"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Que pasa a rentes do chan.

      1. Proxección en alzado do perfil lonxitudinal dunha estrada ou dun camiño que pode coincidir co seu eixe lonxitudinal.

      2. Inclinación da rasante respecto do seu plano horizontal.

      3. cambio de rasante

        Punto de intersección de dúas rasantes correspondentes a dúas seccións de estrada de diferente inclinación, especialmente cando unha delas é ascendente e a outra descendente segundo un mesmo sentido de marcha.

      4. cambio de rasante

        Porción de estrada que contén un cambio de rasante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Representante do comparatismo lingüístico, escribiu a primeira gramática moderna do islandés. O seu estudo da orixe do antigo noruegués, Undersogelse om det gamle Nordiske eller Islandske Sprogs Oprindelse (1818), é unha gramática comparada indoeuropea, que sentou as bases da fonética e da morfoloxía comparadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano. Profesor nas universidades de Pavia desde 1796 e de Milán desde 1800, publicou diversos traballos médicos e en 1799 expuxo a teoría dos contraestímulos, que concibía como unhas substancias que diminuían a excitabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político fundado en 1947 por Charles de Gaulle. Triunfou nas eleccións municipais de outubro daquel mesmo ano e nas lexislativas de 1951 obtivo 121 deputados. Ao ano seguinte, a actitude de De Gaulle provocou a primeira escisión de 32 deputados que formaron a Action Républicaine et Sociale. En 1953 De Gaulle deu liberdade aos restantes que se agruparon na Union des Républicains d’Action Sociale (URAS) e os Républicains Sociaux (RS), que en 1958, co acceso de De Gaulle ao poder, crearon a Union pour la Nouvelle République (UNR). En 1976 cambiaron o nome por Rassemblement pour la République (RPR).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento relixioso nacido en Xamaica a comezos da década de 1930. Baseado nas profecías da Biblia, nas aspiracións da comunidade negra e nas ensinanzas de Marcus M. Garvey, ten unha orientación política fundamentada na non aceptación dos valores impostos pola ideoloxía dominante. Tomou o seu nome de Ras Tafari Makonne (nome do emperador etíope Haile Selassie), protector da civilización africana. Consideran que a raza negra é descendente dos antigos israelitas. Basean todos os seus actos en pasaxes bíblicas e celebran dúas cerimonias: un razonamento, onde se reunen, fuman herba e discuten cuestións relixiosas e sociais, e un binghi ou festa onde se danza, canta e fuma durante varios días. Dos seus símbolos destacan as trenzas rastas e o fumar ganja (cannabis) ou herba sagrada. Durante a década de 1960 acadou gran popularidade, tanto en Xamaica coma no exterior, debido a relación entre a música reggae e a relixión. A música sagrada dos rastafari denomínase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, fillo de Bartolomeo Carlo Rastrelli. Iniciouse en París con R. de Cotte e o seu pai, e xunto con el e con Le Blond foi a Peterburgo en 1716. A Tsarina Isabel Petrovna nomeouno arquitecto da corte e en 1741 confioulle a transformación arquitectónica e urbanística da cidade con modelos italianos e franceses de inspiración renacentista e manierista. Das súas obras destacan os palacios de Verán (1741-1744), o Peterhof (1747-1752) e os palacios de Carskoje Selo (1749-1756) e de Inverno (1754-1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khêt de Camboxa (10.782 km2; 94.243 h [1998]. A súa capital é Lomphat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto perennifolio, tomentoso, de follas simples, alternas, sésil e ovados agudos, con flores vermellas e froitos en carcérula. A raíz, oficinal, contén unha materia colorante vermella. É propio dos Andes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista italiano. En 1848 foi sucesivamente ministro de Instrución Pública e de Agricultura e Comercio. Achegouse a Camilo B. di Cavour (1850), do que foi ministro de Graza e Xustiza (1853-1855) e do Interior (1855-1858). Rompeu con Cavour e entre 1862 e 1867 foi primeiro ministro. A súa actitude na Cuestión Romana obrigouno a dimitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Autor dunha gran perfección técnica, escribiu diversas pezas como French Without Tears (1936), Separate Tables (1945) e Goodbye, Mr. Chips (1960). Recibiu o título de sir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. En 1952 ingresou no Gesamtdeutsche Volkspartei (Partido Popular de Alemaña), que se integrou no Sozialdemokratische Partei Deutschlands (SPD). Foi presidente do land de Renania do Norte-Westfalia (1977-1998) e da República de Alemaña (1999-2004). En 2000 pediu perdón ante o Knesset (Parlamento de Israel) pola responsabilidade do seu país no holocausto xudeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor alemán. Discípulo de Johann Gottfried von Schadow, viviu en Roma (1804-1811) e de volta a Berlín, ingresou na Academia de Belas Artes e o Instituto de Francia. Realizou Tumba de Luísa de Prusia e Federico Guillerme III (Charlottenburg), Estatua ecuestre de Federico II (Berlín) e Estatua de Alexandre I de Rusia (San Petersburgo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s XI) Relixioso. De orixe inglesa, foi discípulo de san Bernaldo e fundou a abadía de Vaucelles en 1131, preto de Cambrai (Versailles), da que foi o primeiro abade. A súa festividade celébrase o 30 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría arquitectónica que desenvolveu Adolf Loos e que expresa a liberdade de alturas segundo as necesidades de cada ámbito. Segundo este principio de economía e proporción, non se pode cubrir cun único teito espazos de alturas distintas, senón que cada parte do edificio debe ter a altura axeitada dentro do volume total da edificación independentemente da altura dos ambientes contiguos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substrato en desuso do Lusitaniano (Xurásico Superior).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Rauraciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso xesuíta. Confesor de Fernando VI (1747) e membro do Consello da Inquisición por intercesión de José de Carvajal, favoreceu a súa orde relixiosa e mantivo unha actitude regalista moderada, apoiando o Concordato de 1753. Caeu en desgraza ao apoiar os insurrectos de Paraguay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Espiritualista e claro precedente de Henri Bergson, foi autor de valiosos estudos históricos e de ensaios. Da súa produción destaca De l’habitude (1838).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor neerlandés. Alumno de Mierevelt en Delft, estableceuse na Haia, onde retratou a aristocracia, a miúdo con atributos guerreiros. Nas súas obras destaca a súa gama cromática cálida sobre un fondo de negros e brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras e escultor francés. Desde 1319 foi mestre de obras de Notre-Dame de París, onde realizou e decorou as capelas laterais, e iniciou o trascoro, acabado por Jean Le Boutellier.

    VER O DETALLE DO TERMO