"Meri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 322.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zambia (85.283 km2; 946.353 h [1990]). A súa capital é Livingstone (84.116 h [1990]).
-
REXIÓNS
Rexión de Malawi que comprende doce distritos (31.753 km2; 4.633.968 h [1998]). A súa capital é Blantyre.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Gascoña, Occitania, situada no departamento de Gironde, Francia, e próxima a Bordeos (63.00 h [1999]), da que é cidade residencial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ourol baixo a advocación de santa Eulalia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Romántico nos temas e clásico no estilo, foi o renovador do clasicismo na época romántica. Logrou compaxinar a súa carreira administrativa no ministerio de Comercio cos ambientes literarios da época, nos que coñeceu a Stendhal. Comezou cunha serie de obras de teatro, como Cromwell (1822), para dedicarse despois á novela histórica, da que destaca Chronique du règne de Charles IX (1829). Publicou tamén contos e novelas curtas, como Mateo Falcone (1829) ou Le vase étrusque (1830), nos que tratou temas como a violencia ou a crueldade humanas. Da súa produción destacan Les âmes du purgatoire (1834), Colomba (1840) e Carmen (1845), a súa mellor obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo merino.
-
Individuo do pobo merino.
-
Pobo malgaxe que habita no altiplano central de Madagascar, illa da que son a etnia politicamente dominante. Están organizados en clans patrilineais e divididos en castes, cuxa economía xira arredor do comercio, a agricultura e a industria.
-
-
GALICIA
Pintor e intelectual. Compaxinou a súa vida artística cun intenso labor intelectual, con participación en varias exposicións por toda Galicia, colaborando na revista Grial. O seu estilo caracterizouse por unha particular concepción da luz e recreou a realidade dándolle prioridade á figura humana.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coñecida como Queca Merino, no seu labor profesional comprometeuse coa difusión da lingua e cultura galegas. Traballou en Radio Popular en Vigo e Radio España en Madrid, e foi directora en Vigo de Radio 80 e Antena 3. Posteriormente, formou parte da Radio Galega, nos centros de Santiago de Compostela e Vigo, e mesmo participou como presentadora e directora de diversos programas da TVG.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Foi director de El Compostelano, redactor de El Correo Gallego, cofundador de La Noche, subdirector de Hoja del Lunes e redactor xefe de La Voz de Galicia. Ademais, exerceu como presidente de honra da Asociación de la Prensa Gallega da Coruña. Publicou Mujeres de ideas largas (1985), Pequeña historia de un hombre cabal. Memorias de un periodista (1988), La vida que vuelve (1989), Los españoles: entre caballeros y pícaros (1992) e El Mundo que conocí (1999). Membro correspondente da Real Academia Galega e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, pertenceu á Asociación Internacional de Críticos Literarios (UNESCO).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xadrecista. Primeiro alcalde nacionalista da Coruña (1979-1981), foi deputado do Parlamento Galego e portavoz de Unidade Galega tras a súa creación (1992). Ocupou diversos cargos no Partido Socialista Galego-Esquerda Galega, do que foi secretario xeral. En 1992 promoveu a creación de Unidade Galega, organización que se integrou no BNG, e desde 1994, é membro do consello nacional e da permanente do BNG e deputado no Parlamento Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico dermatólogo. Foi director da Revista Médica Gallega, onde publicou numerosos artigos, como “Tratamiento del prurito de algunas dermatosis (Urticaia, escrófula, prurito de Hebra)” (1922), “Diagnóstico y tratamiento de la sarna” (1923), “El tratamiento de los sabañones” (1924) ou “El goneal en Venereología” (1925). Tamén escribiu algunhas monografías como Higiene y régimen en la sífilis y en la blenorragia (1926), El problema social de la sífilis (1928) e Algunhas consideraciones acerca del problema de la lepra en Galicia (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e botánico. Coñecido como padre Merino, foi membro da Compañía de Xesús e exerceu como presbítero. Publicou unha das primeiras obras sobre flora que se fixeron en España, titulada Flora descriptiva e ilustrada de Galicia, en tres volumes (1905, 1906 e 1909). Ademais, é autor de Estudio sobre las borrascas en la costa occidental de Galicia (1893), Contribución a la flora de Galicia: la vegetación espontánea y la temperatura en la cuenca del Miño (1897) e Adiciones a la flora de Galicia (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jerónimo Merino.
-
PERSOEIRO
Relixioso e guerrilleiro. Coñecido como o cura Merino, era reitor de Villoviado cando organizou unha guerrilla contra os franceses (1808). Despois da Batalla de Vitoria (1813) foi enviado a Catalunya. Acadou o grao de brigada e, en 1814, foi nomeado gobernador militar de Burgos. Absolutista intransixente, durante o Trienio Constitucional loitou contra o goberno liberal e mandou a vangarda dos Cen Mil Fillos de San Luís. Ao estalar a Primeira Guerra Carlista aliñouse ao lado de Carlos María Isidro de Borbón co que, en 1839 marchou a Francia pero foi confinado en Alençon.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Dereito, pertence ao grupo de escritores que iniciaron ao redor de 1975 unha nova etapa para a narrativa en lingua castelá. Comezou publicando poesía, recollida en Cumpleaños lejos de casa (1987), para logo pasar á narrativa, que desenvolveu en La novela de Andrés Choz (1976), a triloxía Las crónicas mestizas (1992) e Cuatro nocturnos (1999). En 1993 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil por No soy un libro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Baltasar Merino.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Caravaggio, formouse en Milán (1584-1588) no taller do manierista Simone Peterzano, co que viaxou a Venecia, onde coñeceu a obra de Tintoretto. Comezou pintando naturezas mortas (Bacchino malato, 1591; Canestro di frutta, 1596), así como temas populares (La buona ventura, 1595), relixiosos (Riposo durante la fuga in Egitto, 1595) ou mitolóxicos (Bacco, 1597; Giuditta e Oloferne). En 1606 trasladouse a Roma, onde pintou Vocazione di San Matteo, Martirio di San Matteo e San Matteo e l angelo para a capela Contarelli da igrexa de San Luigi dei Francesi, así como a Crocifissione di San Pietro e a Conversione di San Paolo para a capela Cerasi, da igrexa de Santa Maria del Popolo. Entre os elementos constitutivos da súa obra destacou o emprego da luz, á que lle deu unha función estrutural, completamente nova. Destacou especialmente a Morte della Vergine (1605-1606) para Santa Maria della Scala en Trastevere, que causou un grande escándalo na época, tanto...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
División de algo en partes iguais.
-
Figura literaria que consiste nunha distribución en que, en primeiro lugar, se enumeran os elementos para logo explicalos un por un.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido vexetal de tipo embrionario, integrado por células non diferenciadas capaces de dividirse. As células meristemáticas adoitan ser pequenas, isodiamétricas, de parede fina, núcleo activo e con vacúolos pequenos e escasos. Os meristemas primarios proceden das células dos embrións e os secundarios de células adultas que recuperaron a capacidade de división.