"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao maniqueísmo ou aos seus seguidores.
-
Seguidor do maniqueísmo.
-
-
Que ou quen aprecia as cousas segundo os principios absolutos do ben e do mal, sen matices e sen un estadio intermedio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel J. Francisco Prieto Comesaña.
-
PERSOEIRO
Pintor, escultor e muralista. Participou en proxectos urbanísticos e decorativos (Mirador del Río, 1973), e realizou pinturas informalistas e obras abstractas, das que destaca Más allá de la ceniza (1977). Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe da nobreza castelá que se constituíu dunha rama da familia dos Lara. O seu fundador foi Rodrigo Pérez Manrique , señor de Amusco e meiriño maior no reinado de Afonso VIII. A liñaxe resistiu a crise do s XIV e converteuse nunha das máis sólidas na época dos Trastámara. Tierra de Campos foi o núcleo dos seus dominios, pero a súa influencia estendeuse posteriormente á rexión septentrional de Castela. A familia continuou coas ramas laterais de Castañeda-Aguilar de Campoo, que foron sucesivamente condes de Castañeda e marqueses de Aguilar de Campoo. Os membros da rama colateral foron condes de Treviño e duques de Nájera. A última descendencia da familia ostentou o título de conde de Paredes de Nava.
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo, tío de Jorge Manrique e sobriño do marqués de Santillana. As súas poesías consérvanse en dous manuscritos, localizados na Biblioteca Nacional de Madrid e no Palacio Nacional. Da súa obra destacan os poemas didácticos e moralizantes, proba da súa integridade política, e a Representación del Nacimiento de Nuestro Señor, unha das primeiras mostras de drama litúrxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Foi comendador da orde de Santiago e protexido de Afonso V. Das cincuenta composicións do seu cancioneiro, a maioría de contido amoroso e de carácter alegórico, destaca a elexía Coplas a la muerte de su padre, composición vinculada á tradición medieval dos prantos e da danza da morte, e ennobrecida non só pola grandeza da vida, senón tamén pola morte macabra a unha idade temperá. Caracterizouse polo valor e a orixinalidade no ton exhortativo, na expresión efusiva e serena, e no don da evocación de todo un mundo pasado e inaprehensible. Na composición aparecen os conceptos do poder igualatorio da morte, que aparece personificada, e o da fama, plasmada na figura do pai do poeta, Rodrigo Manrique, un concepto renacentista que sinala a importancia dunha vida digna; ambos os dous temas tiveron unha gran vitalidade na literatura posterior. Outras composicións menores do autor son “Castillo de amor” ou “Escala de amor”, onde destaca a alegría erótica e a descrición directa da paixón,...
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Cadea montañosa do SL de Brasil situada entre os estados de Rio de Janeiro, São Paulo e Minas Gerais. Culmina no cumio Itatiáia, que acada os 2.787 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Loitou contra os carlistas durante a Primeira e Segunda Guerra Carlista, polo que foi nomeado xeneral. Foi comandante xeneral de Girona (1849), capitán xeneral de Aragón, de Castela a Vella, de València (1866) e de Cuba (1866-1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘cheminea’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores e da verba dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘fumar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores e da verba dos daordes ou telleiros que corresponde ás voces ‘tabaco’ e ‘fume’.
-
-
Reprodución exacta feita en tamaño reducido dunha escultura, edificio ou construción.
-
Modelo dos distintos elementos que compoñen unha obra debuxada ou escrita, que dá unha idea aproximada de cómo vai quedar unha vez impresa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de maquetar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen maqueta unha obra gráfica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deseñar ou proxectar maquetas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que constrúe maquetas.
-
-
Medida de capacidade para grans, legumes ou aceite, de valor variable segundo os lugares, que equivale normalmente á sexta parte dun ferrado.
-
Recipiente de diversos materiais que se utiliza como medida.
-
Porción de gran, fariña ou aceite que se paga ao muiñeiro por moer. Na tradición oral recóllense ditos como: “Muíño parado non gaña maquía. Non fíes en maquía de muiñeiro, nin creas en comida de despenseiro”.
-
-
-
Cobrar os seus servicios o muiñeiro collendo unha parte do gran moído.
-
Medir o gran coa maquía.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Maquiavelo ou ao maquiavelismo.
-
Que consegue o que se propón con enganos e maldade.
-
-
-
Teoría política de Maquiavelo.
-
Actitude do que para conseguir un fin procede con astucia e maldade.
-