"Lucí" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

  • Lugar da parroquia de Saiáns, capital do concello de Moraña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado ao SL da illa de Gran Canaria (47.652 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Sebastiano del Piombo, foi discípulo de Giorgione. Participou na decoración do Fondaco dei Tedeschi en Venecia. En 1511 trasladouse a Roma, onde traballou dentro da órbita de Raffaello como nos frescos mitolóxicos da Farnesina, e, a partir de 516, colaborou a miúdo con Michelangelo. As súas obras amosan o propósito de unificar a melancolía e a cor venecianas (Pietá) co dramatismo espiritual e a monumentalidade de Michelangelo. Destacan La Risurrezione di Lazzaro (1517-1519), Nativitá della Virgine e o retrato de Andrea Doria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, filósofo e político. Os seus mestres eclécticos iniciárono na práctica de doutrinas austeras e exerceron sobre el unha influencia intelectualmente moi profunda que configuraron o seu estoicismo, humanizado polo sentimento e a unidade de estilo e de pensamento que liga a súa obra. Comezou a carreira de dereito que abandonou pola envexa de Calígula. Consagrouse á filosofía e ás letras, frecuentou a alta sociedade e converteuse en home desexado pola xente refinada. Foi acusado de adulterio e condenado a morte polo Senado, pero Claudio impediu que a sentenza se cumprise, e foi exiliado a Córsega. Volveu como preceptor de Nerón e comezou a súa época política. Ao desatarse a crueldade de Nerón retirouse dos asuntos públicos, pero non atopou a tranquilidade que desexaba. Suicidouse por orde do emperador. Nas súas obras rompeu co período ciceroniano e empregou unhas frases en que predomina a brevidade, a repetición, a asimetría e a antítese, cun estilo cheo de observación psicolóxica....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Foi inspector de ensino primario e traballou, sobre todo, en Ferrol e Santiago de Compostela. Escribiu sobre cuestións educativas e tratou temas como a escola rural e a organización e promoción das colonias escolares. Organizou e promoveu o Padroado de Colonias de Ferrol desde 1924. Foi destituído do cargo de inspector en 1936 e dedicouse ao ensino privado na cidade da Coruña a través da academia Galicia. Das súas obras destacan La escuela rural y la población agrícola (1904), Concepción Arenal en el aspecto pedagógico (1924) e Historia de las escuelas normales de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da historia de España que comprende desde a revolución de setembro de 1868, en que foi derrocada Isabel II, ata a restauración dos Borbóns na persoa do seu fillo Afonso XII en 1874. A dialéctica política do Sexenio comprende tres fases; as xuntas revolucionarias e o goberno provisional, a monarquía constitucional de Amadeo I e a Primeira República Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luca Marineo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lucio Cornelio Sula.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mestura en que os compoñentes se distribúen homoxeneamente en toda a extensión do sistema. Nos sistemas binarios, adoita denominarse soluto o compoñente minoritario, e disolvente ao maioritario, clasificación que se pode estender aos sistemas de máis compoñentes. En función do estado físico en que teñen lugar, distínguense as solucións sólidas, líquidas e gasosas. As solucións sólidas fórmanse mediante a interpenetración das redes cristalinas dos compoñentes e a súa formación esixe a existencia de estruturas cristalinas idénticas. Os seus compoñentes poden ser parcial ou totalmente miscibles; neste último caso, desde un punto de vista termodinámico e segundo as curvas do equilibrio sólido-líquido, pódense clasificar en solución sólidas continuas, cun punto de fusión que evoluciona proporcionalmente á concentración dos compoñentes; solucións sólidas con punto de fusión máximo, que son máis ben raras; e as solucións sólidas con punto de fusión mínimo...

      2. solución hipertónica

        Solución que ten unha presión osmótica superior ca a outra disolución de referencia. OBS: Tamén se denomina solución hiperosmótica.

      1. Acción de resolver un problema ou unha cuestión.

      2. Aquilo que resolve un problema ou unha cuestión.

      3. resultado.

      1. Interrupción nunha continuidade dunha cousa.

      2. Separación, división ou dislocación de partes continuas, como é o caso, por exemplo da fractura dun óso.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • solucionable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode solucionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resolver un problema dándolle unha solución.

    2. Chegar unha cousa á súa solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricio romano, sobriño de Tarquinio o Soberbio. Casou con Lucrecia e foi, con Lucio Xuño Bruto, un dos primeiros cónsules, en 509 a C. A morte da súa dona deu pé a unha revolta que acabou coa monarquía dos Tarquinios e deu lugar á república.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Quinto rei de Roma (616? a C - 579 a C), fillo de Damarato de Corinto e dunha muller etrusca. Foi a Roma e cambiou o seu nome orixinario Lucumon polo de Tarquinio. Sucedeu ao Rei Anco Marcio á súa morte e fíxose chamar rei do pobo. Venceu os latinos, os sabinos e os etruscos e distinguiuse como bo reformador. Emprendeu grandes obras públicas, como o secado do foro por medio da Cloaca Máxima, ou a construción do Circo Máximo. Foi asasinado por mandato dos fillos de Anco Marcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lacio s VI a C - Cumes s VI a C) Derradeiro rei de Roma (534-510 a C), fillo ou sobriño de Tarquinio Prisco. Conseguiu o reino ao morrer Servio Tulio. Perseguiu os senadores, oprimiu o pobo e afirmou a hexemonía de Roma sobre os outros pobos do Lacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Traballou en El Diario Universal e La Mañana e foi redactor xefe de El Fígaro, e correspondente en Lisboa, Roma e París. Escribiu as novelas Charla. Críticas al día (1912), La vida a distancia (1923), Mi amigo el soldado Kanya (1943) e Amores de las reinas de España (1944), e relatos curtos, traducións e biografías de persoeiros relevantes da época, como Honor y amor al mar: cuatro vidas de navegantes españoles: el Duque de Osuna, Francisco Ribera, el Marqués de la Victoria, Pedro Alonso Niño (1945) e Políticos del siglo XIX (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de translúcido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que deixa pasar a luz pero non ver con nitidez os obxectos ao seu través.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar pasar a luz pero sen permitir ver con claridade.

    2. Deixar adiviñar unha cousa sen dicila claramente.

    VER O DETALLE DO TERMO