"Santiago" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 262.
-
GALICIA
Barítono, actor e crítico musical. Realizou os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional da Coruña, onde debutou como tenor en 1974, e na Escuela Superior de Canto de Madrid. Actuou en España e Hispanoamérica e, a partir de 1970, comezou as súas colaboracións coa Agrupación Cultural “O Facho”. Promoveu a creación da Asociación Musical Andrés Gaos (1974), escribiu varias pezas teatrais, entre elas O cadixo, e editou o disco No bico un cantar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Betsaida ? - Xerusalén 42?) Apóstolo, fillo de Zebedeo e Salomé e irmán de Xoán Evanxelista. Pescador do lago Xenesaret, el e seu irmán recibiron de Xesús o nome de Boanerges, ‘fillos do trono’, pola súa impetuosidade. Os Evanxeos amósano, con Pedro e Xoán, como un dos apóstolos predilectos de Xesús, que estivo presente na transfiguración no Tabor, na resurrección da filla de Xairo e na oración de Xesús no monte das Oliveiras. Segundo os Feitos dos Apóstolos, foi o primeiro en sufrir martirio, morrendo decapitado por orde do Rei Herodes. Segudo a tradición, predicou en Hispania. No s IV Dídimo o Cego, san Xerome e Teodorto de Ciro refírense á predicación do apóstolo en Hispania, cuxo contexto non o permite identificar con san Paulo. Nos catálogos grecobizantinos dos apóstolos dos ss V e VI afírmase expresamente a predicación hispana de Santiago, igual ca nos Comentarios ao profeta Nahum, que se atribuíron a san Xián de Toledo,...
-
PERSOEIRO
Apostolo e primeiro bispo de Xereusalén. A tradición faino curmán de Xesús. Atribúeselle a epístola que leva o seu nome e participou no denominado concilio de Xerusalén. A súa iconografía represéntao cunha maza porque foi golpeado ata a morte despois de ser condenado polo Sanedrín a morrer apedreado. A súa festividade celébrase o 3 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de República Dominicana (1.111 km2; 59.629 h [2002]). A súa capital é San Ignacio de Sabaneta (35.654 h [2002]).
-
PERSOEIRO
Frautista. Coñecido como Miguel de Santiago, formouse no Conservatorio Profesional da Coruña e no Conservatorio Superior de Música de Madrid con importantes mestres internacionais como Freitas Branco, Alain Marion ou Igor Markewicht. Diplomado en Música de Cámara, Música Antiga e Dirección de Orquestra, actuou en diversas cidades españolas e do estranxeiro baixo a dirección de mestres como Roxelio Groba. Foi solista na Banda e Orquestra Municipal da Coruña e ocupou a cátedra de Frauta do Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Posteriormente, foi mestre de frauta do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Publicou diversas obras e métodos para frauta e gaita. Recibiu a Medalla de Ouro da Sovrano Militari Ordini di Malta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e poeta. Traballou en El Diario Español, El Español, La Época, El Siglo Futuro e El Correo Español. Entre a súa obra poética destaca “El destino español” e os catro poemas galegos que figuran no Álbum de la Caridad, “O vello churrusqueiro”, “O chorar de Sabela”, “O amor de Minga” e “Á memoria do inspirado autor do Desconsolo”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro. Doutor enxeñeiro e diplomado en Maxisterio e Planificación e Administración de Empresas, foi delegado do Colegio de Ingenieros del ICAI en Galicia e presidiu o Patronato do Pedrón de Ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, fotógrafo e dramaturgo. Coñecido como Kukas, fixo a súa primeira exposición en 1967 e promoveu a creación do grupo FOGA. Deseñador de libros e carteis, alternou a fotografía artística coa dirección escénica de pezas teatrais, centrándose nas representacións da compañía de títeres para adultos que fundou, Os Monicreques de Kukas (1979). Publicou Monicreques (1987), Don Gaiferos (1993) e Unha noite no Pórtico do Paraíso; A culpa foi de Mozart; A rúa das balconadas (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir do 13 de febreiro de 1842. Subtitulouse “Periódico crítico, satírico, burlesco, de literatura y costumbres. Las letras, letras de cambio. Gallardo”. Fundado e elaborado por Antonio Romero e Xosé Rúa, satirizou a literatura e os costumes da época, o que provocou a súa suspensión por orde gobernativa. Saíu os domingos, editado nos obradoiros do libreiro e impresor Xosé Núñez Castaño.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Comarca urbana situada no SO da provincia da Coruña e no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coas comarcas de Ordes (concello de Tordoia) e Xallas (concello Santa Comba), ao S coas comarcas de Tabeirós-Terra de Montes (concello da Estrada) e Deza (concellos de Silleda e Vila de Cruces), ao L coas de Arzúa (concellos do Pino e Touro) e Ordes (concellos de Trazo e Oroso) e ao O coas da Barcala (concellos da Baña e Negreira), Noia (concellos de Noia e Lousame) e O Sar (concellos de Rois e Padrón). Abrangue unha superficie de 689,5 km2, nos que acolle unha poboación de 144.742 h (2001), distribuída entre os concellos de Ames (80 km2; e 18.782 h), Boqueixón (73,2 km2; 4.267 h), Brión (74,9 km2; 6.233 h), Santiago de Compostela (220,6 km2; 90.188 h), Teo (79,3 km2; 15.476 h), Val do Dubra (108,7 km2; 4.765 h) e Vedra (52,8 km2; 5.031 h). A cidade de Santiago de Compostela experimentou unha expansión...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión convocada polo monarca Carlos I en Santiago de Compostela o 31 de marzo de 1520, antes de marchar a Alemaña para ser coroado emperador. Nesta reunión o rei reclamou unha contribución de 800.000 ducados para presentarse fronte aos electores alemáns. As máximas autoridades galegas, o arcebispo de Santiago de Compostela e os condes de Benavente e Andrade, aproveitaron a situación para reclamar a recuperación do voto en Cortes para Galicia, que exercía o procurador de Zamora. A reunión concluíu na Coruña coa aprobación das esixencias do monarca, malia que Galicia non recuperou o seu voto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fonte situada na rúa do Franco, fronte ao colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela, construída no manancial onde, segundo a tradición, se detiveron a beber os bois que carrexaban o corpo do Apóstolo Santiago. Co tempo foille engadida unha capela cun pequeno retablo neoclásico coa imaxe de Santiago Peregrino. A tradición tamén conta que nesta fonte san Francisco de Siena recuperou a vista despois de probar as súas augas. Reconstruíuse en 1830 e atópase tras uns arcos de acceso ao edifico que a acubilla.
-
GALICIA
Escritora e xornalista. Correspondente do Faro de Vigo en Lalín, colaborou nos xornais La Voz de Galicia e Xornal Diario, así como en Radio Noroeste, onde dirixiu o programa cultural A arte de ler. Deu a coñecer a súa poesía nas revistas A festa da palabra silenciada e Trapa, e na carpeta de Edicións do Dragón Oito e médio (1992). Publicou Flor de tan mal xardín (1994), gañadora do II Premio de Poesía Fermín Bouza Brey, e Berce das estampas (1998). Foi galardoada co Premio Periodístico do Concello de Dozón (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Miguel de Santiago Sánchez Chouza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revolta campesiña ocorrida en 1808 nas proximidades de Santiago de Compostela, en contra do pago da peaxe na estrada entre esta cidade e Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde militar fundada cara a 1170, en época do Rei Fernando II. O fundador e primeiro mestre, Pedro Fernández de Fuencalada, era descendente dos reis de Navarra por liña paterna e dos condes de Barcelona pola materna. A asistencia espiritual dos seus seguidores encomendouse aos cóengos regulares de Santo Agostiño que vivían no mosteiro de Santa María, próximo ao lugar en que o río Loio entra no Miño, quedando, así, incorporados á orde. O 12 de febreiro de 1171, o acebispo compostelán Pedro Gundesteiz consagrou por vasalos e cabaleiros do apóstolo Santiago a don Pedro Fernández e a toda a súa milicia, chegando ao acordo de que en adiante o mestre e os sues sucesores serían cóengos da igrexa compostelá, e o arcebispo e os seus serían freires da orde. O Papa Alexandre III confirmou e aprobou a orde o 5 de xullo de 1175, por bula dada en Ferentino, preto de Roma. No XVI os Reis Católicos incorporaron o mestrado da Orde de Santiago á coroa. A súa vestidura distintiva estaba composta por unha...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Renda eclesiástica a favor da Igrexa de Santiago de Compostela, que consistía no pago anual, por parte do campesiñado, de media fanega de gran e unha medida de viño. Tivo as súas bases na Idade Media, aínda que de dubidosa procedencia: a tradición defendeu unha orixe mística, nada na Batalla de Clavijo (s IX), cando a Ramiro I se lle apareceu o Apóstolo Santiago para asegurarlle a vitoria sobre os musulmáns. En agradecemento, instaurou a ofrenda para manter o culto apostólico. Mais este imposto xa existía con anterioridade na zona de Galicia e León, e desta forma lexitimouse e ampliou a outros territorios, facendo uso dunha falsificación do s XII. A mediados do s XVIII foi o momento de maior esplendor do imposto, aínda que había diferenzas na carga dependendo do lugar, así como na percepción máis substanciosa ou non, por parte da Igrexa. Foi abolido nas Cortes de Cádiz (1812), por ser un freo á extensión agrícola, pero reinstaurado por Fernando VII foi definitivamente eliminado en 1834.
-
GALICIA
Profesor e xornalista. Profesor e director da Escola Normal en Ourense, foi subdirector de La Zarpa e colaborador de El Pueblo Gallego, e dirixiu o semanario La República desde 1930 a 1931. Participou nas actividades políticas republicanas e obreiristas de Ourense durante a Segunda República. En 1931 formou parte do comité executivo da Agrupación Radical Socialista de Ourense. Escribiu o prólogo do libro IV Melodía. Desfíe de ambente galego (1935), de M. García Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. A súa obra, de clara vontade rupturista, achégase á linguaxe dos medios audiovisuais e da publicidade para retratar e satirizar a vida urbana. Publicou Derrapa e cai (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado na serra de Segura e delimitado ao L por Albacete (4.267 h [2001]). É un mercado agrícola ademais de destacar na produción de enerxía eléctrica.
VER O DETALLE DO TERMO