"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Sistema no que as columnas dobres están separadas por un módulo, sendo sete os que separan a cada parella da contigua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada da beira setentrional da ría de Ares situada ao O da punta Avarenta, na parroquia de Cervás do concello de Ares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abundante en area.

    2. Que ten as características da area, semellante á area.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel García Areoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipoloxía de templo grego da Antigüidade, cun intercolumnio que tiña unha anchura de máis de seis módulos, requirindo por iso arquitrabes de madeira, xa que os de mármore, ou pétreos en xeral, non podían construírse con medidas de tales dimensións.

    2. Columnata espaciada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tácticas militares relativas ao ataque e á defensa das prazas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta situada no golfo da Masma, na parroquia e concello de Burela, na Mariña Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia situada no golfo da Masma ao O da punta da Camposa, na parroquia de Cangas, concello de Foz no límite co de Burela, na Mariña Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico grego, que traballou en Alexandría. Foi autor de dous libros dunha gran precisión clínica sobre enfermidades agudas e crónicas, como as parálises cerebrais, as pleurites e a diabete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leonardo Bruno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Argola de ferro situada no extremo superior da cana da áncora e pola que se amarra a cadea, o cabo ou o cable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi capelán da Emperatriz María de Austria. De temática bastante uniforme, a súa escrita é elegante e con influencias clásicas (foi un fervente horaciano). Unha parte dos seus poemas foron impresos en Rimas (1634) xunto cos do seu irmán. Como historiador escribiu, entre outras obras, os Anales de Aragón (1630), continuación dos de Zurita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa poesía afástase dos gustos de Góngora, Lope ou Quevedo, tanto pola lingua coma pola temática tratada. Destaca como sonetista, composición á que imprime unha gran perfección formal. Postumamente publicou Rimas (1634). Como historiador deixou Información de los sucesos del reino de Aragón en los años 1590-1591.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Apolo e da ninfa Cirene. Segundo unha tradición, as musas ensináronlle as artes da medicina e da adiviñación, e todo o que fai referencia ao cultivo da oliveira e á apicultura. Rendéuselle culto na Arcadia, Tesalia e Tracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático grego. Escribiu cinco libros sobre Os lugares sólidos, onde formulou teoremas sobre os cinco sólidos regulares e sobre as curvas cónicas. Tivo influencia sobre Euclides, pero algúns consideran o tratado de Aristeo máis importante e orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia das aristoloquiáceas.

    2. Planta da familia das aristoloquiáceas.

    3. Familia de plantas da orde das aristoloquiais integrada por sete xéneros que comprenden máis de 600 especies de plantas herbáceas ou leñosas, a miúdo gabeadoras, distribuídas por todo o mundo sobre todo nos trópicos. Son moi apreciadas como plantas ornamentais. Pertence a esta familia a aristoloquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘almorzo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e inventor. Centrou a súa actividade no campo da industria armamentística e fundou os famosos talleres Elswick (1847). No 1854 presentou o canón que ten o seu nome, de retrocarga e alma raiada, co que revolucionou as técnicas de artillería. Aplicou con éxito a forza hidráulica á artillería de mariña (1870). En 1897 constituíu a sociedade Armstrong, Whitworth and Co, Ltd, que se transformou na Vickers-A.-Limited Company. En 1877 recibiu o título de barón Armstrong of Cragside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e ilustrador. É profesor de gravado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1994). Formouse en Madrid e París. Malia que a súa obra é abondo variada e diversificada, sempre integrou o gravado e a pintura na mesma intervención. Dirixiu a Calcografía Nacional de Madrid (1980-1985) e promoveu a creación do Centro de Gravado Contemporáneo da Coruña (1987). Ao longo da súa andaina artística recibiu numerosas bolsas en diferentes ocasións e obtivo premios tanto en Francia como en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gancho montado no extremo dun bastón longo co que se busca e pesca algo que foi ao fondo, por exemplo un aparello.

    VER O DETALLE DO TERMO