"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Procedemento para detectar obxectos ocultos, minerais ou auga no subsolo, por medio dunha variña ou dun péndulo que se leva na man.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica a rabdomancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e médico francés. Educouse no mosteiro franciscano de Fontenay-le-Comte e cos beneditinos de Maillezais, para abandonar a vida monástica en 1527. Estudou medicina en Montpellier e exerceu en Lyon, onde publicou Horribles et épouvantables faits et prouesses du très renommé Pantagruel (1523). Acompañou ao bispo Jean du Bellay a Italia, e á volta publicou o segundo volume, Vie inestimable du grand Gargantua, père de Pantagruel (1534). Doutorouse en Montpellier (1537) e logo emprendeu unha vida aventureira. A súa obra traduce dun xeito festivo as ideas fundamentais do pensamento humanista, destacando unha condena drástica do ascetismo e da superstición, e un sentimento de confianza na natureza humana e no progreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro franciscano situado en Palos de la Frontera (Huelva). Construído entre os ss XIV e XV, cobrou importancia polo apoio que prestaron os seus monxes frei Antonio de Marchena e frei Juan Pérez a Cristovo Colón, os cales conseguiron que puidese realizar o seu proxecto de viaxe ás Indias, ao intervir no seu favor diante de Isabel I a Católica. Foi declarado BIC en 1856.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director de escena, crítico e ensaísta teatral. Membro do Ballet Gallego Rey de Viana (1960-1974), desde 1972 dirixiu o Grupo de Teatro O Facho, co que estreou, entre outros, O mendiño e o can morto (1974) e Paco Pixiñas (1977). Cofundador da Compañía Luís Seoane, estreou A esperar por Godot (1984). Formou parte da dirección da Agrupación Cultural O Facho e foi fundador e presidente da Asociación Musical Andrés Gaos. Publicou en Grial o ensaio “A percura do cine galego” (1973) e foi o promotor do I Concurso Nacional de Cómic Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. É autor dos poemarios Paixom e morte dum condenado (1984), Poemas da luz e da loucura (1992) e O tempo demorado nos marmelos (2000). Como narrador publicou Epistolário em catro tempos (1985), As Weissleiver (1987), A fariña das horas (1998) e Ollos negros (2004). Como dramaturgo é autor de A noite das noites (1985, Premio de Teatro Breve da EDG, estreada en 1988), Maternidade (1992), Do goberno bipartito á autovía funeral (estreada en 1992), Amlet, voz e verbo (1999), Mumias no país de Luzetro (2000), Monólogo do fillo triste (2002), O vento da morte (2004) e O miradoiro (2005). Como ensaísta publicou edicións de O marinheiro de F. Pessoa (1985), do Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1989) e La primera luz (2000), e os libros Textos e contextos do teatro galego (1994), Rafael Dieste: a franqueza e o mistério (1995), A Coruña na historia (1999), Manuel Murguía (1999), Manuel Martínez Murguía (1999), Manuel Murguía e Arteixo (2000), Jenaro Marinhas del Valle,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e músico ruso. Formouse en Peterburgo e Moscova e iniciou a súa carreira como pianista con obras propias, como o primeiro concerto para piano e orquestra (1891). Os seus outros tres concertos de piano (1901, 1909 e 1927) e as súas sinfonías (1895, 1907 e 1936) tiveron unha gran difusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta dramático francés. Orfo, foi educado polos xansenistas de Port-Royal des Champs. Iniciouse no teatro case sen éxito, ata que en 1667 comezou a súa serie de obras capitais, Andromaque (1667), Les Plaideurs (1668), Britannicus (1669), Bérénice (1670), Bajazet (1672), Mithridate (1673), Iphigénie (1674) e Phèdre (1677), coas que se converteu no dramaturgo máis destacado da súa época e conseguiu o favor de Luís XIV. Toda a súa dramaturxia baséase na descrición das paixóns humanas. A musicalidade dos versos, a tensión e a forza dos diálogos, o carácter humano dos personaxes e, especialmente, un axustado equilibrio clasicista, son algúns dos seus trazos máis característicos. Tras deixar o teatro por un tempo, volveu con Esther (1689) e Athalie (1691).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador croata. Xefe do Partido Nacionalista Croata (1880), xunto ao bispo J. J. Strossmayer fundou a Academia Iugoslava de Zagreb. Estudou o nacionalismo dos eslavos meridionais do s XII ao XV e publicou numerosos traballos nas actas da Academia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e escritor. Foi catedrático na Escuela Diplomática e na Universidad Central de Madrid, director de Museo Arqueológico Nacional, do Museo de Reproduciones Artísticos e senador (1886, 1893-1894). Escribiu numerosas obras, entre elas, Viaje de SS.MM. y AA. por Castilla, León, Asturias y Galicia en el verano de 1858 (1860), Bibliografía numismática española (1886) e Genealogía e protohistoria ibérica (1892). Pertenceu á Real Academia de la Historia e Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo deus de Creta, fillo de Zeus e, como Minos, rei e lexislador. Na obra de Platón aparece como xuíz dos mortos, xunto a Éaco e Minos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Dotada dunha grande habilidade para construír escenas de terror e suspense cunha aura de sensibilidade romántica, presenta todas as características da novela gótica. Das súas obras destacan A Sicilian Romance (1790), The Mysteries of Udolpho (1794) e The Italian (1797).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Turinxia 520? - Poitiers 587) Raíña dos francos, muller de Clotario I. Despois de que o seu pai asasinase ao seu irmán, fíxose monxa (555) en Noyon e despois fundou un mosteiro en Poitiers. A súa festividade celébrase o 13 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar austríaco de orixe húngara, conde de Radetz. Distinguiuse na guerra contra Napoleón e deseñou a estratexia da Batalla de Leipzig (1813). Foi xefe das forzas austríacas en Italia desde 1831 e gobernador xeral do Reino Lombardo-Véneto (1850-1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e político hindú. Estudo as relixións orientais e o diálogo con Occidente. Foi vicepresidente (1951-1962) e presidente (1962-1967) de India e loitou pola abolición do sistema de castes. Escribiu The Philosophy of Rabindranath Tagore (1918), An Idealist View of Life (1932) e Religion and Society (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de medida de ángulos equivalente ao ángulo que, co seu vértice situado no centro dunha circunferencia, determina nela un arco que mide igual ca o raio. É unha unidade SI suplementaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cociente entre a intensidade de radiación nunha determinada dirección dun elemento infinitamente pequeno da superficie que envolve o punto considerado e a área da proxección ortogonal dese elemento sobre un plano normal na dirección considerada. OBS: Tamén se denomina luminancia enerxética ou radiante.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que emite unha radiación.

      2. Que se propaga por radiación.

    1. Que é moi brillante ou luminoso.

    2. Que manifesta alegría, gozo ou beleza.

    3. Punto do firmamento en que se cortan todas as traxectorias dun enxame de meteoritos. Estes semellan provir do mesmo punto, pero este fenómeno non é real, senón que se trata dun efecto de perspectiva debido ao movemento da Terra. Os enxames de meteoros adoitan estar asociados a algún cometa. O radiante dun enxame é sempre o mesmo.

    4. radiancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e nacionalista croata. En 1904 fundou o Hrvatska Seljacka Stranka (Partido Campesiño Croata, HSS). Foi ministro de Instrución Pública nun goberno de coalición (1925-1926), logo volveu pasar á oposición e morreu a consecuencia das feridas dun atentado no Parlamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que aparece dentro do signo radical e que está afectada por el.

    VER O DETALLE DO TERMO