"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
-
Coroa tecida con flores e ramas.
-
Motivo decorativo formado por follas, flores e froitos unidos por cintas de maneira que forman un todo continuo que colga por un dos seus extremos.
-
-
PERSOEIRO
Dux de Venecia (1523-1538). Elixido procurador de San Marcos (1502), combateu a Liga de Cambrai e foi feito prisioneiro en Brescia (1512). Destacou na defensa da cidade de Venecia polo que foi nomeado dux en 1523. A súa política caracterizouse por manter o equilibrio entre Francia e o Imperio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de Santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Groenlandia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Groenlandia.
-
Variante do inuit, que se fala en Groenlandia.
-
-
ILLAS
Illa da rexión polar ártica (2.175.600 km2; 55.986 h [estim 2001]). A capital é Nuuk, tamén chamada Godthåb (14.042 h [2001]). Depende administrativamente de Dinamarca.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Ó O está separada dos territorios árticos americanos polo estreito de Baffin e limita ao L e ao N co mar de Groenlandia e o Atlántico Norte, respectivamente. Ten forma alongada e esténdese no sentido da latitude, do cabo Morris Jesup, ao N, ao cabo Farvel, ao S. Desde o punto de vista estrutural, forma parte estrita do escudo laurentiano. Unha depresión tectónica divide a illa en dous altiplanos principais, un ao S e outro ao N, cubertos desde o Cuaternario por unha masa de xeo, que se estende aproximadamente polo 85% do territorio, formando un vasto inlandsis. As zonas costeiras libres de xeo presentan os accidentes típicos da erosión glacial con fiordes. O territorio acada altitudes superiores aos 3.000 m; a máxima altitude é o Gunnbjørn Fjeld (3.700 m).... -
VER O DETALLE DO TERMO
Mar situado ao L de Groenlandia, que limita ao N co Ártico, ao S polo estreito de Dinamarca (entre Islandia e Groenlandia), e ao L polas illas Svalbard.
-
PERSOEIRO
Político e diplomático soviético. Embaixador en Washington (1943), participou nas conferencias de Yalta e Potsdam e foi delegado da URSS no Consello de Seguridade da ONU (1946-1948). Membro do Comité Central do PCUS desde 1956 e do Politburó en 1973, ocupou a carteira de Asuntos Exteriores entre 1957-1985 e a presidencia da URSS entre 1985-1988.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Efectuou achegas fundamentais a diversos campos da matemática, primeiro na análise funcional (teoría dos espacios nucleares), e despois na súa obra monumental e inacabada, escrita en colaboración con J. Dieudonné, Éléments de géometrie algébrique.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo alemán. Representante do teatro barroco, nas súas obras presenta a vitoria do home sobre o caos universal. É autor de Leo Armenius (1646), Catharina von Georgien, Cardenio und Celinde (1657) e Peter Squentz (1663).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Constructor de violíns italiano. Foi discípulo de N. Amati e seguiu os seus modelos, que perfeccionou. Os seus fillos e, especialmente o seu neto Giuseppe Guarneri (1698-1744) -chamado del Gesù porque empregaba como distintivo o anagrama IHS- crearon instrumentos dunha calidade semellante á de Stradivari.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Armando López Guerra.
-
PERSOEIRO
Nobre francés, condestable de Francia (1370-1380), duque de Molina e conde de Longueville, de Borja (1366-?) e de Lemos (1369-1370). Armado cabaleiro (1357), loitou xunto ao delfín de Francia e venceu os navarros en Cocherel (1364). Nomeado camarlengo de Carlos V de Francia e capitán das Compañías Brancas, foi enviado a Castela para axudar a Enrique de Trastámara no seu enfrontamento con Pedro I o Cruel. Trala vitoria de Montiel (1369) recibiu de Enrique II o título de conde de Lemos, que lle revendeu ao monarca antes de regresar a Francia (1370). Foi soterrado en Saint Denis con honores reais.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Rairiz de Veiga. De orixe románica, reconstruíuse posteriormente. Da primitiva fábrica conserva o rosetón da fachada principal, os canzorros e a porta S, formada por unha dobre arquivolta rodeada por unha banda con decoración axadrezada e un tímpano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Integrouse no impresionismo baixo a influencia de Pisarro e participou na maioría das exposicións do movemento. Influíu sobre P. Gaugin e V. van Gogh. Pintou mariñas e temas industriais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Guillerme I de Inglaterra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guillerme II de Inglaterra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? 960? - Maillezais 1030) Duque de Aquitania (964-1030) e conde de Poitiers. Intitulouse a si mesmo duque de toda a monarquía de Aquitania, de tal xeito que acentuou a súa independencia do poder real.
-
PERSOEIRO
Oftalmólogo sueco. Estudiou nas universidades de Uppsala, Viena e Estocolmo. Foi profesor da Universidade de Uppsala desde 1894. Son célebres os seus estudios sobre astigmatismo e sobre a córnea. Inventou uns lentes correctores para persoas ás que se lle estirpou o cristalino e unha lámpada de rañura. Investigou o poder de acomodación do cristalino, que permite enfocar os obxectos, que foi o seu principal logro. En 1911 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polas técnicas de biomicroscopia córnea que introduciu e desenvolveu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Doutorouse en Economía pola University of Chicago en 1957. Neomarxista especializado en economía do subdesenvolvemento, das súas obras destacan Development and Underdevelopment (1966), Capitalism and Underdevelopment in Latin America (1967) e Sociology of Development and Underdevelopment of Sociology (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en medicina interna e cardioloxía. Foi un dos membros fundadores da Sociedade Galega de Cardioloxía e da Fundación Hispana de Cardiología. É membro da Sociedad Española de Cardiología, da Academia Médico-Cirúrxica de Lugo e de The American Society of Hypertension. Foi presidente do Colexio de Médicos de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO