"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escritor. Dedicouse especialmente ao ensaio, con algún traballo poético. No volume Uruguay hoy (1965) expresou as súas opinións socioliterarias, e en Rubén Darío y el modernismo (1970) analizou cuestións literarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Noveno mes do calendario musulmán, durante o que está prescrito o xaxún homónimo, que consiste en non tomar alimentos nin bebida, e en absterse de fumar, de perfumarse e das relacións sexuais durante o día.
-
PERSOEIRO
Futbolista. Coñecido como O Tigre de Maracaná, foi porteiro titular do F. C. Barcelona (1949-1961) e da selección española, coa que foi 36 veces internacional. Acadou a internacionalidade en México (1950) e consagrouse como un dos mellores porteiros do mundo nos campionatos de Brasil do mesmo ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sociolingüista. Profesor asociado de lingüística xeral na Universidade de Vigo, os seus traballos diríxense cara á dimensión social da linguaxe, o estudo crítico do discurso, a pragmática e os métodos de investigación social. Formou parte do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1990-1997), participando nas investigacións e publicacións que levaron á elaboración do Mapa Sociolingüístico de Galicia. Desde 2000 é un dos editores da revista Estudios de Sociolingüística e colaborou na redacción de obras como Vender en galego (1997), Manual de Ciencias da Linguaxe (2000) e Pensando na linguaxe (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico hindú. Estudou a óptica atómica e descubriu o efecto coñecido co seu nome (1928), polo que recibiu o Premio Nobel de Física en 1930. Investigou sobre a refracción da luz e do son, a fisioloxía do ollo humano e os instrumentos musicais. En colorimetría, estableceu unha teoría contraria ás ideas de Maxwell e da tricromaticidade. Fundou o Indian Journal of Physics (1926) e a Indian Academy of Sciencies (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno descuberto por C. V. Raman en 1928. Consiste na aparición, nunha luz dispersa por un fluído, dunha frecuencias v1 e v2, unha delas máis grande e outra máis pequena que a da radiación incidente, cunha intensidade moito máis pequena que a da luz dispersada de frecuencia igual á incidente v0.
-
PERSOEIRO
Relixioso hindú. Fundador dos rāmānandīs, seita relixiosa de India, que adora a Rāma como deus supremo. O novo ensino, case idéntico ao de Rāmānuja, caracterízase, sobre todo, pola apertura a todo o mundo, sen distinción de castes, incluso de non hindús.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Brahmán hindú. Fundou a escola viśish ṭ ādvaita ou non-dualismo cualificado. A diferenza da filosofía advaita de Śankara, admite tres principios eternos: a alma, o mundo e Deus, e dálle importancia decisiva á devoción a Rāma con vista á liberación do círculo das reencarnacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Israel situada ao L de Tel-Aviv-Yafō (126.800 h [estim 2003]). Fundada en 1921, desenvolveuse rapidamente grazas á fertilidade do seu chan e á abundancia de auga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico sánscrito, atribuído a Valmiki, que celebra as xestas de Rāma. A súa redacción definitiva é do s II. Co Mahābhārata, forman parte da tradición (smirti) e gozan de autoridade relixiosa.
-
PERSOEIRO
Xeólogo noruegués. Doutorado na Universidade de Oslo (1946), foi director das investigacións levadas a cabo en Groenlandia (1947-1951). As súas achegas foron de gran valor no campo da xeoloxía estrutural. Escribiu Origin of Metamorphic and Metasomatic Rocks (1952) e Gravity, Deformation and Earth’s Crust (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. O seu Traité de l’harmonie (1722) contribuíu a establecer as bases da linguaxe musical moderna. En 1723 marchou a París, onde publicou obras para clavecín e acadou sona como virtuoso do órgano. Compuxo óperas como Hippolyte et Aricie (1733), Castor et Pollux (1737) e as óperas-ballet Les Indes galantes (1735) e Platée (1745). Cando se produciu a Querelle des Bouffons, foi considerado o expoñente da escola musical francesa tradicional. Deixou tamén Pièces de clavecin en concerts (1741) e un gran número de obras teóricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Agolada. A primitiva igrexa prerrománica foi substituída por un templo do s XII. Ten unha soa planta de forma rectangular con ábsida cadrada e a sancristía acaroada no lado norte do presbiterio. No interior conserva elementos góticos. A portada está formada por un arco de medio punto con arquivoltas e capiteis decorados. A espadana ten un único van e remata en pináculos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense, en 1956 converteuse en conselleiro delegado da empresa familiar Ramilo SA. Foi presidente do Sindicato Provincial de la Construción, Vidrio y Cerámica (1966-1970) e da xunta local de Vigo de Acción Social (1969-1970). Alcalde de Vigo (1970-1974), emprendeu o primeiro Plan de Ordenación Urbana da cidade e foi procurador en Cortes en representación dos concellos de Pontevedra (1971-1974). Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi senador por Coalición Popular (1986-1989). Presidente do Consejo Provincial de Empresarios (1974-1976), participou na fundación da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (1976), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (1977) e a Confederación de Empresarios de Galicia (1981), da que foi presidente (1991-2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Afonso XII o 5 de xullo de 1875 a Xosé Varela Cadaval (Tui 22.11.1817-Santiago de Compostela 3.12.1885), deputado en Cortes. Sucedeuno a súa filla María do Carme Varela Bermúdez (?-Madrid 15.11.1927), II condesa de Ramiranes, e o fillo desta, Afonso Bermúdez Varela (?-Paracuellos del Jarama 20.11.1936), III conde de Ramiranes, mordomo de semana de Afonso XIII. O IV conde foi Xosé Manuel Bermúdez de la Puente Rodríguez .
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Compostela. Edificouna Xosé Vareal Cadaval, conde de Ramiranes, no s XIX, no lugar que ocupara o colexio dos Irlandeses. Realizado en cantaría de granito, ten planta baixa e dous pisos, divididos en tres corpos rematados en frontóns. No frontón central atópase o escudo dos condes rematado por unha coroa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Pedro de Mosteiro.
-
PERSOEIRO
Cosmógrafo e navegante. En 1618, xunto cos irmáns Nodal, explorou o estreito de Magallanes e o cabo de Hornos do que determinou a latitude. Co seu nome, Diego Ramírez, desígnanse un grupo de illas ao S de Tierra del Fuego, descubertas durante a expedición. Escribiu Reconocimiento de los estrechos de Magallanes y de San Vicente y algunas cosas curiosas de navegación (1621).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e administrador. Inquisidor en Sevilla e oidor en Granada, en 1524 foi nomeado bispo de Santo Domingo e presidente da audiencia de Nueva España en 1527. Regresou a España e foi bispo de Tui (1538-1540), León (1539-1542) e Cuenca (1542-1547) e presidente da Chacelaría de Valladolid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Tui (1771-1774). Pertenceu á orde franciscana, da que foi provincial e doutorouse na Universidad de Sevilla. Foi bispo auxiliar de Cartagena (1761), bispo titular de Tunes (1761), bispo de Chiapa (Guatemala, 1769) e arcebispo de Santa Fe (Bogotá, 1769), sé a que renunciou para ser prelado de Tui, conservando o título de arcebispo-bispo. Foi un dos creadores da biblioteca episcopal. Publicou Defensa de la Doctrina de Santo Tomás (1773).
VER O DETALLE DO TERMO