"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Poeta polaco. Dinamizou a visión poética con elementos vangardistas e elementos sociais, que reflectiu en Scruby (Parafusos, 1925), W glab las (Cara ao fondo do bosque, 1932), Równanie serca (Ecuación do corazón, 1938), Pókimy zyjemy (Mentres vivimos nosoutros, 1944), Najmniej solw (Mínimo de palabras, 1955) e Kwiat nieznany (Flor descoñecida, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor polaco. Iniciou a súa actividade literaria en Berlín e cultivou a lingua alemá. Ao seu regreso a Polonia (1898) dirixiu a revista Zycie, onde expuxo as súas teorías sobre a arte pura, traduciu ao polaco as súas obras en alemán e escribiu, en polaco, dramas como Dlaszcześcia (Pola felicidade, 1900), novelas, como Matka (A nai, 1902) e outras obras teóricas e biográficas, como Moiwspóécześni (Os meus contemporáneos, 1929-1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflorescencia que semella unha flor, como o ciatio dalgunhas euforbiáceas e os capítulos ligulados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno polo que un organismo heterocigótico para un par de alelos perde unha porción do cromosoma do alelo dominante, que fai que o alelo recesivo se manifeste fenotipicamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recompilación de decretais apócrifos, aparecidos no s IX no contexto da reforma gregoriana. É obra dun taller de falsificadores francos feita entre 847 e 862 e dividida en tres partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exsudación patolóxica que se produce na superficie das mucosas e das serosas, formada a miúdo, pero non sempre, por un filtro fibrinoso que se desengancha en forma de laminas que non se disocian na auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para o tratamento dos desaxustes emocionais e mentais, ideado por S. Freud en 1896 e baseado en fenómenos como os da motivación inconsciente, conflito e simbolismo onírico. Cando a doutrina que sustenta o método psicanalítico se refire ao tema do inconsciente, recibe o nome de psicoloxía profunda e engloba variantes da psicanálise como, por exemplo, a psicoloxía analítica, a psicoloxía individual e a denominada neopsicanálise, mentres que, cando insiste no papel primordial da motivación, oriéntase no sentido da psicoloxía dinámica. A elaboración do método psicanalítico orixinouse a partir da observación dos efectos nocivos de determinados acontecementos traumáticos aparentemente esquecidos; o establecemento posterior dun vínculo entre estes acontecementos e os síntomas observados, levou a Freud á afirmación dun inconsciente dinámico, a partir do que se pode comprender o sentido daqueles síntomas ao superar a serie de resistencias que o mencionado inconsciente determina....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen practica a psicanálise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á psicanálise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • psicotónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de manganeso e de bario, de fórmula (Ba,H2O)2Mn5O10. Mineral que cristaliza nun sistema monoclínico, é de cor negra ou gris escura. Abunda na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de pterosauros formado por individuos co cranio moi longo, aguzado e aplanado, boca enorme, mandíbulas longas en forma de tesoiras e unha crista longa, comprimida e aguzada, que prolongaba o cranio cara a atrás e que lle servía de contrapeso ás mandíbulas. Viviron no Cretáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pterobranquios.

    2. Hemicordados da clase dos pterobranquios.

    3. Clase de hemicordados, de dimensións reducidas, que son mariños, sedentarios, filtradores e coloniais ou pseudocoloniais. Pertence a esta clase a orde dos rabdopléuridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pube.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa encargada de recadar os tributos e impostos nas diversas provincias, durante o Imperio Romano, por orde do emperador. Tiña varios empregados ao seu servizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Miniaturista francés. Asimilou os primeiros intentos da pintura toscana sobre perspectiva e os efectos da luz e da sombra. Foi autor, entre outras obras, do Bréviaire (1323-1326), da Bible (1325) de Robert Billyng e dun Livre d’heures de Jeanne d’Évreux (1325-1328).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Profesor de debuxo, en 1960 instalouse en Mondoñedo. Traballa o ferro, a madeira e o bronce. Pertenceu a diversos grupos artísticos e foi un dos fundadores do Grupo Artístico e Cultural O Feitizo. Realizou o Monumento aos caídos de Lugo (1962) e diversos monumentos espallados pola provincia de Lugo, ademais de imaxes relixiosas como San Cristovo e San Xoán Bautista de Santa María de Burela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Gobernador militar de Bruxas e nomeado príncipe polo rei de Prusia, realizou numerosas viaxes que describiu en Weltgang in Europa (Viaxe por Europa, 1835), Briefe eines Verstorbenen (Cartas dun defunto, 1830) e Semilasso in Afrika (1836).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado ao L de Portugal, co que limita, e ao pé de Sierra Morena (3.196 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría, na minaría e nas industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO