"Martin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Tentou expresar os contrastes do cheo e o baleiro con cordel e madeira. Tratou os temas do Grand Dragon (1947) e La Nuit (1951), e con Les estances (1962) creou unha serie de labirintos habitables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor suízo. Discípulo de C. Frank e Ravel, cara a 1930 empregou o método dodecatónico, que intentou unir coas relacións tonais. Escribiu un concerto para piano e orquestra (1934), unha sinfonía concertante (1945) e un concerto para violín e orquestra (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de J. P. Laurens en París, adoptou o divisionismo, sen abandonar o mundo da arte oficial. Alternou o naturalismo cun simbolismo místico e foi autor de grandes conxuntos murais no Hôtel de Ville e na Sorbonne de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Instalouse en Londres en 1806 e expuxo na Royal Academy desde 1811. A súa obra Joshua Commanding the Sun to Stand Still (1816) converteuno no prototipo do paisaxista romántico que culminou con The Great Day of his Wrath (1852), The Final Judgement (1853) e The Plains of Heaven (1853). Inspirouse tamén en temas espectaculares da Antigüidade clásica e ilustrou o Paradise Lost de Milton (1824-1827).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Martín Iglesias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Comezou no gravado, dedicación que abandonou pola fotografía en 1884 para abrir o seu propio estudo en Londres (1899). Especializouse en fotografar a vida cotiá da cidade, sobre todo nas situacións de ocio dominical. Foi o primeiro que realizou fotografías nocturnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro francés. Perfeccionou o xerador de Siemens e desenvolveu un procedemento para obter aceiro de máis calidade a partir de ferro e ferralla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista e adestrador. Xogou no Pontevedra C.F., no C.D. Lugo e no Real Betis. Foi internacional absoluto nunha ocasión e, logo adestrou diversos equipos, entre os que destaca o Pontevedra C.F e a U.E. Lleida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e psiquiatra. Frecuentou os parladoiros literarios do Café Gijón e integrouse no foro de debate Academia Errante. Comezou na literatura co poemario Grana Gris (1945) e escribiu ensaios, dos que sobresaen Dilthey, Jaspers y la comprensión del enfermo mental (1955) e Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial (1964). Da súa narrativa destacan Tiempo de Silencio (1962), na liña do realismo social e cunha complexidade narrativa considerable, o libro póstumo de contos Apólogos (1970) e a novela inconclusa Tiempo de destrución (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de obtención de aceiro descuberto simultaneamente, con pequenas variacións, por Pierre Martin e por Siemens. Neste procedemento a escoura que se forma entre o baño metálico e a atmosfera oxidante do forno fan de vehículo portador de osíxeno. Pódense obter diferentes tipos de aceiro a partir da fusión de ferro e de ferralla, e o procedemento pode ser ácido se o revestimento do forno é de silicio, ou básico se é de dolomita ou magnesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente. Segunda esposa de Heraclio I, cando morreu o seu fillastro Constantino III Heraclio (641), asumiu a rexencia en nome do seu fillo, Heraclio II, ao que posteriormente asociou ao trono, aínda que foron depostos ao pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que pertence á serra do seu nome, situado na parroquia de Vales (San Cristovo de Cea). O seu cumio acada os 1039 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir, filla dun cónsul romano. Foi condenada a martirio en tempos do Emperador Alexandre Severo por negarse a sacrificar o deus Apolo no seu templo. É patroa de Roma e a súa festividade celébrase o 30 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso situado no alto Miño que discorre en dirección N-SO a partir da serra do Faro. Esténdese polos concellos de Carballedo e San Cristovo de Cea. As altitudes oscilan entre os 800 e os 1039 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre as puntas de Fornelas e Redonda, na parroquia de Sorrizo (Arteixo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de hockey sobre patíns arxentino. Considerado como o mellor xogador de todos os tempos, xogou varias tempadas no H.C. Liceo de La Coruña, co que conseguiu cinco ligas e dúas copas intercontinentais. Con Arxentina logrou tres torneos sudamericanos, dúas copas do mundo e unha medalla de ouro nos Xogos Panamericanos. Recibiu o premio ao mellor xogador mundial (1978), o Premio Olimpia de Oro e o Premio Konex de Platino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleontólogo. Especializouse no estudo dos moluscos de finais do Neoxeno ata a actualidade e nos fenómenos de bioerosión fósil e actual. Foi membro da International Union of Geological Sciences, da Sociedad Española de Paleontología, da International Paleontological Association e da European Paleontological Association.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista francés. Influído polo Círculo Lingüístico de Copenhague e polos behavioristas estadounidenses, sobre todo por L. Bloomfield, foi o principal representante da escola funcionalista francesa e o difusor dos métodos estruturalistas en Europa. Creou a Société internationale de Linguistique fonctionnelle (SILF) e a revista La lingüistique (1965), órgano oficial do funcionalismo. Centrou os seus estudios na lingüística xeral e na fonoloxía, baseándose na premisa de que o obxecto básico da linguaxe é o de satisfacer as necesidades comunicativas, polo que é básico determinar os trazos lingüísticos capaces de transmitir información. Da súa produción destacan Phonology as Functional Phonetic (1949), Economie des changements phonétiques: traité de phonologie diachronique (1955), Èléments de linguistique générale (1960), A Functional View of Language (1962), La linguistique synchronique. Études et recherches (1965), Le langage (1968),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que deriva do antropónimo Martiño.

    2. Liñaxe que nas súas armas pode presentar moitas variantes, das que destacan as dun escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con tres flores de lis de goles, colocadas en pao; segunda partición, en campo de sable, con dúas faixas de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Especializouse na temática paisaxística e realizou mariñas de gran tamaño en grises. Da súa obra destaca Marina (1892). Obtivo a medalla de ouro na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1891.

    VER O DETALLE DO TERMO