"Orne" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 234.

  • Lugar en que se desvía a auga dun rego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que traballa nun torno.

    2. Persoa que está ao cargo dun torno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Allariz baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Porriño baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Combate a cabalo, na Idade Media, entre cuadrillas de cabaleiros armados con lanzas, desenvolvido nun recinto circular, onde cada cabaleiro intentaba derribar ao seu contrario. Practicado en Europa desde o s XI ao s XVI, efectuábase no marco dunha festa pública con carácter de exhibición.

      2. Certame literario ou artístico.

    1. Competición individual ou por equipos que se disputa xeralmente por eliminatorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á moeda cuñada en Tours, Francia, ata o s XIII.

    2. Moeda de prata ou combinada con cobre que se cuñou en varios países europeos a partir do s XIII, seguindo o modelo da moeda tornesa francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten tres cornos ou puntas.

    2. Sombreiro de tres puntas, fabricado xeralmente de feltro, raso, pano ou charón. Adoptado polos eclesiásticos europeos durante os séculos XVI e XVII, no s XVIII foi propio da indumentaria militar e civil, e tamén da feminina. No s XIX foi adaptado para a Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Profesor nas universidades de Amsterdam (1892) e de Leiden (1899-1926), publicou estudos sobre lingüística indoeuropea (lingua gótica ou sánscrito), sobre o éuscaro (Beiträge zu einer vergleichenden lautlehre der baskischen dialecte, Contribucións a unha fonética comparada dos dialectos vascos, 1903) e sobre linguas americanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta un só corno ou punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político brasileiro. Presidente de Brasil (1930-1945 e 1950-1954), foi deputado (1922), ministro de Finanzas (1926) e gobernador de Rio Grande do Sul (1928). Participou no golpe de estado de 1930, e foi nomeado presidente provisional. Instaurou un réxime populista (o Estado Novo) e socializante que combateu á vez o poder das oligarquías e dos comunistas. Deposto por un golpe de estado de signo constitucional proestadounidense (1945), en 1950 volveu á presidencia co apoio dos laboristas e dos comunistas, pero a crise económica impediulle volver á política populista. Ao esixir o exército a súa dimisión, suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Cultivou o retrato   e pintou escenas relixiosas e mitolóxicas. Traballou na decoración do pavillón de caza da Torre de la Parada, preto de Madrid. Das súas obras destacan O artista e a súa familia, As netas do pintor e Parella nun xardín. O seu irmán, Paul de Vos (Hulst 1596-Anveres 1678) traballou na corte de Castela e para a familia real. Pintou escenas de caza e naturezas mortas, das que destaca Cervo perseguido polos cans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e humanista checo. En O práviech, o súdiech i o dskách země české knihy devatery (Nove libros sobre as leis, sobre os tribunais e sobre os rexistros do reino de Bohemia, 1495-1499), reflectiu a organización xurídica checa, con connotacións antixermánicas e democráticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO