"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica ao préstamo de diñeiro a cambio de xuros.
-
-
Acción de prestar.
-
-
Cousa que se presta para ser devolta.
-
Contrato polo que unha persoa ou entidade recibe doutra unha cantidade determinada de cartos, para ser devoltos nuns termos e nunhas condicións preestablecidas, xunto cuns xuros determinados e garantías determinadas. As formas máis correntes para a devolución do nominal e o pagamento dos xuros por parte do prestameiro son dúas. Na primeira, o nominal devólvese todo dunha vez á fin do termo estipulado no contrato; os xuros poden pagarse ao final ou ben en diversas veces ao longo da duración do termo, e os xuros poden ser simples ou máis correntemente compostos (capitalizados). Na segunda, o nominal devólvese por fraccións que se pagan en intervalos determinados de tempo; xunto cos xuros acreditados entre un vencemento e o outro. A modalidade máis estendida é a da cota constante, en que as fraccións de capital para devolver en cada vencemento son crecentes e calcúlanse de tal xeito que sumadas aos xuros (que a cada período son máis pequenos) dean sempre a mesma cantidade.
-
-
Elemento lingüístico doutro idioma totalmente integrado no propio, de xeito que se incorpora ao sistema e xa non se percibe como alleo. Segundo o seu campo de acción, este pode ser fonético, morfolóxico, sintáctico ou léxico. Con todo, o máis frecuente nas linguas é o préstamo léxico, por medio da adopción dunha palabra foránea que se adapta á fonética e á estrutura morfolóxica da lingua que a recibe. Segundo a vía de entrada dos préstamos na lingua receptora, distínguense: a) Préstamos directos : aqueles que chegan a unha lingua por contacto directo con outra, como son os casos dos galicismos e provenzalismos durante o período trobadoresco ou, máis tarde, con palabras procedentes do castelán. b) Préstamos indirectos : aqueles que chegan a unha lingua a través dunha terceira, que actúa como intermediaria (por exemplo, xade, que pasou ao galego a través do francés (e)jade, procedente do castelán [piedra de la] ijada). No caso...
-
-
-
Elegancia ou distinción nos modais ou nos movementos.
-
Calidade ou excelencia entre os da súa clase.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten prestancia.
-
-
emprestar.
-
Facer o que indica o substantivo que segue.
-
Sentar ben algo, en especial unha comida.
-
Ofrecerse para algo.
-
Ser algo apropiado ou adecuado para o que se indica.
-
Dar motivo ou ocasión a algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sacerdote que fai de oficiante principal nun acto litúrxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rapidez ou lixeireza na execución de algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte e espectáculo de habilidade e enxeño que consiste en producir, artificialmente, efectos de aparencia marabillosa e inexplicable, onde o espectador descoñece as causas que os producen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica a prestidixitación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Petroleiro con bandeira de conveniencia de Bahamas, que o 13 de novembro do 2002 se escorou fronte a Fisterra e provocou o maior desastre ecolóxico das costas galegas. Ese mesmo día decidiuse afastalo da súa posición polo risco para as costas, e afundiuse o 19 de novembro a 130 millas de Fisterra, non sen antes deixar verteduras que xa o día 16 afectaban a 190 km das Rías Altas. En pouco tempo, o fuel cubriu as costas polo que o día 24 se prohibiu a pesca entre Ribeira e Cedeira, normativa que se ampliou a toda Galicia. No mes de decembro o fuel chegou ás Rías Baixas e ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. O afundimento e posteriores verteduras afectaron a importantes sectores da economía galega. O desastre provocou un movemento de contestación social que se manifestou na solidariedade activa na limpeza da mar e a organización da plataforma reivindicativa Nunca Máis.
-
-
Cousa que se presta coa condición de que sexa devolta.
-
Préstamo ou concesión de bens que un señor ofrecía, durante a Idade Media, con carácter temporal ou vitalicio, a cambio de determinados servizos.
-
Pensión ou bens destinados ao sustento dun clérigo e separados das rendas dun beneficio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boa opinión ou estima que se ten de algo ou de alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten prestixio.
-
-
Que está preparado ou disposto.
-
Que é rápido e lixeiro.
-
En moi pouco tempo.
-
-
-
Movemento musical dunha gran rapidez, superior ao indicado polo allegro.
-
Fragmento escrito neste movemento, que adoita constituír o último tempo da sonata, a sinfonía e o concerto.
-
-
CAPITAIS
Capital do condado de Lancashire, Inglaterra, Reino Unido, situada preto da desembocadura do río Ribble (129.633 h [2001]). Posúe fábricas téxtiles, de maquinaria e fundicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador inglés. Doutor en Historia pola University of Oxford, catedrático de Historia Contemporánea e director do Cañada Blanch Center for Contemporany Spanish Studies. Especialista en historia contemporánea de España, escribiu, entre outras obras, The Spanish Civil War 1936-39 (1986), Franco: a biography (1993), A Concise History of the Spanish Civil War (1996), Las tres Españas del 36 (1998), Flying for Franco (2001) e Juan Carlos: a people’s king (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo inglés. Dotado dun estilo literario humorístico e sentimental, cultivou a novela con The Good Companions (1929), en que criticou a sociedade contemporánea. Autor de pezas teatrais moi coñecidas, como Time and Conways (1937) e An Inspector Calls (1946), nas súas obras móvese entre a reflexión do tempo e as súas preocupacións sociais. Tamén escribiu o ensaio Man and Time (1965) e un libro de viaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico inglés. A súa condición de teólogo e pastor non foi un impedimento para a actividade científica, iniciada baixo a influencia de B. Franklin coa redacción de History and Present State of Electricity (1767), seguida de investigacións sobre o denominado aire fixo (dióxido de carbono) e outros gases. En 1774 obtivo por primeira vez osíxeno puro (que el denominaba aire desfloxisticado) ao quentar óxido de mercurio. Despois de escribir Experiments and Observations on Different Kinds of Air (1877), marchou a EE UU con outros disidentes relixiosos.
VER O DETALLE DO TERMO