"Tip" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 256.

  • CAPITAIS

    Capital da wilāya de Tipaza, Alxeria, situada á beira do mar, a 65 km ao O de Alxer (15.756 h [1987]). Fundada polos fenicios como centro comercial, foi colonia romana (s I). Convertida ao cristianismo no s III, a poboación sufriu unha forte persecución no s V por parte dos arianos. A cidade foi destruída e abandonada coa invasión árabe. Do seu patrimonio cultural destacan o foro e os vestixios das murallas romanas e os restos dunha gran basílica cristiá, con nove naves con columnas e pilastras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Alxeria (2.072 km2; 506.053 h [1998]). A súa capital é Tipaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tenda de forma cónica, formada por unha carcasa de paus de madeira (de 4 a 6 m de altura) chantados na terra ao redor dun punto central e ligados case á parte superior, cubertos de peles de búfalo pintadas con motivos animalísticos, usada por algunhas tribos indias das grandes pradarías centrais de EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de típico.

    2. Elemento constitutivo do delito ou falta que consiste na adecuación do feito delituoso ao tipo legal previsto e recollido pola lei. Constitúe o indicio obxectivo máis importante da antixuridicidade e culpabilidade dun feito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é característico ou representativo da persoa ou cousa de que se trata.

    2. Que presenta as características esenciais dun grupo, dun lugar, dun país ou dunha época.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de tipificar.

    2. Adaptación ou estandarización das características dun produto ás normas convencionais que lle proporcionan a homoxeneidade precisa dentro dos da súa clase.

    3. Elección dun tipo nomenclatural para definir un taxon.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reducir a un tipo común.

    2. Representar alguén ou algo o tipo ou modelo do xénero, clase ou especie, do que forma parte.

    3. Definir un taxon mediante un tipo nomenclatural e de acordo coas normas do código internacional de nomenclatura botánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de típico.

    2. Conxunto de características ou trazos propios dun país, dunha zona ou dunha época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominacion (Tres Cestos) que se dá ao canon pali do budismo Theravāda. Está integrado polo Vinaya Piaka, sección que trata da disciplina monástica, o Sutta Piaka, sección que trata da doutrina de Buda, e o Abhidhamma Piaka, sección que trata dos desenvolvementos escolásticos da filosofía budista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Voz humana máis aguda.

    2. Persoa que ten a voz máis aguda, especialmente a da muller e a dos nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Plano de estrutura ou conxunto de propiedades principais, comúns a un certo número de individuos ou de obxectos.

      2. Cada un dos grupos que teñen, nunha clasificación, un mesmo tipo de estrutura.

      3. Cada un dos grupos en que se divide o reino animal e vexetal.

      4. Cada un dos modelos xenéricos a partir dos que se agrupan os individuos ou as correntes de pensamento en relación á súa maneira de pensar e comportarse ou coa súa concepción filosófica, respectivamente, segundo determinados trazos específicos comúns.

      5. Individuo ou grupo que é a exemplificación máis perfecta dunha especie ou dun xénero.

      6. Figura dunha persoa, especialmente respecto ás proporcións, esvelteza ou elegancia do seu corpo.

      7. tipo espectral

        Cada unha das clases en que se pode dividir o conxunto de estrelas, de acordo coas súas temperaturas. Existen oito tipos distintos, designados polas letras maiúsculas O, B, A, F, G, K, M e C. As estrelas de tipo O son as máis quentes e as máis azuis, mentres que as do tipo C son as máis frías e as máis vermellas. Dentro de cada tipo hai unha subdivisión en cinco subclases, que se designa coas cinco primeiras cifras romanas: a clase I corresponde ás estrelas superxigantes e a clase V ás estrelas da secuencia principal, como o Sol.

      1. Cada unha das pezas, xeralmente de metal de imprenta, fundidas en forma de paralelepípedo de base rectangular, que levan en relevo, nunha das súas bases, unha letra ou un signo e que, postas unhas ao carón das outras adecuadamente ordenadas, forman o molde ou a forma daquilo que se quere imprimir. A forma paralelepipédica do tipo está rota por diversos resaltes e fendas, como o relevo da letra ou do signo (denominado ollo), a altura que sobresae e as entalladuras, algunhas das que, permiten a rápida identificación da familia á que corresponde a letra do tipo e a súa orientación na composición, mentres que outras facilitan a colocación do tipo no compoñedor.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘carácter’, ‘marca’, ‘modelo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de deseñar, compoñer e imprimir textos mediante tipos móbiles. Desde o punto de vista do deseño, a tipografía distínguese do grafismo tanto pola limitación dos seus medios como pola súa “neutralidade” respecto ao texto; mentres que o grafismo reforza o impacto psicolóxico do texto mediante unha gama moi variada de recursos, a tipografía limítase a vehiculalo dunha maneira totalmente imparcial. O libro é por excelencia o obxecto de deseño tipográfico. No que respecta á composición, existen dúas grandes estéticas tipográficas: a simétrica clásica, desde os primeiros tempos da imprenta, e a asimétrica, que naceu cara a 1890-1905 co movemento da Freie Richtung, modernista e desenvolvida principalmente a partir dos experimentos do Baubaus alemán, cuxo primeiro texto doutrinal importante foi o Elementare Typographie, de J. Tscnicnoid (Leipzig 1925). Tres tradicións de escritura contribuíron a elaborar os tipos de imprenta do alfabeto latino: a letra gótica, a humanística e a capital...

      1. Procedemento de impresión con formas que conteñen, en relevo, os tipos e os gravados que, despois de tintados, son aplicados a presión sobre o papel. As operacións da impresión topográfica son: a composición, manual ou mecánica, a tirada de probas, a corrección de probas, a corrección tipográfica, a obtención de clixés para fotogravado, a compaxinación, a imposición da forma, a tirada de segundas probas, a segunda corrección tipográfica, a regulación da tintada e a tirada.

      2. Taller onde se imprime por tipografía.

      3. Taller onde se fan traballos de imprenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á tipografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se encarga de corrixir ou compoñer os textos antes da impresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento que trata a combinación da tipografía e litografía e aplícase normalmente a tiradas de impresos pequenos, por exemplo etiquetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudo que se basea na clasificación de tipos.

    2. Clasificación dos obxectos ou fenómenos artísticos en esquemas xenéricos ou tipos, de acordo con certas analoxías formais ou funcionais establecidas, que non prexulgan o valor estético nin a definición histórica. En arquitectura, xeralmente é relativa á función, e máis a miúdo á configuración, da planta e dos sistemas construtivos e da decoración. En todas as épocas da historia da arte pódese distinguir unha gran cantidade de constantes tipolóxicas en moitos niveis: tipos de composicións, tipos de figuras, de actitudes e de estados de ánimo ou de expresión facial, tipos proporcionais, tipoloxías imaxinarias ou indicacións ambientais tipificadas.

    3. Interpretación bíblico-teolóxica que se basea na correlación de tipos e antitipos.

    4. Doutrina dos tipos.

    5. Sistema de clasificación de individuos en tipos físicos ou psicolóxicos. Estas tipoloxías pódense reunir en tres grupos: as que relacionan a constitución física e o carácter, as psicoanalíticas e as fundamentadas na análise factorial.

    6. Descrición e clasificación das linguas en función de certos caracteres escollidos previamente e das afinidades que resultan. Todos os trazos lingüísticos poden contribuír ao establecemento dunha tipoloxía lingüística. A clasificación tipolóxica máis usual divide as linguas en illantes, aglutinantes e flexionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á tipoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regra de diferentes materiais que se emprega para medir material tipográfico e para converter as medidas do sistema métrico decimal ao sistema tipográfico, e á inversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para facilitar a lectura aos ambliopes e aos operados de catarata.

    VER O DETALLE DO TERMO