"UNE" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 232.

  • PERSOEIRO

    Xornalista. Doutor en Xornalismo pola Universitat Autónoma de Barcelona, vogal do Consello Asesor de RTVE en Galicia e decano da Facultade de Ciencias da Información de Santiago de Compostela (desde 2004), traballou en RNE, El País, Diario 16 de Galicia, El Correo Gallego, a axencia EFE e Xornal Diario. Publicou Da teoría práctica. Perfil do periodista galego (1996), Producir noticias. Como se fabrica la realidad periodística (1999) e A situación laboral dos xornalistas galegos (2003). Recibiu o Premio Xunta de Galicia de Xornalismo sobre drogodependencias (1988) e o Premio Nacional de Periodismo Reina Sofía (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpus de normas para regular a produción industrial ditadas polo Instituto Nacional de Racionalización del Trabajo, que depende do Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Universidade pública de ámbito estatal creada por Decreto 2310/1972 do 18 de agosto (BOE 9 de setembro) coa finalidade de facilitar o acceso ao ensino universitario e a continuidade dos seus estudos a todas as persoas que non poden asistir ás aulas, utilizando técnicas e experiencias de ensino a distancia e desenvolvendo programas de educación permanente, promoción cultural e perfeccionamento profesional. Ten a súa sede principal en Madrid e conta con numerosos centros asociados repartidos por todo o territorio español e por diferentes países do mundo. As titulacións que expide teñen a mesma validez ca as de calquera outra universidade pública e está sometida á mesma lexislación e normativa xeral. A metodoloxía baséase no material didáctico básico e no seguimento do ensino a través dos centros asociados. O material didáctico compleméntase con recursos tecnolóxicos, algúns xa tradicionais como as emisións radiofónicas ou as producións de material audiovisual, e outros máis modernos como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación flegmonosa dos dedos, especialmente a que afecta á última falanxe destes, caracterizada pola inchazón, a dor intensa e a sensibilidade esaxerada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución especializada da ONU, creada en 1945, con sede en París. Os seus obxectivos son os de contribuír á paz e á seguridade mundial promovendo o entendemento e a cooperación entre os estados mediante o fomento da educación libre, obrigatoria e universal, a promoción do intercambio cultural, o uso pacífico da ciencia, e a colaboración dos medios de comunicación na defensa da verdade, a liberdade e a paz, así como na difusión das culturas do mundo. Ademais da conferencia xeral, o consello executivo e o secretariado, dispón de varios organismos e comisións de traballo e consulta. Finánciase con doazóns, coas contribucións dos estados membros e cos fondos da ONU. Entrega os Premios UNESCO e potencia diversas actividades, conferencias, seminarios e publicacións como O Correo da Unesco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura prehistórica da Idade do Bronce, propia de Bohemia e Moravia. Durante unha primeira fase (1800 a C) utilizou o cobre, pero no momento do seu esplendor (1600 a C) desenvolveu unha cultura de bronce, caracterizada pola variedade de útiles e pola cerámica lisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1844), foi xefe superior de Administración Civil, ata que en 1866 decidiu retirarse da función pública. Colaborador en diversas publicacións periódicas, como El Eco de Galicia, Galicia, Galicia Humorística, A Monteira e O Tío Marcos d’a Portela, contribuíu á elaboración do Dicionario geográfico-histórico-estadístico de España y sus posesiones de Ultramar (1845-1850), de Pascual Madoz, en especial no referente a datos da provincia de Pontevedra; e na composición da Colección de enigmas y adivinanzas (1883), de Machado Álvarez. No ámbito da etnografía recolleu datos sobre folclore galego que reproduciu nos volumes Cantigueiro popular (1867, inédito ata 1970) e Novo apéndice ao Cantigueiro popular (1887). Destacou o seu labor como gramático con Elementos de gramática gallega (datado en 1892, pero inédito ata 1970) e, sobre todo, como lexicográfico coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Os seus estudos centráronse na anatomía patolóxica. Recibiu a Gran Cruz do Mérito Civil de Sanidad, Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela e a Medalla Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e xornalista. Viviu en Madrid onde foi un dos integrantes da sociedade Galicia Literaria (1875). Regresou a Ourense en 1877, e en 1893 foi nomeado cronista oficial de Ourense. Colaborou en diversas publicacións, escribiu, entre outras obras, Venus y Momo (1978), Efermérides de Galicia (1878) e La arquitectura cristiana en la provincia de Orense durante el período medieval (1894). Foi correspondente da Real Academia de la Historia e vogal da Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Ourense e socio de mérito da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniato hidratado de cobre e uranio, de fórmula Cu(UO2)2(AsO4)2·10-16H2O, que cristaliza no sistema tetragonal en forma de cristais tabulares ou prismáticos. É de cor verde esmeralda, ten unha dureza de 2-2,5 e unha densidade de 3,79.

    VER O DETALLE DO TERMO