"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PERSOEIRO

    Dramaturgo francés. Realizou traxicomedias e comedias. Da súa produción destacan Sylvie (1626), Silvanire (1631), Les galenteries du duc d’ Ossonne (1632) e Sophonisbe (1634), onde aplicou rigorosamente a teoría das tres unidades da traxedia clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Albarellos (Boborás). O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía creada a principios da década de 1990 por Rosa Álvarez, Marisa Soto e Mabel Rivera. Dos seus espectáculos, que sobresaen por unha lectura crítica da situación da muller na sociedade, destacan Xogos de damas (1987), Inventarios (1990) e Xogos á hora da sesta (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dun material de deformarse dunha maneira permanente en forma de láminas, pola acción dun esforzo externo. É unha propiedade característica de moitos metais: ouro, prata, cobre, cinc, chumbo ou ferro. Os esforzos que dan orixe á deformación son esforzos de compresión, que poden ser producidos mediante un martelo, unha prensa ou a presión de dous cilindros. A maleabilidade, como a dutilidade, é función da curva de esforzo-deformación. Nun metal, aumenta coa temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento térmico de recocido de arrefriamento lento que se realiza sobre as fundicións brancas e fráxiles para aumentar a súa maleabilidade. Efectúase nunha atmosfera oxidante e a 1.000 - 1.050°C prodúcese unha disociación da cementita en ferro e carbono, que queda en forma de módulos ou esferas de grafito no interior da peza, á vez que se produce unha descarburación superficial (fundición maleable branca). Nunha atmosfera neutra e a 900 - 1.000°C, todo o carbono queda en forma de grafito e dá á fundición unha cor negra (fundición maleable negra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer unha maleabilización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao material que pode estenderse en láminas ou pranchas.

    2. Que pode ser traballado ou modelado con facilidade.

    3. Que non ten caráter e que se deixa influír facilmente.

    4. Que se adapta ou acomoda sen dificultades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta de Grecia, situada no Mar Exeo, que constitúe o extremo sudoriental de Peloponeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra francés. Fundou a orquestra barroca La Grande Écurie et la Chambre du Roy (1967) e o grupo Florilegium Musicum de París (1970), para interpretar a música vogal polifónica da Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor arxentino. A súa obra caracterizouse pola denuncia, cun estilo evasivo e indirecto. Iniciou a súa produción coa escolma de relatos Cuentos para una inglesa desesperada (1926), e seguiu coa novela Nocturno europeo (1934). Destacan tamén Historia de una pasión argentina (1935), Fiesta en noviembre (1938) e La bahía del silencio (1940), coa que inaugurou a novela cidadá na literatura hispanoamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido barbitúrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jan Maelwael.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo de teatro afeccionado que se creou na Confraría de Pescadores de Cariño en 1975 e que mantivo unha considerable actividade ata comezos da década de 1980. Entre as súas iniciativas destaca o Festival de Teatro Galego que comezou a súa andaina en 1978 e que en 1984 se converteu no Festival de Teatro Galego-Portugués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pastor e mártir. Perseguido por Diocleciano, refuxiouse nun bosque onde predicou o Evanxeo ás feras. Foi acusado de meiguería e no anfiteatro romano botárono a un león e un oso, que se deitaron mansamente aos seus pés. Finalmente foi martirizado por un gladiador. Viste túnica curta e manto e como atributos leva un tridente e feras. A súa festividade celébrase o 17 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado na vertente N da serra Mágina (9.527 h [2001]). A economía baséase na industria aceiteira, na elaboración de mobles e nas construcións mecánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de cousas que se collen dunha soa vez nunha man ou que caben nunha man.

    2. Gran cantidade dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tratar ou conducir alguén un asunto segundo os seus propios intereses.

    2. Facer que alguén actúe do xeito que máis lle convén a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proclama que se publicou en novembro de 1826 polos voluntarios realistas españois, partidarios do absolutismo e descontentos pola actitude lixeiramente moderada de Fernando VII. O documento propugnaba un pronunciamento militar para darlle o poder ao irmán do rei, Carlos María Isidro de Borbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista romanesa. Foi profesora do departamento de lingüística románica da Universidade de Bucarest (1957-1978), e desde 1979 exerce o seu labor en California. Escribiu Sistematica substitutelor din româna contemporan ǎ standard (1968), Gramatica comparat ǎ a limbilor romanice (1971) e Struturalismul lingvistic (lecturi critice) (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO