"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • ILLOTES

    Illote da illa de Sálvora situada na parroquia de Carreira (Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Foi profesor na Ecole Normale Supérieure (1894-1897) e, desde 1910, na Faculté des Sciences de París. En 1895 descubriu que os electróns constitúen a carga negativa dos raios catódicos. Fixo experimentos sobre os raios X e sobre o movemento browniano. Determinou o número de Avogadro e demostrou a orixe da enerxía solar como unha transformación do hidróxeno en helio. Entre as súas obras destaca Les atomes (1913) e Les éléments de la physique (1931). En 1926 recibiu o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa tranquila, pouco decidida e falta de carácter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Folgoso do Courel, no concello homónimo, que forma parte da serra do Courel. O seu cumio acada os 1.607 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 1 peto.

    2. Nome que reciben diversas aves da familia dos dendrocoláptidos, dos xéneros Campylorhamphus e Xiphocolaptes, que se caracterizan por ter un pico longo e algo curvo, co que atrapan insectos nas fendas dos troncos das árbores en que se pousan. Habitan en rexións de abundante vexetación de América Latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave de 16 cm de altura, de cores vistosas, co dorso azul verdoso, o papo branco, o ventre castaño, cola curta e patas vermellas. Vive nas ribeiras de ríos e lagoas e na beiramar, e aliméntase de peixes e insectos. Sedentaria, aniña en buratos en toda Europa e no N de África. En Galicia é sedentaria e pode verse en toda a rexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barra metálica dunha porta ou ventá que permite abrilas ou pechalas apertando un resorte.

    2. Peza metálica de diversas formas, que está pendurada na parte exterior dunha porta, e que se usa para chamar petando con ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Foi a Italia (1736-1739), onde realizou o Mercure attachant ses talonnières, para presentarse á Acadèmie (1744). Por encargo de Luís XV fíxolle unha réplica, que, xunto con Vénus qui ordonne un message à Mercure (1748), foi enviada a Federico II. Traballou tamén para madame de Pompadour (1750-1758), para quen realizou Madame de Pompadour en amitié (1753). Foi o autor do monumento funerario de Mauricio de Saxonia (1753-1776) e do monumento a Luís XV, en Reims (1756-1765).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Cursou estudos eclesiásticos no Seminario Conciliar de Tui onde foi catedrático de Filosofía. Ordenouse presbítero en 1879 e licenciouse máis tarde en Teoloxía. Foi secretario particular do bispo Fernando Hüe Gutiérrez, Capelán de Honra de Súa Maxestade e predicador da súa Real Capela, e pertenceu ao Consejo de Vigilancia contra el Modernismo (1919). Colaborou en diferentes xornais e sobre todo en El Eco del Miño e está considerado como un dos fundadores de Integridad. Polo seu labor en Sevilla a propósito dunha epidemia recibiu a Gran Cruz de Beneficencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e actor. Colaborador de El Correo Gallego e membro do grupo folk Galerna, interpretou diversos papeis coas compañías O Moucho Clerc, en Un códice clandextino e A caza do Snark; e co Centro Dramático Galego, en A Lagarada. Ademais, elaborou a música das montaxes As asamblearias, para Ditea Teatro; e A elas e Cunqueiro, para Uvegá Teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización terapéutica do pus, con ou sen esterilización previa, que está totalmente fóra de uso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización terapéutica da febre, que se provoca artificialmente por medio da inxección de axentes piretóxenos diversos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto decorativo de certo peso que se coloca sobre un conxunto de papeis para que non se perdan ou movan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e escritor. Actor na súa xuventude de Teatro-Circo, é autor de diversas obras de teatro, algunhas publicadas nos Cadernos da Escola Dramática Galega e na colección Castrodouro, como O xigante don Gandulfo, señor de Tentequedo (1980) ou O pauto (Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega 1983); Ei, Feldmülhe (I Premio de teatro Rafael Dieste, 1991); Venenos (IV Premio de Teatro Rafael Dieste, 1994), Teatro-minuto (1996), Animal vacío (2002) e O milagre de Baíñas (2003). Tamén colaborou coas revistas Nordés e Agália e escribiu obras de narrativa infantil como O pintor do vento (1985), A porta prohibida (1985) e O demo presumido (1987), que destacan polo súa ironía e a crítica social que subxace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador francés. Monxe de Solesmes (1841), proxectou, coa axuda de J. P. Migne, as coleccións monumentais das patroloxías latina e grega. Cardeal (1861) e bibliotecario da Biblioteca Vaticana (1869), dedicou os seus estudos aos pais da Igrexa, aos canonistas e aos himnógrafos gregos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica dirixida en 1968 por Franklin J. Schaffner e interpretada por Charlton Heston, Roddy McDowall, Kim Hunter, Maurice Evas e James Whitmore. Baseada na novela La planète des singes, de Pierre Boulle, conta a historia dun grupo de astronautas que chegan a un planeta descoñecido onde os simios dominan os homes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización terapéutica do plasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento para curar enfermidades pulmonares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao microorganismo saprobio que habita en medios que conteñen unha cantidade abundante de materia orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao reflexo do sistema nervioso que se produce por medio de máis dunha sinapse.

    VER O DETALLE DO TERMO