartesiano de dous conxuntos A e B. O tipo de relación máis frecuente é aquela en que n = 2, chamada relación binaria, que é un subconxunto de A×A. Unha relación binaria é chamada simétrica se cada vez que a R b, tamén se cumpre b R a; é antisimétrica se nunca se cumpre a R b e b R a á vez; é reflexiva se sempre é a R a; e é transitiva se cada vez que a R b e b R c resulta que a R c. Unha relación que é á vez reflexiva, simétrica e transitiva é unha relación de equivalencia, mentres que se é á vez reflexiva, antisimétrica e transitiva é unha relación de orde. Defínese tamén o concepto de relación inversa.
-
relación de transformación
Relación entre as tensións alta e baixa (ou entre as correntes correspondentes aos circuítos de tensión baixa e alta) nun transformador.
-
relación xurídica
ínculo de dereito existente entre dúas ou máis persoas (sociedade) ou unha ou máis persoas cunha cousa ou máis.
-
-
-
Feito de establecer un vínculo de coñecemento, actividade ou interese entre dúas ou máis persoas, entidades ou grupos sociais.
-
relacións de produción
ínculos das persoas arredor do proceso de produción de bens materiais. Baixo esta interpretación, presente na análise de Karl H. Marx, as relacións de produción establécense no proceso de traballo, é dicir, no proceso de acción do home sobre a natureza, e modélanse segundo o nivel histórico das forzas produtivas. As relacións sociais de produción refírense ás formas de propiedade dos medios de produción, á situación que no proceso de produción ocupan as clases e os grupos sociais, ás relacións mutuas establecidas entre eles e ás formas de distribución do que se produce.
-
relacións diplomáticas
Relación oficial que dous estados ou gobernos establecen ou manteñen entre eles mediante os seus representantes diplomáticos. Os órganos centrais desta relación son os xefes de estado e os ministros de Asuntos Exteriores, e os órganos periféricos son os axentes diplomáticos e os cónsules. Están reguladas polos convenios de Viena de 1961 e 1963, ratificados por España.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incunable publicado posiblemente en Monterrei na segunda metade do s XVI. Editado por Gonzalo Rodrigo de la Passera en folla voante a dúas columnas e con letras góticas e capitais gravadas en madeira, non leva nin lugar nin data de edición, polo que deu lugar a grandes dúbidas. Consérvase un exemplar copiado no Archivo Histórico Nacional de Simancas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
relacionable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode relacionar.