"MIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 424.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar liberdade aos escravos, servos ou presos.
-
PERSOEIRO
Erudito e escritor. Foi investigador do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), en Madrid. Especializado na historia da filosofía e na ideoloxía política dos ss XVI e XVII, elaborou diversas edicións críticas de obras de G. D. Campanella, J. Althusius, Guillerme de Ockham, H. Grotius e G. W. Leibniz. Escribiu, en colaboración con M. Morán, Tratados internacionales de España: Carlos V (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ola de metal con asas e tapadeira axustada.
-
Cavidade formada no leito dos ríos ou torrentes polas rochas, que erosionan ao seren arrastradas pola corrente do río.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que traballa como axudante de cociña, especialmente nun barco.
-
PERSOEIRO
Escritora estadounidense. En 1940 acadou un grande éxito coa súa primeira novela The Heart is a Lonely Hunter (1940). Tamén publicou Reflections in a Golden Eye (1941), cunha versión cinematográfica de John Houston (1967), e o libro para nenos Sweet as a Pickle, Clean as a Pig (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e construtor aeronáutico. En 1928 fundou en Milwaukee a J. S. McDonell Jr and Association e, en 1939, creou a McDonnell Aircraft Corporation.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. É doutor en dereito pola Universidade de Leningrado, na que impartiu clase entre 1990 e 1999. A partir tamén de 1990, e durante cinco anos, foi conselleiro do Presidente do Concello Municipal de Leningrado. Compaxinou estas actividades con diversos postos nas empresas forestais máis importantes de Rusia, entre elas Bratsk e na gasística Gazprom. En 1999 trasladouse o Kremlin como protexido de Vladimir Putin, que foi elixido presidente de Rusia no ano seguinte. Medvedev é nomeado xefe da Administración en 2003 e dous anos despois, viceprimeiro ministro responsable de programas sociais. No 2008 Putin retírase e Medvedev gaña con facilidade as eleccións presidenciais e nomea a Putin primeiro ministro do seu goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico ruso. Estableceu unha clasificación periódica dos elementos químicos coñecidos nese momento (63), que dispuxo por orde crecente de pesos atómicos. O primeiro esbozo (marzo de 1869) foi seguido por unha clasificación máis esmerada (xaneiro de 1871), que non é moi diferente da táboa periódica moderna. Grazas a esta, púidose fixar con exactitude o peso atómico e as propiedades físico-químicas dalgúns elementos e prever a existencia doutros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e crítico ruso. Foi o autor do manifesto do simbolismo ruso e escribiu tamén novelas históricas, como a triloxía Khristos i Antikhrist (Cristo e Anticristo, 1894-1904), que relatan os acontecementos cunha visión místico-relixiosa, e obras de crítica literaria, como Tolstoj i Dostojevskj (1901), onde define os dous escritores como os profetas da carne e do espírito, respectivamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro aeronáutico alemán. Estudou enxeñaría en Múnic e despois de deseñar veleiros e planadores, dedicouse á fabricación de avións civís en Bamberg. A partir de 1927 foi enxeñeiro principal en Bayerische Flugzeugwerke AG, que contribuíu á creación dos cazas alemáns. Despois da guerra, traballou no Estado español na empresa CASA. En 1969 construíu en Alemaña a Messerschmitt-Blohm GmbH.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Massachusetts Institute of Technology.
-
-
Sistema de repartición do traballo, establecido polos incas e reintroducido polos españois tras a colonización, que organizaba os indios en quendas para o traballo forzoso.
-
Tributo que pagaban os indios de Perú.
-
-
-
Cada unha das dúas partes iguais en que se divide un todo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Con arte e con engano vívese a metade do ano; e con engano e arte, vívese a outra parte. Cando a Candeloira chora, metade do inverno vai fóra”.
-
Punto de algo ou dalgunha cousa que equidista dos seus extremos.
-
-
CIDADES
Cidade do ken de Toquio, situada na illa de Honshū, Xapón (167.268 h [1997]). Situada a 20 km da cidade de Toquio, forma parte da aglomeración urbana desta cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo reino de Oriente Medio (1560?-1350? a C), centrado na Alta Mesopotamia. A súa poboación era hurrita, foi dirixido por unha aristocracia militar indoaria, a dos maryanna, que practicou de 1560 a 1450 a C unha política antiexipcia para o control de Siria, e de 1450 a 1350 a C, unha política antihitita. O Rei Parattarna (1545?) someteu Alalakh (Siria) e Kizzuwadna (Cilicia). Baixo Saustatar (1500?), acadou o seu apoxeo estendéndose do Tauro ao Zagros e dos Amanus ata Al-Biqā’, aínda que foi nese momento cando Tutmosis III invadiu o reino (1472). Artatama I (1450) iniciou a política proexipcia e antihitita, pero Tušratta (1395?-1355 a C) foi atacado por Šuppiluliumaš I e perdeu a capital (1355), Waššukkani. Finalmente foi sometido polos hititas.
-
PICOS
Pico de EE UU, situado en Black Mountain, no estado de Carolina do Norte. É o cume máis elevado dos Apalaches, con 2.037 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano australiana. Coñecida como Nellie Melba, estudou canto en Melbourne e París. Especialista en coloratura, actuou en moitas óperas líricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. Traballou no Atlanta Journal (1922-1926) e escribiu unha única obra, Gone With the Wind (1936, premio Pulitzer, 1937), dun grande éxito, que foi levada ao cine en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico inglés. Estudou na Cambridge University, onde se doutorou en 1950. Conseguiu clarificar como o ADP se transforma en ATP nas mitocondrias, mediante fosforilación oxidativa, e determinou como actúan os enzimas que interveñen nesta conversión. Recibiu o Premio Nobel de Química (1978), polos seus traballos sobre os mecanismos de transferencia da enerxía química nos sistemas vivos, que o levaron á formulación da teoría quimioosmótica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista estadounidense. Autor da primeira análise sobre o ciclo económico, baseada na recollida dun gran número de datos, propugnou a aplicación do método estatístico na análise dos fenómenos económicos. Escribiu Business Cycles (1927) e Measuring of Business Cycles (1946).
VER O DETALLE DO TERMO