"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Presbítero. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, obtivo do goberno unha coenxía de graza na catedral compostelá (1853), administrou o hospital de Carretas e foi mestre de cerimonias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio moi alto e con moitos andares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre Portugal e a parroquia da Esculqueira (A Mezquita). O seu cumio acada os 862 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Rebordondo (Monterrei). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de rañar ou rañarse.

    2. Que ou quen gasta pouco diñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto que se emprega para rañar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Arroxo (Baralla). O seu cumio acada os 898 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Moimenta (Campo Lameiro). O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias da Ponte, Hedreira e Xares (A Veiga). O seu cumio acada os 1.284 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso que se estende polo límite dos concellos das Nogais e Pedrafita do Cebreiro (Lugo). As súas maiores altitudes oscilan entre os 1.300-1.400 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador e guionista cinematográfico. Despois de realizar estudos de física electrónica na Universidade de Santiago de Compostela, trasladouse á Coruña para formarse na escola de Imaxe e Son. A súa andaina profesional ten como punto de partida o centro territorial de Televisión Española en Galicia, onde traballou como operador de cámara. O seu primeiro éxito veulle en 1996 coa curtametraxe Coruña imposible, coa que obtivo varios premios en certames nacionais e internacionais. Paralelamente á estrea desta obra, gañou unha praza como profesor, labor que compaxina coa súa actividade como director e guionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Xurxo de Moeche (Moeche). Construído a finais do s XVII, ten planta irregular polas distintas reformas que sufriu. Consta de dous andares con muros de carga de cachotaría, agás os vans das ventás, con carpintarías de madeira, que están enmarcados por pezas de cantaría. Nas súas proximidades sitúase un hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fretar a pel coas uñas ou cun obxecto.

    2. Fretar a alguen coas uñas ou cun obxecto.

    3. Pacer o gando nun terreo ata deixalo sen herbas.

    4. Fretarse coas uñas ou cun obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa apegada ao diñeiro, que se resiste a dar e a gastar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos, da familia dos népidos, de corpo estreito e cilíndrico, cun longo sifón respiratorio. Vive preto de lugares pantanosos onde está a súa vexetación predilecta. OBS: Tamén se denominan escorpións acuáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Madagascar (1828-1861). Sucedeu ao seu home Radama I de Madagascar (1828) e perseguiu os cristiáns e os europeos a instancias dos aristócratas malgaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Madagascar (1868-1883), muller de Radama II de Madagascar. Sucedeu a Raíña Rasoherina (1868). Convertida ao protestantismo, asinou diversos tratados de cooperación con Francia e Reino Unido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Madagascar (1883-1897). Sucedeu a súa curmá Ranavalona II de Madagascar. Polo tratado de 1885 cedeu a Francia a dirección exterior do reino e en 1895 aceptou o protectorado francés. Acusada de conspiración, foi destronada e deportada a Alxer en 1897.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Discípulo de Hyacinthe Rigaud, desde 1724 traballou como pintor de cámara de Filipe V e achegou o tipo de retrato artificioso francés, dos que destacan Felipe V a caballo, Isabel de Parma, El infante Carlos e La infanta María Anna Victoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión Libertador General Bernardo O’Higgins, Chile, situada no val central do país (214.344h [2002]). A súa economía baséase na produción de consevas de carne e froita, ademáis da explotación de minas de cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO