"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona (1076-1082), fillo de Ramón Berenguel I e irmán de Berenguel Ramón II. Aínda que segundo o testamento do pai os dous irmáns tiñan que reinar en igualdade de condicións, a situación real era dunha certa preeminencia súa. Barcelona, Urgell e Lleida loitaron contra Zaragoza e a consecuencia diso o perigo islámico cesou. En 1079 repartiuse co seu irmán a cidade de Barcelona coas terras, castelos e casas das proximidades. As funcións soberanas permaneceron sen dividir. Acordaron tamén que loitarían conxuntamente contra os sarracenos en 1081, aínda que finalmente non o fixeron. En 1082, no camiño de Barcelona a Girona foi asasinado por uns descoñecidos, que quizais fosen os seus propios acompañantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma musical propia da cultura hip-hop, interpretada por un cantante (MC, ‘mestre de cerimonias’ ou raggammufin ‘rapeiro’) con letra semicantada e semirrecitada, acompañada pola música dun discjockey. Para algúns ten a súa orixe en formas publicitarias da televisión e da radio combinadas coas mesturas de música disco dos mozos afroamericanos, hispanos e chicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de rapar ou raparse.

      2. rapa das bestas

        Operación que consiste en reunir os cabalos bravos para cortarlle as crinas e ás veces marcalos.

    1. Pa pequena que serve para limpar e rascar os restos pegados a unha superficie.

    2. rapadoira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cadela de frade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ou gusto polo roubo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político polaco. Dirixente do partido socialista e militante comunista desde 1939, foi membro do Politburo e ocupou diversos ministerios entre 1947 e 1968. Presentou o Plan Rapacki (1957), que tiña como finalidade crear unha área desnuclearizada no centro de Europa e que non foi aceptada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe pleuronectiforme, da familia dos bótidos, de 10 cm de lonxitude, aínda que pode alcanzar os 20 cm. Ten os ollos dispostos sobre o costado esquerdo e moi próximos separados por unha fina crista. Son de cor parda ou agrisada, con manchas máis escuras e irregulares e o costado dereito máis esbrancuxado. Son peixes mariños, sedentarios e carnívoros. Aliméntanse de pequenos peixes e crustáceos. Viven en fondos areosos e lamacentos de lugares pouco profundos entre os 10 e os 300 m de profundidade. Reciben este nome as especies Arnoglossus imperialis, Arnoglossus laterna e Arnoglossus thori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de rapar a algúns animais, especialmente as ovellas e os cabalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pau cilíndrico e curto que se utiliza para rasar un produto, xeralmente gran ou áridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ribeira esquerda ría de Foz, situada na parroquia de Foz, no concello homónimo. É un areal urbano de area fina e 340 m de longo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Canizo (A Gudiña). O seu cumio acada os 900 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de rapar ou raparse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Granito de biotita e horneblenda con grandes cristais esferoidais de ortosa amarela, envoltos en capas de oligoclase verde. É propio da localidade de Rapakivi (Finlandia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Xénova, situada en Liguria, Italia (29.534 h [2003]). Nela asináronse dous tratados ao remate da Primeira Guerra Mundial. O primeiro entre Italia e Serbia (1920) puxo fin o litixio no Mar Adriático. O segundo asinouse entre a URSS e Alemaña (1922), polo que ambos os dous países restablecían relacións diplomáticas e renunciaban ás débedas de guerra respectivas. Unha cláusula secreta permitía aos militares alemáns adestrar en URSS, coas armas que tiñan prohibidas polo Tratado de Versailles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de coller ou conseguir unha cousa que desexan varias persoas por medio da forza. OBS: Adoita empregarse na locución adverbial á(s) rapañota(s).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illa de Pascua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. rapacús.

    2. meiga.

    VER O DETALLE DO TERMO