"Niza" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 279.

  • Conxunto de asociacións de confesión católica e maioritariamente laicas que se caracteriza por un obxectivo apostólico, realizado a nivel internacional en tanto que institucións específicas e que, como tales, son recoñecidas e inscritas pola Santa Sé, que intervén tamén na aprobación de estatutos e nomeamentos de presidentes e conselleiros. Moitas gozan dun estatuto consultivo ante a ONU, a UNESCO, a FAO ou o Consello de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de organizar ou organizarse.

    2. Que presenta orde ou organización.

    3. Que está formado por órganos.

    4. Que ten o carácter ou a estrutura propia dun organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen organiza.

      1. Parte dun embrión capaz de exercer unha influencia química que no decurso do desenvolvemento embrionario orixina procesos de diferenciación dos tecidos. Inicialmente Spemann extirpou o beizo dorsal da gástrula do limpafontes e, transplantándoo á rexión ventral doutra gástrula, obtivo un novo embrión. Concluíu que o organizador debía ser polo menos tan grande como a rexión que máis tarde se converte en notocorda e metámero, se ben o poder organizador é máis grande no centro desta rexión. En 1938 demostrou que diferentes zonas do organizador presentan diferentes propiedades, que inducen á formación de órganos diferentes.

      2. centro organizador

        centro organizador.

    2. Recurso didáctico que ten como función establecer unha relación entre os coñecementos previos dun alumno e os novos coñecementos que se queren facer adquirir. Os organizadores previos constitúen un dos elementos integrantes da teoría da aprendizaxe de David Ausubel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Preparar a realización de algo.

    2. Pór algo de maneira ordenada.

    3. Crear ou formar algo.

    4. Adoptar un método de traballo ou distribuír o tempo dunha determinada maneira para realizar unha actividade.

    5. Crearse ou formarse algo.

    6. Constituírse de determinada maneira, sobre todo en grupo, para alcanzar un obxectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten capacidade para organizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de ozonizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ozoniza.

    2. Aparato que consiste nunha cámara, convenientemente illada, pola que circula aire ou osíxeno e na que se producen descargas de corrente alterna de alta voltaxe entre dous electrodos. O espazo de descarga ten que ser refrixerado para obter concentracións apreciables de ozono, xa que a calor o descompón. O ozono producido desprázase do ozonizador pola mesma corrente de aire que o ozoniza. Deste xeito pódese chegar a concentracións da orde do 100% de ozono. Os ozonizadores empréganse para a esterilización da auga ou de alimentos e para desodorizar a atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter o osíxeno en ozono.

    2. Poñer en contacto ozono con materias que se quere esterilizar, desodorizar ou branquear, ou ben con alimentos para incrementar o seu contido de vitamina D.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de paganizar ou paganizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo ou alguén adquira carácter pagán.

      1. Comportarse como un pagán.

      2. Converterse en pagán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Loureiro (O Irixo) e Lobás (O Carballiño). O seu cumio acada os 876 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • peptización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica empregada nas intervencións abdominais que ten por obxecto recubrir de serosa todas as superficies cruentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma constituída en outubro de 1976 pola maioría das forzas de oposición de España, para participar no proceso de reforma política. Elixiron a Valentín Paz Andrade para que formase parte da comisión negociadora, entre decembro de 1976 e abril de 1977. Abordou temas como a legalización de todos os partidos políticos, a lei de amnistía ou a preparación das eleccións xerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transferencia do pole desde os estames ata os pistilos. Se o pole provén da mesma flor, hai autopolinización, e se procede doutras flores, hai polinización cruzada, que ofrece máis posibilidades de recombinación xénica. Hai diversos axentes polinizadores como o vento, a auga e algúns animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen poliniza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efectuar a polinización.

    2. Producirse a polinización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de preconizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen preconiza.

    VER O DETALLE DO TERMO